xoves, 30 de abril de 2015

Tove Jansson, A chedada do cometa

Aquí vos presentamos a seguinte entrada de Tove Jansson, onde analizamos as
súa obra: A chegada do cometa, e facemos unha comparación con outra das súas
obras: O sombreiro do mago

ANÁLISE DA OBRA
·         Datos fundamentais da obra

            Jansson, Tove (2014). A chegada do cometa. Moisés Barcia (Trad.), Tove Jansson (Il.). Cangas do Morrazo: Sushi Books.

                                  http://image.casadellibro.com/a/l/t1/02/9788415920502.jpg

·         Análise do contido da obra

- Temas:
            Comezaremos analizando un dos temas principais, que consideramos que para os nenos é dos máis importantes, como é o mundo da fantasía. A historia relátase nun mundo fantástico, onde os animais falan e o entorno no que se sitúan os protagonistas e eles mesmos, son froito do momento no que se atopa a autora  e da súa imaxinación. Nárranse as aventuras de Mumintroll e do seu amigo Sniff, os cales teñen que realizar unha perigosa misión, que irán resolvendo coa axuda de diversos personaxes que aparecen ao longo da historia. Todos eles axúdanse mutuamente, podendo apreciarse o compañeirismo e a amizade, que vai xurdindo ao longo do traxecto.

Os subtemas que atopamos nesta obra son a adopción, o machismo, os celos e o amor. O primeiro vese reflexado en Sniff, o amigo de Mumintroll, o cal esta vivindo na casa deste. O segundo subtema, o machismo, está presente durante toda a obra, quizá pola época onde se enmarca, tendo as mulleres un papel moi tradicional, onde a súa única tarefa era limpar e cociñar. Ademais transmite a idea de que a muller é menos valente cá o home e ten que estar sempre fermosa. Os celos vense reflexados durante toda a aventura dun protagonista cara outro. O último subtema que atopamos nesta obra é o amor correspondido, porque os dous protagonistas conseguen namorarse doutros dous personaxes que aparecen durante a obra.

- Resume do argumento xeral e sinopse das ideas secundarias.
            Unha mañá de verán todas as cores do val dos Mumin desapareceron, deixando a paisaxe gris. Este problema decidírono resolver os protagonistas, Sniff e Mumintroll. Desta forma, emprenderon unha gran viaxe que lles ía a cambiar a vida. Durante o camiño fixeron moitos e grandes amigos que lles axudaron a cumprir a súa misión, chegar ao Observatorio, e descubrir cando chegaría o cometa ao val.

- Estrutura da obra: relación entre os diferentes capítulos.
            O libro divídese en oito capítulos, os cales seguen unha continuidade temporal na que apenas podería notarse o cambio dun capítulo ao outro, xa que en todo momento continúan coa dinámica da aventura.
            No primeiro capítulo Sniff e Mumintroll, fan un pequeno descubrimento que lles vai condicionar a gran aventura final. De aquí pásase ao segundo capítulo, onde toman a decisión de emprender a súa gran viaxe ao Observatorio, para descubrir por qué desapareceron as cores e o mundo se volveu gris.

            A partir do terceiro capítulo comeza a desenvolverse a aventura, onde coñecen aos diferentes personaxes. Estes axúdanlles a seguir o camiño ata chegar ao Observatorio, onde confirman que é un cometa o que volveu o mundo gris, e ademais descobren cando vai chegar o val dos Mumin para destruílo todo. No último capítulo, Mumintroll e Sniff conseguen chegar á casa para informar do que vai a suceder, e comezar rapidamente cos preparativos para protexerse do cometa.

- Alcance, novidade e consecuencia das ideas centrais da obra.
            A temática desta obra non é novidosa, xa que as aventuras e a fantasía levan aparecendo nas obras dende moito tempo atrás, como por exemplo na obra El Gato con Botas que tamén desenvolve unhas aventuras fantásticas protagonizadas por un animal que fala.

            Esta obra segue as liñas postas pola sociedade dese momento, que está enmarcada na II Guerra Mundial, como podemos ver có caso do machismo que se reflexa durante todo o libro, polo tanto, a autora non rompe cos estereotipos do momento, se non que se acomoda á sociedade da época. Sinxelamente intenta reflexar os seus sentimentos de impotencia, que mentres non chega o fin da guerra todo é gris, triste e escuro. Pero todo volve relativamente a normalidade cando pasa o cometa, e dicir, cando chega o remate da guerra. Todos regresan á casa sans, e danse conta de que o importante é estar xuntos, non ter elementos materias, porque ao fin e ao cabo, pódense ir perdendo polo camiño.

            Os protagonistas teñen a liberdade de irse da casa a vivir aventuras e a salvar o mundo, mentres os pais agárdanos na casa. A diferenza de hoxe en día, é que antigamente podíaste atopar con alguén e se tiña comida ou refuxio, compartíase, cousa que na actualidade non pasa, xa que se fomenta nos nenos a desconfianza fronte aos descoñecidos.

CONEXIÓNS E REPERUSIÓNS DA OBRA

·         Pequena recensión na que se comparan as obras
            A maioría da literatura escrita por Tove Jansson, está enfocada á vida e aventuras dos Mumin. Nos dous libros, podemos observar que a temática é exactamente a mesma cambiando só a historia que sucede. Nas dúas obras aparecen os mesmos protagonistas, aínda que en ambas cambian os personaxes secundarios, ou incluso engádense novos personaxes protagonistas.

            Poderiamos dicir, que o trazo propio da escrita desta autora é a temática de aventura fantástica e a aparición en todas as súas obras xuvenís as historias da familia Mumin.
            Na nosa opinión a lectura destes libros, non é demasiado divertida para os nenos aos que van recomendados. As situacións de aventuras as que nos evocan, son un pouco sombrías e a diversión e bastante escasa. Por todo isto, non creemos que estes libros sexan moi acaídos para traballar na aula, porque teñen un dobre sentido, relacionado cá situación social que se vive no momento no que foi escrito.
            Non temos preferencia clara por ningún dos dous libros, poderiamos dicir que eliximos a chegada do cometa como máis interesante, porque é a primeira que leemos, e porque a unha integrante do grupo gústanlle moito as historias relacionadas coa Segunda Guerra Mundial, pero en realidade non nos resultan libros divertidos.

            Dentro das características que teñen os Mumin, utilizariamos a primeira obra para traballar na aula, simplemente porque ten menos diversidade de personaxes, e resúltanos máis doado explicar as súas características .

SÍNTESE
            Dende o noso punto de vista, parécenos que é un libro máis axeitado para incorporar nas aulas de primaria, posto que ten unha extensión considerable para empregalo en Educación Infantil. Ademais no propio libro ven indicado que é para nenos de oito anos en adiante. A pesar disto, podémolo introducir en Educación Infantil mediante actividades adaptadas a esta idade, sen necesidade de lérllelo libro.

            A autora emprega unha temática de aventura e fantasía, aspectos que aos nenos lles chama moito a atención, e incluso a nós, podendo como mestres motivar aos cativos a ler e a realizar actividades relacionadas co tema tratado, potenciando así a compresión lectora.

Por outro lado, e como xa dixemos, aparecen temas transversais como o machismo, que pode ser que os nenos tan pequenos non o perciban facilmente, mais os lectores adultos dámonos conta de que está presente. Con este exemplo, podémonos decatar de que esta autora non rompe coas liñas da sociedade na que vivía, e que a súa época inflúe claramente na súas obras. A guerra marcou un papel fundamental nas obras de Tove Jansson, e nesta obra obsérvase unha comparación entre o cometa e as bombas que caían durante o período bélico. Tras a caída deste, vese como todo volve a normalidade e ese sentimento inicial de felicidade volve amosarse.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS E WEBGRAFÍAS

http://image.casadellibro.com/a/l/t1/02/9788415920502.jpg
Jansson, Tove (2014). A chegada do cometa. Moisés Barcia (Trad.), Tove Jansson (Il.). Cangas do Morrazo: Sushi Books.
Jansson, Tove (2014). O sombreiro do mago. Moisés Barcia (Trad.), Tove Jansson (Il.). Cangas do Morrazo: Sushi Books.

Ningún comentario:

Publicar un comentario