Ficha
técnica da obra
Portada do libro Stefano.
Procedente da páx. web de María Teresa
Andruetto.
http://www.teresaandruetto.com.ar/
|
Título: Stefano
Tradutor: Ánxela Garcián
ISBN: 978-84-9865-165-2
Editorial: Editorial Galaxia
Ano da primeira edición: 1997
Ano da última edición: 2010
Análise
da obra
O tema
principal deste libro é a emigración de Stefano e a historia de amor con Ema, a
cal xira entorno a toda obra. Ademais, a autora incorpora outros subtemas:
- A forma de vida do lugar ó que o protagonista emigra: os lugares nos que vive, os traballos que desempeña e as persoas coas que se relaciona.
- O mundo sentimental de Stefano: os diferentes amoríos que se dan ó longo da mesma.
Argumento:
Stefano era un mozo que
vivía coa súa nai en Italia ata que a situación de pobreza na que ambos se
atopaban lle obrigou a tomar a decisión de emigrar.
Soñaba cunha vida mellor, con atopar un bo traballo
e con gañar para axudar a súa nai. Así, en contra da vontade da mesma,
emprendeu a viaxe xunto con outros catro amigos (Pino, Ugo, Remo e Bruno),
embarcando no porto de Xénova con rumbo a Arxentina.
Esta viaxe non resultou ser o esperado, pois o barco
no que viaxaban os cinco mozos naufragou. Stefano foi rescatado, así coma o seu
amigo Pino co que se atopou ó chegar o porto de Arxentina. Neste momento comeza
a nova vida destes dous rapaces que se dirixiron cara á Montenievas onde
Vittorio, o tío de Pino, os esperaba.
Neste momento Stefano consegue o seu primeiro
traballo, (que non será o único ó que se fai mención ó longo das páxinas deste
libro), atopa o seu primeiro amor e descubre un novo divertimento que lle
axudará a sobrepoñerse dos duros golpes da súa vida; a música.
Ó final desta historia estará marcado por un fermoso
feito, presente tanto directa como indirectamente, dende o comezo da mesma. Coa
omisión desta final buscamos animar á lectura desta obra.
En
canto á estrutura da obra poderíase falar
de tres fases concretas da historia do protagonista. Na primeira delas o tema
principal maniféstase co desexo de Stefano de marchar de Italia e emigrar a
Arxentina. A situación de pobreza que o protagonista está a pasar é a causa
principal das súas ansias de fuxir en busca dunha vida mellor, mais tamén se
reflexa de maneira especial a dor da nai ante a saída do fillo da aldea mentres
ela queda alí, aferrada a a súa terra e a do seu marido, cousa na que fai
fincapé de xeito habitual dicindo: “esta é a terra do teu pai”.
A
travesía no barco e o naufraxio do mesmo cara ás Américas, dá lugar á segunda
fase da historia, o tempo que viviu en Arxentina. Nestes anos Stefano desempeña
dous traballos: un axudando na facenda do tío dun amigo seu e outro tocando o
saxo no circo. Vencellados a cada un deles vive dous amoríos que cobran
importancia na historia: Lina e Tersa.
Xunto
con estas vivencias o pensamento e a preocupación pola situación da nai en
Italia, e o sentimento de culpa tras marchar e deixala alí, supón para o
protagonista o seu principal tormento. É a morte da mesma o que leva á terceira
e última fase da historia, pois a promesa de encontrar a unha amiga da nai e
finalmente conseguilo, axúdalle a encontrar ao seu verdadeiro amor.
Alcance, novidade e
consecuencia das ideas centrais da obra
Como xa mencionamos anteriormente, o
fundamental desta obra é o tema da migración, algo moi presente tanto na
actualidade como en tempos pasados.
Que é o que acontece para que os personaxes teñan que tomar unha decisión
tan drástica como esta?; que situacións son as que levan ás persoas a deixalo
todo e fuxir da súa terra? A resposta é moi sinxela á vez que complicada, esta
xente busca fóra do seu entorno unha vida mellor, sufrindo as consecuencias de
teren que deixar atrás todo o construído ata ese momento.
A
pobreza e a fame foron o motivo da fuxida de Stefano, protagonista deste relato,
quen tivo que atravesar trala súa marcha unha serie de circunstancias negativas,
como foi deixar a súa vida, a súa nai e vivir a soidade á que se enfrontan os
emigrantes. Así mesmo, non todo é negativo posto que avanzar, perseguir os teus
soños e buscar oportunidades para lograr unha vida mellor son aspectos dignos
de admirar.
En
relación a isto cabe dicir que a emigración foi un fenómeno que tocou moi de
cerca ós galegos de antano, que durante anos se viron obrigados a emigrar e
deixar os seus fogares para mellorar as vidas das súas familias. Este feito
aparece recollido no segundo capítulo desta obra, na que se fai referencias á
emigración da comunidade galega: “Pero non só hai italianos no porto. Xa o
segundo día se fixeron amigos, nin sequera saben como, duns galegos que limpan
peixe onda a costa e van pola mañá velos, axudan un pouco e regresan, aos tres
días, con algunhas moedas”.
Actualidade
temática
Esta temática á que nos estamos a referir está moi
presente na sociedade, non só pasada senón tamén na actual. Hoxe en día o
fenómeno da emigración está moi presente e cobra unha grande importancia, feito
que se pode apreciar nos xornais e nas noticias de cada día, nos que o común é
que haxa sempre algunha relacionada con este tema: masas de emigrantes que
chegan ás costas, naufraxios, mortes masivas, asaltos as vallas, etc. Son estas
as historias de persoas que á fin só
buscan oportunidades de vida.
Un dos titulares co que nos atopamos recentemente con
respecto a Italia foi o seguinte: “Italia rescata más de
5.600 inmigrantes en tres días. Nueve cadáveres han sido recuperados este lunes
en el Canal de Sicilia, a los que hay que sumar otros 500 desde principios de
año” (El País, 13/04/15).
Como se pode comprobar na noticia anteriormente
citada, moita xente ve a necesidade de emigrar cara a outro lugar en busca
dunha vida e dunhas circunstancias mellores das que teñen no seu país. Desgraciadamente
a maioría deles non cumpren o seu obxectivo dado que nesta viaxe perden a vida
ou son devoltos ós seus lugares de orixe, tirando por terra os soños que
estaban a perseguir.
Isto ocorre a nivel mundial pero centrándonos na
poboación española podemos observar unha especie de situación cíclica. En épocas
pasadas, os nosos bisavós, tataravós, etc. tiñan que emigrar de Galicia a Arxentina
para anos despois cambiar as tornas, sendo a xente doutros países a que chegaba
a España en busca dunha vida mellor. Na actualidade a situación volve ó
principio e ó entrar España nunha situación de crise son os españois os que se
ven obrigados a marchar ó non veren aquí oportunidades de futuro.
Conexións
da obra
Unha obra de María Teresa Andruetto que abarca a
mesma temática de Stefano é El país de Juan. Ámbalas dúas falan da
migración pero a distintos niveis, na primeira dun país a outro e na segunda do
mundo rural á cidade. Isto é un trazo común destas obras, ó igual que a súa
linguaxe formal e a súa distribución en capítulos. Tamén o feito de que a
autora reflexa nestes escritos situacións propias da súa vida como a
emigración, mostrando situacións de pobreza que obriga ós protagonistas a tomar
medidas.
Portada do libro El país de Juan.
Procedente da páx. web de María Teresa
|
Cabe destacar tamén que están ambientadas en
Arxentina: El país de Juan, que se desenvolve integramente neste lugar e Stefano, que comeza unha nova vida neste
lugar. A presenza do amor detéctase en ámbalas dúas obras posto que é un tema
que á autora acostuma a tratar.
A obra que máis nos interesou foi a de Stefano, dado que foi na que máis
afondamos e coa que estamos a traballar. Parécenos que trata un tema moi
interesante e ademais de actualidade, pois todos os días recibimos noticias
acerca disto. A pesar disto, pensamos que de entre estas dúas, a obra máis
acaída para traballar nas aulas de infantil é El país de Juan xa que a pesar de que ambas falan das migracións,
neste faino a un nivel inferior, do campo á cidade, o que pode ser un tema que
os nenos vivan máis de cerca e que teñan máis presente.
Documentos consultados:
Periódico
El País. Recuperado de: http://elpais.com/
Noa Prado Souto
Eva Pérez González
Olga Barreira Alonso
Andrea Callejo López
Alba Argerey Castro
Ningún comentario:
Publicar un comentario