A proposta didáctica que queremos levar a cabo na aula tras ler o conto de
Matapitos.com, está orientada a traballar cos nenos aqueles aspectos máis
relevantes do conto.
Introdución:
Chegou o momento da lectura, e como cada día na aula vamos a traballar un
conto diferente. Neste caso gustaríanos traballar co conto de Matapitos.com.
Este é un conto dedicado a nenos máis maiores pero o que pretendemos á hora de
levalo a aula é adaptalo aos nenos de idades máis temperás, de entre 5 e 6
anos. O que se pretende é contarlles unha versión breve e divertida do que
ocorre no conto. Escollemos partir dos personaxes máis significativos como son
Marta Matapitos, Casilda, O Conserxe, os nenos... para lograr chegar ao
interese dos nenos. Estes personaxes son os máis significativos e máis
divertidos da obra. Escollemos isto para traballar un pouco as diferenzas, por
exemplo: matapitos preséntase como unha bruxa mala e rancorosa, O Conserxe como
un home de imaxe desfavorecida e máis ben fea que se namora de Casilda unha muller
moi fermosa. É importante para traballar a temática das diferenzas entre iguais
na aula.
Nesta proposta de actividades pretendemos acadar os seguintes obxectivos xerais:
- Animar aos nenos á lectura do conto.
- Causar a intriga e as ganas de coñecer o que vai a suceder ao longo da historia.
- Traballar os aspectos máis significativos do conto
- Representar certos momentos significativos.
- Traballar a través do conto as actividades plásticas.
- Desenvolver a creatividade e a imaxinación a través da creación de novas producións.
- Desenvolver a linguaxe oral e a súa expresión a través da memorización de frases representativas de cada personaxe.
Desenvolvemento das sesións:
Primeira sesión.
Actividade 1: “Onde nos leva
a imaxinación”
Obxectivos específicos:
- Fomentar a imaxinación dos nenos.
- Traballar a motricidade fina a través da realización das representacións gráficas do conto.
- Desenvolver a creatividade.
- Familiarizar aos nenos coa temática do conto.
Proposta:
Como todas as mañás chega o momento da lectura, a mestra como é habitual
con cada conto previamente á lectura escribe no encerado tres palabras en maiúscula
referidas co contido que vai ter o conto. Neste caso escribimos as palabras:
MATAPITOS, CONSERXE, ESCURSIÓN. Posterior a isto pídeselles aos alumnos que
pensen neses conceptos e anoten algo, que pensen algunha representación gráfica
sobre os seus pensamentos, ideas e sentimentos ao respecto. A mestra axudará
aos nenos aportándolles ideas e tamén axudando coas representacións. Non
establecemos tempos específicos para a súa realización, será unha actividade
breve.
Actividade 2:
“Matapitos.com”
Obxectivos específicos:
- Representar os personaxes máis significativos do conto.
- Traballar as actividades plásticas.
- Adquirir autonomía propia á hora de realizar actividades.
- Acercarse as actividades de representación e expresión artística.
Proposta:
Unha vez contado o conto e resoltas todas as dúbidas que os alumnos
presentan é o momento de facer unha representación plástica do conto. Vamos a
facer unha breve realización de marionetas cos personaxes principais do conto. Os
nenos agruparanse en catro grupos para que cada grupo realice unha marioneta
diferente. A mestra repartirá a cada grupo un debuxo en cartolina do personaxe
para que os nenos o pinten como eles queiran. Unha vez finalizado isto é o
momento de pegar a cada personaxe nun pauiño para que nos serva de marioneta.
Toda a actividade estará supervisada pola docente e esta axudará aos nenos en
todo momento na realización da actividade. Unha vez rematado isto o que faremos
será representar moi brevemente a nosa propia versión do conto nun teatriño
coas diferentes marionetas.
Para levar a cabo
actividade contamos sempre coa axuda, intervención e iteración da mestra na
proposta. E como todas as actividades non terá uns tempos preestablecidos.
Segunda sesión:
Actividade 1: “De qué nos acordamos?”
Obxectivos específicos:
- Traballar a linguaxe oral.
- Incitar aos nenos a que recorden o conto.
- Promover a creatividade á hora de inventar novas historias.
- Fomentar a participación e expresión oral.
Proposta:
Ao día seguinte continuamos coa lectura do mesmo conto. Para rematar a
proposta o que queremos levar a cabo son tamén actividades para traballar a
linguaxe. Neste caso a mestra fará aos nenos unha serie de preguntas para que
eles recorden o contado o día anterior. Por exemplo: Quen era Matapitos? Como
se namoraron o conserxe e Casilda? Era boa Matapitos? Que pasou na excursión
que fixeron os nenos con Matapitos?, etc.
Unha vez que os nenos se encontran outra vez familiarizados con isto o que
facemos e incitalos a que un por un nos describan os personaxes do conto, isto
será como unha especie de asemblea, cada neno irá aportando algo diferente de
cada personaxe ata que saian a relucir todas as características, a mestra
axudará e dará pistas en todo momento para facilitarlles o recordo.
A continuación, con todas as características e peculiaridades aportadas
polos nenos, o que vamos facer é contar o conto do revés, é dicir, os
personaxes bos van a converterse en malos e viceversa. Por exemplo, Marta
Matapitos será a boa e Casilda e o Conserxe os malos. Entre todos conseguiremos
facer a partires dun conto unha nova historia.
Actividade 2: “O remate...”
Obxectivos específicos:
- Fomentar a imaxinación e a creatividade.
- Acadar destreza nas habilidades motrices á hora de realizar representacións plásticas.
Proposta:
Breve auto avaliación e conclusións
persoais:
Esta proposta consideramos que vai resultar chamativa para os nenos, debido
ao seu carácter humorístico. Vailles gustar realizar as actividades propostas,
xa que o conto ten diversos personaxes cos que se pode xogar moito pola súa
actitude e polas súas características físicas e persoais. Como xa dixemos ao
principio traballamos o tema das diferenzas e as desigualdades, que aos nenos
soen causarlles moita admiración xa que asocian aos iguais.
Todas as actividades propostas, aínda que son sinxelas, algunha como a
realización de marionetas pode resultar máis complexa, xa que a esas idades hai
cousas que os nenos aínda non poden realizar como as de recortar. A mestra
axudará aos nenos nesa labor. O resto de actividades resultan sinxelas xa que
nelas tamén a docente participará en gran medida.
Na nosa opinión, é un conto complexo para levar a cabo cos máis pequenos
por iso a nosa proposta vai dirixida a nenos de entre 5-6 anos. Tamén como
pretendemos facer nós, podemos versionar o propio conto e xogar máis ben coas
imaxes que cun texto moi breve. Levando a cabo o conto desta forma si que é un
conto fácil de traballar na aula e que aos nenos lle vai a divertir. Na
actividade do debuxo libre por exemplo, xógase moito coa imaxinación de cada
neno e poden saír figuras moi boas e extraordinariamente divertidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario