Concha Blanco Imaxe procedente da páxina web Galicia Digital |
“O que
mais me gusta é SOÑAR.”
(Concha Blanco, 2003)
Concha Blanco é
unha pedagoga que conta con un gran recoñecemento grazas ao extenso e completo
currículo no que se refire á traxectoria como autora da literatura infantil e
xuvenil.
Esta naceu en
Lires, un pequeno pobo mariñeiro do Concello de Cee, o 19 de xullo de 1950. Na
súa infancia estudou no colexio local de Lires, onde tivo o seu primeiro
contacto coa literatura, chegando a namorarse dela tal e como afirma a autora.
A obra O gato con botas foi a primeira que ela tivo nas súas mans.
A súa
adolescencia transcorreu en Ferrol, entre os institutos Concepción Arenal e
Manuela Rial Mouzo.
Logo trasladouse
a Santiago de Compostela para cursar a carreira de Maxisterio na USC, cando
remata os seus estudos comeza o seu labor como docente na escola de Nemiña, un
pobo de Muxía.
Pasados uns
anos, trasládase ó Ézaro onde imparte clases de lingua e literatura galega no
IES Agra de Raíces e no CPI Eugenio López. Ademais de ser autora de obras
literarias en galego tamén foi coordinadora e coautora de libros de texto de Primaria
e Secundaria, impartiu cursos de formación do profesorado sobre a nosa lingua.
Durante varios
anos, xunto cos seus alumnos, foi corresponsal de prensa en programas de radio
e no xornal La Voz de Galicia.
Concha Blanco
na Biblioteca Virtual Galega comenta o que lle gusta facer ademais de ler e
escribir:
“Desordenar e ordenar. Escoita-la radio desde a cama.
Ter encontros cos nenos e nenas. Falar por teléfono. Observa-la natureza. Comer
tortilla de patacas ou croquetas de Ana illar. Ver programas de entrevistas.
Imaxinar por dentro as persoas”.
Toda a traxectoria mencionada anteriormente fai que comprendamos porque as
súas obras teñen tanto recoñecemento. No referente a literatura infantil e
xuvenil, consideramos que o seu éxito pode ser debido: a experiencia que tivo
como docente, aos seus estudos de maxisterio, ao feito de que lle guste ter
encontros con nenos, as súas ganas de soñar, de mellorar o ensino, etc.
UNHA AUTORA MOI RECOÑECIDA...
A autora Concha Blanco conta cunha
extensa obra, na cal se poden atopar libros de literatura infantil e xuvenil,
narrativa, libros de texto, guías didácticas e obras colectivas.
A maior parte da súa obra está
dedicada a un público infantil e xuvenil, entre as que destacan:
·
“Quero que veñan meus pais”, Premio Lecturas Galix, 2002.
·
“¡A min que me importa”, accésit Premio Lazarillo, 1997.
·
“Encontros ás agachadas”, Premio Pura e Dora Vázquez,
2009.
·
“Cantos da rula” Premio Arume de poesía, 2007.
Portada do libro "Quero que veñan meus pais" |
Portada do libro "¡A min que me importa! |
Portada do libro "Encontros ás agachadas" |
Portada do libro "Cantos da rula" |
A totalidade das súas obras de literatura infantil e xuvenil poderíamos
atopala na páxina web do Centro de Documentación de Escritores Galegos.
No eido da narrativa conta con sete obras, dos cales destacaríamos “Habitación 202”, gañadora da sétima edición do Premio de Novela por Entregas da La Voz de
Galicia. Esta obra narra a historia dun mozo licenciado que comeza a ter
pesadelos e aparicións o que o leva a investigar sobre o seu pasado.
Portada do libro "Habitación 202" |
CONTEXTO SOCIAL
A infancia de Concha
Blanco está marcada pola ditadura franquista. Esta supuxo a concentración do
poder no xeneral Franco e a eliminación das liberdades sociais e individuais. A
constitución de 1931 é abolida así como o dereito a folga, asociación,
sindicatos, partidos políticos e liberdade de prensa. O réxime sustentábase en
tres piares fundamentais:
- Franco e o
exército para controlar o país.
- O fascismo como
base ideolóxica.
- A igrexa, a cal
ditaba o modelo de conduta social e tiña o monopolio da educación, garantido
desta forma a transmisión dos valores do réxime as novas xeracións.
A cultura tamén
sufriu as consecuencias do réxime franquista. Algúns dos seus grandes
representantes como Lorca ou Alberti morreron na guerra ou exiliáronse. A cultura
é censurada afectando ó pensamento e a creación artística de libros,
periódicos, revistas ou películas.
Nos anos 50,
época de nacemento desta autora, ten lugar o inicio da recuperación económica,
a cal culminará nos anos 60, o que situaría a España entre os dez países mais
industrializados do mundo.
A apertura e
desenvolvemento económico supuxo o desenvolvemento das cidades e un aumento
considerable do nivel de vida do país.
Coa morte de
Franco, no ano 1975, comézase a instaurar a democracia, dándose un aumento das
liberdades sociais e individuais.
A obra literaria de Concha Blanco sitúase nun contexto social de gran
liberdade de expresión e avances tecnolóxicos que facilitan a labor de todos os
autores que se encontran en activo, dando lugar a creación de grandes obras
literarias, podendo reflectir todo tipo de temáticas e diversidade de opinións.
REFERENCIAS WEBGRÁFICAS
Biblioteca Virtual Galega:
O portal GALLEGOS:
Wikipedia.
Apuntes Historia
PitBox Blog
o
https://pitbox.wordpress.com/2011/04/22/la-transicion-espanola-1975-1978-y-la-constitucion-de-1978
Xornais:
- La región:
- El Correo Gallego:
- La voz de Galicia:
Centro de Documentación de Escritores Galegos:
Blog
David Pintor:
Entrada realizada por:
Cristina Álvarez Darriba
Lorena Bello Quintela
Sara Casás Fernández
Ningún comentario:
Publicar un comentario