¿Quen somos e de que
imos a falar?
Somos un grupo de
terceiro do Grao de Mestre/a de Educación Infantil. O que pretendemos con esta
entrada é dar a coñecer á autora María Teresa Andruetto e a súa obra Stefano que estamos a ler para a materia
de Literatura Infantil e Dramatización.
María Teresa Andruetto é unha famosa e coñecida escritora
arxentina que naceu o 26 de xaneiro do ano 1954 e que se criou en Córdoba, un
lugar no que se situaba un asilo de enfermos mentais, considerado o máis grande
de Sudamérica.
Esta escritora non se criou no seo dunha familia
intelectual nin tiña uns pais escritores pero o gusto que estes tiñan de cara á
lectura, e a presenza e o valor que se lle outorgaban ós libros no seu fogar,
tiveron unha grande influencia no seu futuro como escritora así como no impulso
da súa carreira literaria.
Ademais do seu gusto pola lectura esta autora é unha
apaixonada do cine, o teatro e a música e dedúcese tamén que é unha persoa
familiar debido ó seu gusto polo social, polo contacto cos demais e polo
interese por conversar.
Foto de María Teresa, procedente da revista Analecta literaria http://actaliteraria.blogspot.com.es/
Estudou Letras na Universidade Nacional de Córdoba e comezou a traballar nun centro especializado en lectura e literatura destinada a nenos e mozos tras finalizar a ditadura do seu país. Traballou tamén formando mestres e fundou centros de estudo e revistas especializadas, dirixindo coleccións e participando en plans de lectura municipais, provinciais e nacionais. Exerceu paralelamente o periodismo e a docencia a nivel medio e superior. |
Publicou novelas, contos, poemas, obras de teatro e
libros informativos, sendo algúns dos seus libros editados noutras linguas e
recibiu varias distincións: os White Ravens 1994, 1998 e 2002 da
Internationale Jugend bibliothek de Munich, o Premio Luis de Tejeada 1993 e o
Premio Novela 2002 do Fondo Nacional das Artes.
En canto á literatura destinada a nenos e mozos
escribiu ademais de Stefano, obra
seleccionada para a súa lectura, outros libros como El anillo encantado, Huellas en la arena, Dale Campeón, Solgo, La mujer
vampiro y otros cuentos e El país de
Juan.
Os temas fundamentais en torno ós que xira a súa
obra son a construción da identidade individual e social, as secuelas
provocadas pola ditadura no seu país e o universo feminino. Ademais nos seus
libros sempre aparecen aspectos reais da vida, cousas que recorda ou lle
contaron, mesturados con outros elementos imaxinarios que ela mesma vai
inventando.
Afírmase que estes, lidos tanto por adultos como por
mozos, rompen barreiras xeracionais. Así, tal e como comentou esta autora no
artigo Pasajero en tránsito publicado na Revista quincenal sobre literatura
infantil y juvenil, Imaginaria,“la escritura nos conduce a través del lenguaje,
como si el lenguaje fuera —lo es— un camino que nos llevara a nosotros mismos”.
Relación de Stefano con outras obras da autora
A continuación expoñemos unha serie de libros cuxa
temática está relacionada coa obra Stefano, a cal seleccionamos para a súa
lectura.
Portada do libro Lengua Madre
http://www.teresaandruetto.com.ar/
|
En canto á narrativa facemos mención á obra Lengua Madre. Unha novela na que unha
muller nova que vive no exilio voluntario na cidade alemana de Munich comeza a
investigar sobre a escritura das mulleres. Logo regresa á casada súa nai que
acaba de morrer e atopa unha serie de cartas que esta recibira, comezando así una
viaxe ó pasado a través das mesmas.
Estas dúas obras tratan o tema da emigración ó
estranxeiro, centrándose Stefano na
vida dos emigrantes e Lengua Madre na
investigación sobre a escritura das mulleres.
Portada do libro El país de Juan
http://www.teresaandruetto.com.ar/
|
Centrándonos na literatura infantil e xuvenil El país de Juan é outra das obras desta autora cuxa temática xira en torno á emigración, neste caso do rural á cidade. Así, a familia de Juan vese obrigada a marchar da súa vila debido á situación de miseria na que se atopan.
Ámbolos dous libros tratan o tema da emigración pero
dun xeito diferente: en Stefano de
cara a Arxentina, un país estranxeiro onde o idioma e as costumes son moi
distintas e en El país de Juan, como
expuxemos anteriormente, do mundo rural ó urbano.
Portada do libro Sueño americano
http://www.teresaandruetto.com.ar/
|
Tamén na súa obra poética atopamos relacións
coa temática tratada en Sueño americano,
na que a autora presenta poemas narrativos con imaxes de diferentes lugares do
mundo, recollendo desta maneira aspectos de diferentes culturas.
Aínda que non fala da emigración propiamente dita, trata
sobre as diferentes culturas, o que está relacionado coas experiencias vividas
pola autora ó ter que emigrar, así teñen cousas en común no que se refireas diferentes
culturas existentes no mundo e diferéncianse en que Sueño americano non fala do fenómeno da emigración en si.
. |
Portada do libro Ribak, Reedson, Rivera. Conversaciones con Andrés Rivera. http://www.agencialiterariacbq.com |
Tamén atopamos un ensaio que garda relación co xa mencionado tema; a emigración e o exilio. Trátase de Ribak, Reedson, Rivera. Conversaciones con Andrés Rivera, onde a autora fala acerca dun porteño que estraña as rúas de Bos Aires dado que leva dez anos fóra da súa casa.
As semellanzas que ten coa obra Stefano son evidentes, a emigración e a morriña pola cidade natal e
a diferenza é clara, que non é un relato senón un ensaio dunha investigación
polo que non ten elementos ficticios senón que son reais e verídicos.
Contexto
social da escrita
As
persoas estamos condicionadas ó lugar e momento no que nos encontramos de maneira
que actuamos en consecuencia as nosas vivencias, tendo en conta tanto as
situacións máis sociais e xerais que engloban a toda unha sociedade e o propio
mundo, como as máis persoais e íntimas incluíndo os propios sentimentos,
experiencias e sensacións do individuo.
Normalmente
este é un feito que se pode ver asiduamente nos escritores, pois moitas veces
mostran nas súas obras unha realidade, pasada ou non, e certos pensamentos,
opinións, sentimentos, experiencias, etc. Tal é o caso de María Teresa
Andruetto que tivo que vivir dende o seu nacemento diferentes ditaduras e os
cambios, as crises políticas, sociais e económicas, as represións e os
enfrontamentos consecuentes destas.
Poderíase
dicir que os anos transcorridos dende 1955 ata
1983, foron unha época que se caracterizou pola inestabilidade, o
conflito e a violencia na cal se desenvolveron concretamente tres ditaduras: a
autodenominada Revolución Libertadora (1955 - 1958), a de Onganía, autodenominada Revolución
Arxentina (1966 - 1973) e finalmente a de carácter cívico-militar chamada Proceso
de Reorganización Nacional (1976 - 1983), que deu lugar á recuperación da
democracia. Concretamente ó finalizar esta última María Teresa Andruetto tras
un corto tempo na Patagonia e anos de exilio, puido regresar a Arxentina e
comezar a súa labor.
Tendo
en conta estes importantes feitos histórico-sociais que se deron no país da
autora e que ela mesma viviu e experimentou, non é casualidade que os eixos
principais das súas obras xiren en torno á construción da identidade individual
e social, as secuelas da ditadura e o universo feminino, pois como ben dicíamos
con anterioridade cada persoa está condicionada ó lugar e momento no que se
encontra.
Para
rematar cabe destacar unha frase que a autora expuxo no artigo Pasajero en
tránsito, xa mencionado anteriormente, a cal trata e resume o tema ó que ata
agora fixemos mención: “Migrar de un mundo a otro y adolecer, vivir lleno de
faltas en el tránsito. Abandonos precarios, de frase en frase, de sitio en
sitio, con la mano extendida a un otro que preste su voz y haga que lo escrito
viva.”.
Bibliografía
Páxina web de
María Teresa Andruetto desenvolta pola Axencia de comunicación Arxentina
Creativos unidos. URL: http://www.teresaandruetto.com.ar/
Páxina web da
Revista quincenal sobre a literatura infantil e xuvenil Imaginaria. URL: http://www.imaginaria.com.ar/
Enciclopedia
virtual Todo Argentina . URL: http://www.todo-argentina.net/
Entrada escrita por:
Eva Pérez González
Alba Argerey Castro
Noa Prado Souto
Olga Barreira Alonso
Andrea Callejo López
Entrada escrita por:
Eva Pérez González
Alba Argerey Castro
Noa Prado Souto
Olga Barreira Alonso
Andrea Callejo López
Ningún comentario:
Publicar un comentario