Como proba de que a literatura non atende a idades e etiquetas
clasificatorias, a continuación suxerimos unha breve secuencia de actividades
para traballar a obra de Alice Vieira, Caderno de Agosto, nunha aula de infantil.
O tren das emocións
Na citada novela xuvenil descubrimos o diario de Gloria (unha rapaza de
quince anos), que máis alá de relatar o quefacer diario, expresa os seus
sentimentos e emocións.
Coa finalidade de adaptar o libro ao universo infantil propoñemos unha
actividade denominada “o tren das emocións”. Para levar a cabo a mesma,
deseñamos un tren composto por diversos vagóns (tantos como alumnos e alumnas
haxa na aula) que, posteriormente, serán personalizados co seu nome e
fotografía. Así mesmo, poremos a disposición do alumnado unha cesta con
diferentes caras que representarán as emocións (tristeza, ledicia, enfado,
entre outras) e así, cada día, os pequenos e pequenas colocarán no vagón as
imaxes correspondentes co seu estado anímico.
O obxectivo que se persegue con este exercicio é identificar e expresar os
sentimentos (tanto os propios como os dos membros do noso entorno). Ademais,
vai permitir á mestra ou mestre coñecer o estado no que se atopa o grupo en
xeral e cada menor en particular.
O cadernos dos soles
A segunda proposta chámase “Caderno dos soles”, facendo alusión
a suposta denominación do noso grupo clase “os soles”. De novo, baseándonos no
diario de Gloria, realizaremos un caderno de aula ou libro viaxeiro que
constará de dúas partes:
Na primeira, cada neno e nena (coa axuda dos seus pais) deberá escribir o
seu nome e explicar os motivos polos que se chama así. Do mesmo xeito, poderá
indicar as súas principais virtudes e engadir unha fotografía. Para a súa
elaboración tomaremos como referencia os fragmentos da obra de Alice Vieira nos que se xustifican os
porqués de cada nome:
“Chámome María da Gloria por causa de Dª María II […]
<<unha das personaxes femininas máis dramáticas da Historia de
Portugal>>” (páx. 25-26).
“O Fabio chamábase así porque
naceu nunha época en que botaban na televisión unha telenovela con Fabio
Junior, e a tía Benedita decidiu, despois de media ducia de episodios, que non
había mellor nome para o seu primoxénito.” (páx. 22).
“Meu irmán chámase
Antonio por motivos moito menos intelectuais ou aristocráticos: naceu na noite
do 12 para o 13 de xuño” (páx.
26).
Finalmente, na segunda parte, pediremos ó alumnado que complete o caderno
cunha imaxe do seu lugar preferido. Para elo, empregaremos a afección dunha das
personaxes da novela (Mónica) polas viaxes:
“Nunca lle ía dicir que compraba todos os meses unha
revista onde só falaba de viaxes, de itinerarios sorprendentes, de fotografías
que ela recortaba e espallaba polas paredes do cuarto.” (páx. 98).
Un dos obxectivos xerais da actividade é propiciar o coñecemento mutuo e a
cohesión grupal. Por iso, consideramos que o inicio do curso escolar pode ser
un momento óptimo para o seu
desenvolvemento.
Clasifica os alimentos
Finalmente, a última proposta é unha actividade interactiva elaborada co editor de contos Edilim. Nela os nenos e nenas terán que clasificar seis imaxes segundo correspondan a comida ou bebida, servíndose da axuda do rato.
Finalmente, a última proposta é unha actividade interactiva elaborada co editor de contos Edilim. Nela os nenos e nenas terán que clasificar seis imaxes segundo correspondan a comida ou bebida, servíndose da axuda do rato.
Para a súa realización, inspirámonos no personaxe de Teotonio (un dos mozos
da nai da protagonista), por estar un pouco obsesionado coa comida saudable:
“Bebemos litros e litros de infusións” (páx. 101)
“Comiamos saladas, legumes cocidos ao vapor, pan integral,
froita, mel de uz, sopas, falopas de cereais, enriquecidos con farelo.” (páx. 104)
Este exercicio serviríanos para traballar o uso das TIC en educación
infantil, pois pódese realizar por quendas en parellas ou en grande grupo,
empregando o ordenador e o proxector ou o taboleiro dixital da aula.
file:///C:/Users/Usuario/AppData/Local/Temp/Rar$EX00.018/clasifica_os_alimentos.html
Entrada realizada por:
Como conclusión, indicar que escollemos estas actividades porque creemos
que tendo en conta a complexidade da obra, son doadas de levar a cabo con
nenos/as de Educación Infantil, e eliximos eses temas en concreto porque
consideramos que son puntos de interese pretos a eles/as, xa que son tarefas
que se realizan a miúdo na maioría das aulas desta etapa.
Polo tanto, creemos que os nosos alumnos/as poderían traballar de maneira
eficaz coas propostas presentadas.
Entrada realizada por:
González
Fernández, Sonia
Tajes
Fernández, Ángela
Val
Leiro, Olaya
Twitter: @Cadernodeagosto
Ningún comentario:
Publicar un comentario