Convidámoste a adentrarte no marabilloso mundo de Raquel e a súa bolsa. A través da fantasía e da imaxinación características de A bolsa Amarela, podes adentrarte nun mundo cheo de aventuras.Neste caso propoñemos unha serie de actividades relacionadas en todo
momento coa obra de Bojunga, aínda que calquera das
súas obras podería empregarse con nenos e nenas destas idades realizando
diferentes adaptacións. No noso caso decidimos empregar o tema desexos, tratar
os protagonistas e xirar todo en torno a bolsa amarela da protagonista. O libro
pode ser moi interesante para traballar cos máis pequenos, porque se nos gusta
os maiores, porqué non lles vai gustar a eles. O emprego da fantasía e da
imaxinación que fai Bojunga é algo fundamental, xa que iso é o que ós nenos
lles interesa, ademais das temáticas que trata. Coas nosas actividades ademais
de intentar en todo momento partir de cousas que lles interesen os nenos e
nenas, con ela intentamos acadar unha serie de obxectivos:
- Acercar a lectura aos máis pequenos
- Traballar un texto desde diferentes perspectivas
- Fomentar a creatividade e a imaxinación
- Fomentar a importancia da reciclaxe
- Coñecernos os propios desexos
A continuación podemos ver as actividades que nos propoñemos, as cales esperamos que sexan de interese e que lle poidan axudar a alguén.

ACTIVIDADES 1: A bolsa amarela
A primeira actividade consistiría en contarlles aos nenos e nenas a historia da bolsa amarela, pero dunha maneira adaptada as súas idades. A nosa historia comezaría así:
Había unha vez unha nena chamada Raquel, que vivía moi triste porque a súa familia non lle facía caso. Ela tiña unha serie de vontades que quería conseguir: ser maior, ser neno e ser escritora.

Un
día atopou unha bolsa con moitos petos de cor amarela. Decidiu poñerlle un
pecho para que ninguén tentase abrila. A partir de ese día, Raquel comezou a
vivir trepidantes aventuras acompañada duns galos, un paraugas e un imperdible
dentro da súa bolsa amarela.
...
Despois de rematar a histotia os nenos poderán creao o seu propio final, por exemplo:
“Tras s isto, o galo e o paraugas decidiron construír unha cabana na praia para poder vivir cerca de Raquel e do outro galo e poder seguir tendo novas aventuras. Como o que lles sucedeu o outro día, que decidiron bañarse todos na praia e atoparon cun polbo que intentou lévalo ao fondo do mar. O polbo de súpeto coméraos a todos!”

ACTIVIDADE
2: Os nosos desexos
Tras
ver que no libro de A bolsa amarela,
a protagonista ten vontades por cumprir, decidimos que unha das actividades
sexa escribir as vontades de cada un/unha e reforzar así, a súa imaxinación e
que nunca perdan ese afán de conseguir o que desexan.
Un
exemplo desta actividade foi o resultado acadado por unha nena:
ACTIVIDADE
3: Lapbook
Esta
actividade consiste en crear un Lapbook,
que non é outra cousa que unha especie de “libro” despregable, co que podemos
traballar de maneira moi creativa e innovadora calquera tema, neste caso as
personaxes do libro.
Partimos
dunha cartolina grande, dentro dela incluiremos as personaxes principais de A bolsa amarela (Afonso, Terrible,
Raquel, o imperdible, a bolsa e o paraugas) en forma de debuxo.
Entendemos
que deste xeito o neno/a pode aprender de xeito que interactúe coa información
e tamén serve para que os alumnos/as compartan eses aprendizaxes uns cos
outros; o neno/a aprenderá a vez que se divirte.
A
continuación podemos ver as imaxes dun exemplo de lapbook:
ACTIVIDADE 4: A nosa bolsa amarela
A
bolsa amarela é o obxecto principal sobre o que se centra a historia de Raquel,
polo que decidimos que tamén sería interesante que os nenos e as nenas tamén
teñan a súa propia bolsa, tendo en conta o obxectivo desta na historia (gardar
todos os desexos da protagonista).
Nós
creamos estas actividades pensando en todo momento en que a súa realización
sexa exitosa o levala a cabo con nenos e nenas. Intentamos crear actividades
atractivas para os nenos e nenas a partir do libro, o cal cremos que podería ser un recurso moi interesante para traballar nas aulas, xa que a´súa tématica adaptase perfectamente para poder traballar a esta idades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario