GRIPE, Maria, "Os
escaravellos voan á tardiña". Vigo, SM, 20029. ISBN:
84-348-6086-4 [1.ª ed. 1989].
Este libro trata sobre
as aventuras vividas durante un verán por tres rapaces: Xonás, David e
Annika.
Todo comeza cando a
Xonás lle regalan un magnetófono polo seu cumpreanos e os tres rapaces van ó
bosque probalo. Por casualidade, chegaron a unha misteriosa casa,
coñecida como a casa Selander e decidiron entrar. Mentres se atopaban no seu
xardín escoitaron algo que chamou a súa atención e os deixou intrigados.
Certo
día, a nai de Xonás e Annika, comentou na casa que a señora que vivía na finca
Selander se ía e, que necesitaba a alguén que lle coidase as plantas na súa
ausencia, feito que os rapaces aproveitaron para se encargar eles dese
traballo.
Xa na
casa, viron unha pranta que lles chamou atención. Era azul e tiña as flores en
forma de corazón e ademais diso, parecía que coñecía ás persoas. Esta pranta
foi clave para que descubrisen o cuarto de verán no cal coa axuda dun escaravello
que entrou pola ventá, descubriron unha caixa que contiña unha serie de cartas.
Estas cartas contiñan unha historia de amor ocorrida no pasado entre Emilie e
Andreas, e tamén falaban dun maleficio dunha estatua exipcia traída por Andreas
dese pais. Esta estatua causou moito interese nos nenos o que ocasionou que se
puxesen a indagar.
O párroco do pobo, o señor Lindroth, axúdalles a buscar as pistas necesarias. Xulia, dona da casa Selander, chamaba por teléfono para xogar o xadrez con David e para axudarlles a dar resposta aos diferentes enigmas que se lles presentan os protagonistas ó longo da historia.
Finalmente,
descobren que a estatua está nun museo de Inglaterra e que a dona da casa
morrera o primeiro día que eles estiveran alí.
Logo da lectura
deste libro cheo de misterio e intriga, démonos conta que é un elemento que a
autora emprega para que os lectores sintan curiosidade polo que vai sucedendo
ao longo do relato e desta maneira, se vaian introducindo nela como se fosen
eles os protagonistas.
Ademais dos temas
principais, que trata o libro, vemos un que reflexa de maneira secundaria; amor
prohibido, que se ve nas cartas enviadas
entre Magdalena e Emilie e que os rapaces atopan no cuarto de verán. Era un
tema que reflectía a realidade da época do S. XVIII, e xa daquela os
matrimonios por conveniencia eran comúns.
En canto a relación
dos capítulos desta obra, puidemos observar que non seguen o esquema de outros
libros nos que a monotonía está presente o longo da obra, senón que cada
capítulo chama polo seguinte, dado que en cada un deles se atopa ese chisco de
intriga, que fai que queiras ler o seguinte para saber o que vai pasar.
Reflexión:
Dende o
noso punto de vista como lectoras, pareceunos un libro interesante e entretido,
que fai que o lector estea motivado a seguir lendo e a seguir descubrindo o que
vai acontecendo na historia ó longo dos capítulos. Pensamos que os libros deste
formato, resultan interesantes para os nenos por ese toque de misterio,
intriga e amor que fai que os cativos se involucren na historia e se
sintan como os protagonistas do libro.
De igual modo, os
temas que trata son atractivos e convences ó lector para que siga lendo. Tamén
poden dar moito xogo á hora de que os nenos reflexionen sobre o libro.
Finalmente queremos
destacar que a continua busca das estatúas ó longo de tantos capítulos, fíxosenos
pesada en certa medida, pero de todos os xeitos sabemos que debía ser así para
que a historia tivese sentido.
Bibliografía:
GRIPE, Maria, "Os
escaravellos voan á tardiña". Vigo, SM, 20029. ISBN: 84-348-6086-4 [1.ª ed. 1989].
Feito por:
Lara Camiño Vilar
Rebeca Capón Macía
Patricia Castro Patao
María Chouciño Reigía
Eva Fernández Campos
Ningún comentario:
Publicar un comentario