martes, 18 de marzo de 2014

O transcurso do tempo: Pasado, presente e futuro

Ana M.ª Machado (2013) 1ª: Bisa Bea, Bisa Bel. Vigo: Editorial Galaxia,S.A.  [144 páxinas], ISBN: 8498654998 [ 1ª. Edición. 1982] 



Esta obra de gran valor emocional e chea de sentimento, xira en torno a temática do transcurso do tempo, en como se afianzan os lazos familiares mostrándonos que a unión fai a forza. Podemos apreciar outros temas de gran valor como son, a evolución da muller o longo do tempo, as diferencias de xénero, as transformacións dos papeis sociais de cada un dos sexos a través das xeracións; e como protagonista preponderante, o tempo o cal promove o encontró de xeracións unindo pasado, presente e experiencias futuras. Mostrándonos así  unha sucesión e transcurso dos diferentes conflictos, dimensións, logros e maduracións que se van levando a cabo o longo da obra.

Bisa Bea, Bisa Bel esta protagonizada por unha nena Isabel a cal mergullase nunha viaxe emocionante a través do tempo da man da súa bisavoa; unha recreación que xera Isabel despois de encontrar unha caixa de madeira no armario de sua nai chea de fotos antigas, onde entre elas estaba unha da súa visaboa en ton sepia moi bonita e que chamoú por completo a atención de Isabel.
 A partir dese intre da comezo unha viaxe a través do tempo, mostrándonos diferentes aspectos do contexto sociohistórico no que vivía sua bisavoa e unha continua comparación entre o pasado e o presente, así como os diferentes cambios de mentalidade presentes que se aprecian.
 Isabel namorada da fotografía pola beleza que desprende, pidelle a sua nai quedar con ela para poder coñecela mais, nun primeiro instante a nai mostrase reacia por medo a que perda a fotografía pero finalmente prestalle a estampa. A partires deste momento Isabel comeza unha relación coa sua bisavoa, establecendo un diálogo interior con ela a cal vaille contando os cambios de mentalidade que ela aprecia, como por exemplo as actitudes dos cativos que no tempo da bisavoa Bea eran mais “cabaleiros”.
 Un día Isabel perdeú a fotografía, ela decatouse na casa e como non daba recordado onde a perderá, ficou en decir que a estampa da bisavoa tornouse nunha tatuaxe transaparente e que a bisavoa estaba dentro dela. Así continuo entablando conversas interiores coa bisavoa ata que un día exteriorizounas sen decatarse, isto aconteceu estando ela resfriada no colexio, e sua mestra o decatarse pensou que estaba delirando pola febre entón mandouna voltar a casa. Neste tempo de volta para casa comeza un diálogo coa sua nai acerca dos costumes que tiñan antes e do uso de pañuelos de tea, así como o papel da muller antes era estar na casa e facer todos os labores, pero que eso foi cambiando co paso do tempo, este e mais datos continou contandolle a sua nai a Isabel, ata que Isabel comezou a imaxinar e recrear novos lazos familiares, de onde xurdiu a súa futura neta Beta; a cal fálalle de moitos cambios futuros que ainda están por vir.
 Isabel dende que xa esta ben de saúde acude a escola, onde a súa mestra Doña Sofía tiñalle gardada a fotografía de sua bisavoa que un compañeiro encontrara tirada no patio e ela acordouse de que era dela porque ensinaralla anteriormente. A partires deste intre, comeza unha nova temática a tratar na aula da man da mestra Sofía, as diferentes etapas históricas e todo o que xira en torno a cada unha delas.

 A obra esta estructurada en oito capítulos, con tres estapas ben marcadas: presente, pasado e futuro interrelacionadas entre sí o longo do transcurso da historia. Podemos apreciar dita relación que acontece entre as diferentes xeracións e os lazos familiares que nos van mostrando entre a nais de Isabel, a propia Isabel, a bisavoa Bea e a futura neta de Isabel Beta. E unha fermosa maneira de narrar as diferentes etapas da vida a par que imaxinativa, mostrándonos todo isto da man de Isabel e o poder que teñen os nenos para mergullarse no iventado e imaxinativo.

 Podemos apreciar como novidade nesta obra a mestura xeracional, tendo en conta a etapa na que xurdiu, e a creación no lector dunha sensación de curiosidade e de querer furgallar na súa propia árbore xenealóxica, podendo así apreciar os diferentes cambios que transcurren co paso do tempo.

 A autora Ana M.ª Machado con esta obra de gran valor, mostranos dunha maneira cercana unha temática que esta sempre vixente, sobre todo para a primeira infancia na que os nenos/as teñen moito aínda por investigar e apreciar pos si mesmos.

  Esta obra contén un gran valor en todos os aspectos para nos, xa que mostranos unha temática que esta sempre vixente na primeira infancia, a cal é saber e furgallar acerca da propia árbore xenealoxica. Opinamos que é un tema que debe terse sempre en conta a hora de lévalo a cabo nas aulas cos nenos  e tratar de solventar todas as dúbidas que poidan ter. Pero tamén opinamos que debe manterse esa parte de “intriga” e que os nenos  xeren esa capacidade imaxinativa propia deles a hora de crear e enlazar a súa propia realidade, esa característica tan fermosa dos nenos que a miúdo e con abundancia pasa desapercibida por las sucesivas xeracións e que debería manterse.


Como acostuma decirse “manter o neno que levas dentro”.



Bibliografía:

Machado, Ana M.ª (2013). Bisa Bea, Bisa Bel, Vigo: Galaxia.S.A.

Autores:
Jéssica Carreiras López
Adrián Fernandez Fernandez
Alba Rodríguez Sanmartín
Alba Villarino Palmaz

Ningún comentario:

Publicar un comentario