venres, 21 de marzo de 2014

Sempre é bo coñecer máis das cousas que nos interesan, sobre todo cando se trata de literatura. Atrévete a saber máis!

"Empeza un día na vida de Elvis karlsson, un pequeno que vive sumido na máis completa indiferenza(Elvis Karlsson)

Para coñecer mellor a maneira de escribir de María Gripe, a mestra recomendounos ler o libro "Elvis Karlsson". 


Nesta obra relata a vida de Elvis, un neno de seis anos, que non se entende moi ben cos seus país, os cales, tampouco lle fan moito caso. O neno é un rapaz reflexivo e moi xuizoso para a súa idade. Os seus país non entenden que creceu e que precisa que o traten como alguén que xa é capaz de decidir por el mesmo e pensar de maneira máis autónoma. Do mesmo xeito Elvis xa é quen de comprender as verdades e que lle falen sen segredos. 


O protagonista reflexiona sobre o seu entorno, dende un punto de vista lúcido e moi maduro para a súa idade. Destaca a complicidade co seu avó, xa que é co único da familia co que pode falar. 



Tras a diferentes lecturas das obras desta autora, atopamos trazos propios da súa escrita. Salientamos en primeiro lugar os diálogos das súas obras; escritos en terceira persoa, e o emprego de personaxes infantís como protagonistas. Este protagonistas son sinxelos, correntes e están rodeados de diferentes elementos, levando a cabo en todo momento, experiencias normais. Isto ocorre porque traballa con un relato moi realista e usa un linguaxe sinxelo á hora de escribir. 

Mediante as situacións que lles ocorren aos personaxes nos seus relatos, fainos sentir  que todo o que pasa na historia, chegámolo a sentir como noso. Engloba un fío condutor no que está presente o mundo emocional do neno, onde engloba os sentimentos e as súas emocións.

Na obra de "Elvis Karlsson", podemos ver de maneira clara, unha denuncia o secretismo. Presente tamén, en outras obras de María Gripe.

Do mesmo xeito, puidemos comprobar que escribe unha literatura moi madura, que fai que os seus lectores adolescentes tomen conciencia do duras que poden chegar a ser certas situacións. Nas súas historias a autora, ofrece unha visión da vida sen importar a idade ou a posición social, recurrindo a temáticas moi suxerentes. 




Isto levanos ó seguinte punto; os temas que María Gripe trata nas súas novelas. Estes temas son de indole diversa e os protagonistas amosan moi ben no transcurso das diferentes obras. Atopamos valores positivos como a valentía, a perseverancia, a confianza, a sinceridade, o respeto, a amizade, o humor e a superación das dificultades entre outros. Tamén atopamos valores negativos, como o medo, a frustración, o abandono, e o orgullo. Do mesmo xeito, tamén atopamos temas familiares que preocupan a infancia, como o autoritarismo paterno ou escolar. 



A obra que máis nos interesou foi a dos "Escaravellos voan a tardiña", foi a primeira que lemos e mediante ela puidemos ir descubrindo a María Gripe.  Grazas a este relato, vimos que as súas historias reflicten unha gran paixón, e iso nótase a en como escribir e a orientación tan persoal que fai en cada unha delas. Os seus libros conseguen sorprenderte en cada páxina.
Este libro é un bo exemplo disto xa que consegue engancharte a súa lectura e que queiras continuar lendo para saber o que vai pasar, e incluso que ao final quedes con ganas de máis.
 "Elvis Karlsson", tamén nos parece un bo libro con un relato moi realista, pero que quizais pola súa historia non consiga enganchar tanto o lector, e incluso nalgún capítulo faise aburrido. Así é todo, dende o punto de vista da literatura puidemos comprobar que é un magnifico libro e o cal pode chegar a gustar moito os máis pequenos sobre todo, xa que en moitos casos, poden chegar a sentirse identificados.

"Os escaravellos voan a tardiña", teñen ese chisco de misterio que busca a autora mediante a relación da estatua exipcia e a súa búsqueda polos protagonistas da historia, que a fai interesante e engancha ó lector a continuar a historia ata o final.





Dende o noso punto de vista como futuros mestres, a novela máis axeitada para traballar nunha aula é a de "Elvis Karlsson". Esta obra de trasfondo social que aborda os dereitos dos nenos, invita a traballar cos alumnos cuestións como os valores e as normas sociais.  Así mesmo, podemos proporlles actividades, na que se poñan no lugar do protagonista e ver  o que pensan ou que farían nesa situación. Tamén podemos traballar pequenos fragmentos do libro, e se surxe algunha dubida sobre algún concepto, podemos aproveitar e que os nenos busquen o seu significado.
 


Webgrafía:

http://gripe.diletante.net/extraes.php?imdb
http://www.revistasculturales.com/articulos/33/clij-cuadernos-de-literatura-infantil-y-juvenil/506/1/maria-gripe-literatura-de-emociones.html
http://viblios.blogspot.com.es/2011/01/os-escaravellos-voan-tardina-de-maria.html
http://setemaisun.blogspot.com.es/2008/11/os-escaravellos-voan-tardia.html
http://www.accioneducativa-mrp.org/index.php?option=com_k2&view=item&id=240:elvis-karson-y-mar%C3%ADa-gripe&Itemid=75
http://www.epdlp.com/escritor.php?id=2559
http://www.imdb.com/name/nm0342505/

Autoras:

Lara Camiño Villar.
Rebeca Capón Macía.
Patricia Castro Patao.
María Chouciño Reigía.
Eva Fernández Campos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario