venres, 21 de marzo de 2014

As mulleres no País do Pé Descalzo

      Hoxe intentamos adentrarnos un pouco máis en "Sólo un Pie Descalzo", amosando así as figuras femininas presentes ao longo da historia, para que así a podades comprender máis a fondo, e sobre todo, deixarvos con moitas ganas de ler a obra, porque de seguro que non vos arrepentiredes.

Gabriela é a protagonista fundamental de "Sólo un pie descalzo", e considerada por todos como a nena que
perde un só zapato. A xente que a rodea a describe e a etiqueta continuamente como unha nena diferente, rara, estraña, solitaria, torpe, tonta, pequena ... e un sen fin de denominacións despectivas. Porén, na obra amósase unha visión antagónica de Gabriela.


Mamá, personaxe feminino caracterizado por ser fría e distante coa súa filla máis pequena, Gabriela. A discriminación e a marxinación que amosa esta persoa están presentes con respecto a protagonista da historia, en contraposición da alegría, nostalxia, e o afecto dado as súas irmás maiores.
Mamá, tamén se caracteriza por ser autoritaria, esixente e por desbordar disciplina, tanto nas severas normas que a diario inundaban a casa como as leis fabricadas por ela mesma e dirixidas as súas fillas. Finalmente, gustaríanos destacar que se trata dunha muller conservadora e de costumes establecidas.

As irmás de Gabriela, pola contra, son nenas consentidas acostumadas a que todo se mova ao seu antoxo sen ningún esforzo. Descríbense ao longo do libro como un prototipo de futura muller perfecta naquela época. 

Prima Fifita, aceptada e valorada na familia asumindo o rol de prima da protagonista aínda que a súa actitude cara Gabriela  era burlona, acusona e egoísta.

Tomasa, a cociñeira da Casa, é unha figura moi presente ao longo da historia, caracterizada polo seu forte carácter e autoridade, polo que tanto nenos/as como adultos respetan. Á diferenza do resto de personaxes da historia, trátase dunha muller de avanzada idade e con moita experiencia na Casa e ca familia, encargada de coidar de todo e de todos. Porén, no trasfondo de Tomasa, existe unha persoa chea de sensibilidade e empatía. 



Micaela e Elisa, xunto a Tomasa, forman o persoal da casa encargado das tarefas do fogar. Teñen un papel menos representativo durante toda a historia.
           
Os personaxes femininos do Mundo dos Descarrilados, como a vella teteira e a olla grande sen tapa, descríbense como obxectos considerados inservibles, ben polo seu desuso ou ben por contar con pequenos anacos deteriorados. Acompañan a Gabriela para facerlle comprender que as diferencias nos enriquecen e non teñen por que ser unha barreira, senón todo o contrario.

A nena á que todos/as chamaban "abuelita é o reflexo da nosa protagonista nun futuro moi lexano, perdendo, ao igual que ela, un zapato, e sentíndose discriminada como consecuencia diso.

Madame Saint Marsal, é a primeira mestra de Gabriela, coñecida tamén como a “Oliscona”. Entre a súa metodoloxía destaca a burla, a autoridade e disciplina, a falta de empatía e o abuso do castigo. Ademais, era unha persoa distante pois “No invitaba a acercarse, ni a preguntar, ni en general a nada.”
No seu lugar de traballo tamén se atopa Madame Saint Marcel e Madame Saint Maur; todas elas, tiñan en común a fala, a mesma voz, unha linguaxe complicada para os nenos/as e insensibilidade pola infancia.

Las niñas del colegio, compañeiras de Gabriela e das súas irmás, alumnas da “Oliscona”, “Todas las niñas parecían conocerse, y se daban empujones cariñosos, o abrazos y besos…” Porén, a súa actitude con Gabriela era burlona, sarcástica, de desprezo, de exclusión social e nalgunha ocasión as agresións físicas estiveron presentes.


        Polo xeral, en "Sólo un pie descalzo" apreciamos unha visión estereotipada da muller, pois, dase a entender que o lugar que lle corresponde é o fogar ao contrario dos homes, que son os encargados de levar a cabo o sustento familiar. Así mesmo, existen visibles diferenzas entre o persoal da Casa e a familia, apreciando así diferentes eslabóns das clases sociais. Por outra banda, a figura das mestras vínculase ao xénero feminino, deixando entrever os estereotipos asentados nun tempo non tan lonxe ao actual.

Twitter: @Pie_descalzo 

Pamela Campos Andión
Beatriz Castiñeira Barreiro
Ana De La Calle López
Rocío Fernández Rodríguez
Raquel Fernández Sanfiz

Ningún comentario:

Publicar un comentario