venres, 28 de marzo de 2014

SECUENCIA DE ACTIVIDADES

            Partindo da nosa autora Ana M.ª Machado e do libro principal do noso estudo Bisa Bia Bisa Bel, realizaremos unha unidade didáctica enfocada para nenos de 3 a 5 anos de Educación Infantil na que o tema principal será as xeracións e os lazos familiares.
            Os obxectivos[1] que pretendemos acadar con están na Unidade Didáctica:
  • Iniciarse na formulación de hipóteses, buscando respostas e explicacións, para anticipar probables efectos que poderían producirse como consecuencia de situacións da vida diaria e dalgúns experimentos realizados.


  • Relacionarse coas demais persoas, de forma cada vez máis equilibrada e satisfactoria, interiorizando progresivamente as pautas de comportamento social e axustando a súa conduta a elas.


  • Coñecer distintos grupos sociais próximos á súa experiencia, algunhas das súas características, producións culturais, valores e formas de vida.


  • Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración, comprensión e pertenza baseadas no respecto ás persoas, ás normas e valores da sociedade a que pertencen.


   

 A Unidade Didáctica que imos a desenvolver constará de diferentes actividades relacionadas coa identificación dos membros familiares.

Partimos da asemblea que se realiza a primeira hora da maña e identificarémola como a primeira actividade da nosa Unidade Didáctica. Nela comentaremos e faremos preguntas sobre os membros familiares do noso alumnado, preguntas como:  Como se chama o teu avó? Tes irmáns? Cantos tíos tes? etc.



A segunda actividade terá un carácter máis práctico e nela precisaremos a colaboración das familias dos nosos alumnos. Tratará de que os nenos traian á clase imaxes dos seus familiares máis próximos; tíos, pais, irmáns, curmáns e avós. Unha vez seleccionadas as imaxes faremos unha árbore xenealóxica que terá unha dobre función e simbolismo. Por unha banda servirá para que os nenos e nenas identifiquen os membros familiares e as relacións entre os mesmos. Por outra banda faremos unha actividade de “Rego”, na que regaremos a árbore cos valores que creemos adecuados para cultivar dentro do entorno familiar. Valores como: respecto, tolerancia, empatía, amizade, agarimo, etc.
A terceira e última actividade constará en realizar un mural coas árbores xenealóxicas de todos os alumnos, no que cada neno poderá ver a familia de cada compañeiro e comparala coa súa mesma, vendo o número de membros e a relación entre os mesmos.
Esta Unidade Didáctica pódese ampliar con múltiples actividades, como o fomento polo respecto do entorno, podendo levalo máis tarde ó medio natural.
Como conclusión, consideramos que a selección desta Unidade Didáctica é importante para traballar dende a primeira infancia, xa que esta idade é a idónea para consolidar os valores anteriormente mencionados e as relacións familiares que se establecen dentro do entorno do alumno.

Autores
Jéssica Carreiras López
Adrián Fernández Fernández
Alba Rodríguez Sanmartín
Alba Villarino Palmaz






[1]  Lexislación da Educación Infantil en Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario