O post que vos presentamos a continuación é o que máis nos gusta de todos
os que levamos publicado, xa que nel botamos a voar a nosa imaxinación, co
obxectivo de realizar varias propostas didácticas para traballar co libro 28 Historias para rir, de Úrsula Wölfel.
Para estas propostas tomamos como referencia as diferentes historias,
personaxes e situacións que compoñen o libro, dándolles un aire novo e
diferente ó que ela nos presenta, de maneira que resulte divertido e entretido
para os nenos e nenas.
Cremos que a obra en si ofrece moitas posibilidades á hora de traballar
nunha aula de Educación Infantil, xa que ó constar de moitas historias
permítenos escoller as que máis nos gusten a nós, e tamén ós pequenos/as, ou a
que máis se adapte á temática que esteamos a traballar en cada momento.
Consideramos que as nosas ideas tamén son boas, pois fomentamos que os nenos e nenas
desenvolvan a súa imaxinación e creatividade, ó mesmo tempo que comproban que
unha historia non ten porque ser cerrada, senón que con ela podemos facer un
montón de cousas novas e rompedoras.
Xa non nos estendemos máis ca introdución; de seguido pasamos a amosarvos o
noso traballo, que como xa explicamos un pouco anteriormente, ten os seguintes
obxectivos:
- Adaptar a obra orixinal, de xeito que resulte dinámica e divertida para os nenos e nenas.
- Potenciar a creatividade e a imaxinación dos nenos e nenas, deixando florecer a súa capacidade de crear e inventar cousas novas, partindo sempre dunhas personaxes xa coñecidas para eles.
- Aprender a traballar en grupo, de forma cooperativa, manifestando cada un as súas ideas e opinións, e tentando chegar finalmente a un consenso común.
- Elaborar un produto final que recolla todo o proceso de creación levado a cabo polos nenos e nenas, en forma de vídeo, fotos, gravacións etc.
A primeira actividade que propoñemos é a elaboración dun novo conto diferente ós que se nos presentan, tomando como personaxe principal ó protagonista dunha das historias, un neno que non paraba de rir, e mesturándoo con personaxes e acontecementos doutras historias diferentes. Nós elaboramos o noso propio conto, pero na aula de Infantil deixariamos que fosen os nenos e nenas quen o inventaran entre todos. O noso resultado foi o seguinte:
“
Fai moito tempo, nun lugar non moi lonxe de aquí, había un neno moi ledo que
nunca paraba de rir. Ría por calquera cousa, polo que nunca deixaba de vivir
aventuras.
Era
tan aventureiro que un día de inverno botou a andar, sen chegar a imaxinar o
que lle ía acontecer. Pero antes de saír da casa, a súa nai tiña plans para el:
- Tes que ir á tenda e mercar tres
boliños de pasas e trinta selos.
O
neno asentiu, e rapidamente dirixiuse á tenda. Ó chegar a ela, a dona
preguntoulle:
- Que queres, rapaciño?
- Non
é o que quero eu, - respondeu o neno-, é o que quere miña nai. Pero como ela
sempre fai todo o revés, non sei se me fixo ben o encargo.
- Pois estamos listos, - dixo a tendeira.
O
neno, dubidoso, fixo o pedido tal como o entendera:
- Mmmm,
entón dáme trinta boliños de pasas e tres selos, - e botou a rir.
Unha
vez feita a compra, o neno ía saír pola porta, pero un rato impediulle o paso,
xa que o animaliño estaba distraído mirando para toda a comida que alí había,
sen saber que comer. Entre risas, o neno pegou un forte golpe no chan co pé,
polo que o rato saíu desaborido da tenda, con tan mala sorte que se atopou de
fronte cun gato que, de tanto rodar pola neve, se acabou convertendo nunha gran
bóla de neve.
O
neno seguiu o seu camiño para a casa a gargalladas, ata que atopou unha
nena que ía paseando á súa irmá pequena nun carriño. A pequerrecha comezou a
bocexar, e así contaxiou á súa irmá, ó neno e a toda a xente que por alí
camiñaba.
Grazas
á súa risa, o neno foi o único que logrou non comezar a bocexar coma os demais,
polo que seguiu o seu camiño tan contento.
Na
volta á casa pasou por diante da estación de tren, ónde viu a moita xente
buscando a un neno pequeno que se perdera. De súpeto, o rapaz asomou pola ventá
do tren, e berrando preguntoulles a seus pais que facían para subir abordo.
Ó
ver isto, o neno botou a rir e seguiu o seu camiño, contento coma sempre. Cando
estaba a piques de chegar, chamárono uns rapaces para que viran a un señor que
se enredara nunha corda cando intentaba quitarlla ós nenos. O neno e todos os
demais escacharon coa risa.
Por
fin na casa, o neno deulle o encargo a súa nai:
- Aquí
tes, Mamá, os trinta boliños e os tres selos.
A
nai botou unha ollada á bolsa e empezou a rir:
- Fixeches
todo ó revés! Non sei de quen aprenderías!
- A xente
sempre me di que son cuspidiño a ti.
E os
dous, tan felices coma sempre, comezaron a comer os boliños como senón pasara
nada.
Unha vez creada a historia, decidimos elaborar un pequeno conto interactivo
con ela. Para iso, nós mesmos fixemos uns cantos debuxos de diferentes escenas da
historia, e engadimos a voz do narrador nun arquivo de audio, ó mesmo tempo que
puxemos unha música de fondo, extraída da web de Jamendo, e xuntámos todo co
programa Windows Movie Maker. O resultado podédelo ver no seguinte enlace de
Youtube:
Para a segunda actividade pensamos en levar a cabo unha representación con monicreques elaborados por nós, na que presentamos outra das historias do libro, “A historia do burro listo”, a cal vos contamos a continuación:
Para a segunda actividade pensamos en levar a cabo unha representación con monicreques elaborados por nós, na que presentamos outra das historias do libro, “A historia do burro listo”, a cal vos contamos a continuación:
Unha vez un home tiña a súa
casa no cume dunha montaña. Ningún coche podía ir ata alí. Por iso o home
comprou un burro. Púxolle as angarellas ao lombo e dispúxose a ir de compras.
Tiñan que atravesar unha ponte e ao burro apetecíalle comer a herba fresca da
beira do río. Mais o home non quixo parar. Entón o burro, cos seus longos dentes,
sacoulle os cartos do peto e tirounos no camiño. Moitas moedas baixaron rodando
ata o tío. Logo o burro fixo “Ioh” a toda voz e o home botou unha ollada ao
redor. “AH”, dixo, “perdín os meus cartos!”. Baixou agatuñando ata o río e
apañounos. Mentes, o burro puido comer herba fresca ata fartar. Despois
seguiron o seu camiño. O home díxolle ao burro: “Es moi bo! Menos mal que
orneaches. Sen cartos non se pode ir de compras. Ti realmente es listo!”. O
burro asentiu coa cabeza, riu cos seus longos dentes e orneou: “Ioh! Ioh!”.
Agora amosámosvos
unhas cantas imaxes dos monicreques que elaboramos nós, de maneira moi sinxela. Por
motivos de tempo, non fixemos un escenario de fondo, pero na aula sería
interesante telo, para que á hora de representar a historia, os nenos e nenas
se meteran máis no papel e resultara todo moito máis realista. Polo mesmo motivo da falta de tempo non puxémos en práctica a representación, e quedámonos cas ganas de amosarvos cómo sería unha posible representación, pero deixamos que o imaxinedes, e mesmo que probedes a facelo! Esperamos que cas fotos vos fagades unha idea do que pretendemos. A
representación, en caso de facela na aula de Infantil, debería ser gravada en vídeo, para que a todos os nenos e nenas, mestres/as e mesmo ás familias lles quede
o recordo.
Xa para finalizar
a nosa proposta, pensamos noutras tres actividades que tamén poden dar moito
xogo cos nenos e nenas, e son as seguintes:
- QUE PASARÍA SE...
Para levar a cabo
esta actividade, en primeiro lugar contarémoslle a seguinte historia:
Unha vez un cadeliño atopou
un óso. Axiña chegou un can máis grande que roñou, regañou os dentes, mirouno
con ollos ameazadores e quitoullo. Agora, o can grande quería comer o óso. Mais daquela chegou outro
c$an grande que tamén quería ter o óso. Os dous cans grandes roñaron
desafiantes, regañaron os dentes e miráronse con ollos ameazadores. Movíanse en
círculo ao redor do óso, tentando botarse os dentes un a outro. Daquela foi o
cadeliño, meteuse entre eles, colleu o óso e saíu correndo. Os dous cans
grandes non se decataron de nada. Seguían correndo en círculo e roñando,
regañando os dentes e mirándose desafiantes. Pero xa non había óso ningún! Xa o
comera o cadeliño.
Unha vez que coñezan o final, formularémoslles unha serie de preguntas, por
exemplo:
-
Que
pasaría se un dos cans grandes se decatase de que o cadeliño escapaba co óso?
- Que
pasaría se non aparecera o segundo can grande e o cadeliño pelexara co
outro? Quen credes que gañaría?
-
Que
pasaría se en vez de atopar se en lugar de un óso fora herba?
-
Que
pasaría se en lugar de cans foran peixes?
- CAMBIAMOS O FINAL
Contarémoslles aos nenos/as a seguinte historia:
Unha vez había dous touros
nun prado. Querían demostrarlles ás vacas o fortes que eran. Un púxose a
bramar: “Son máis forte ca ti! Pódote tirar ao chan se quero!”. E o outro
bramou: “Non, eu son máis forte! Podo botarte polo aire cos meus cornos se
quero!”. As vacas ollaban abraiadas desde o valado e os touros seguían
bramando. Un bramou: “Podo pisarte e converterte en puré se quero!” e o outro
respondeu: “Podo queimarche o pelello co meu bufido se quedo!” e as vacas no
valado puxéronse a moar cheas de abraio. Os touros seguiron a bramar ata
quedaren roucos. Ao final non fixeron máis que discutir. Un berrou: “Podo mover
os ollos nas órbitas de tal maneira que o medo faga que te escondas no burato
dun rato, se quero!”. E o outro berrou: “Podo tocarte coa punta do rabo con tal
forza que saias disparado ata a lúa, se quero!”. Daquela, as vacas empezaron a
aburrirse con tanto bramido sen sentido. Déronlles as costas aos touros, que
seguiron bramando a soas.
Cando rematemos, deixaremos que eles mesmos/as inventen un novo final.
- INVENTAMOS UNHA NOVA HISTORIA
Propoñémoslles aos nenos/as que inventen unha historia a partir dun camelo
que aparece nunha das historias: A
historia do camelo listo. Eles mesmos/as aportarán ideas que a mestra irá
anotando no encerado, de forma que, unha vez rematada a chuvia de ideas,
podamos crear entre todos unha historia nova.
Ó final de todo este proceso, os membros do grupo decidimos elaborar unha pequena conclusión sobre o éxito que podería ter esta proposta nunha aula de Infantil. Parécenos que realizamos un traballo que lles pode resultar moi interesante ós nenos e nenas, ó mesmo tempo que atractivo e didáctico, xa que eles mesmo serían os protagonistas de todo o proceso que neste caso realizamos nós. Pola nosa experiencia nas aulas, podemos dicir a ciencia certa que a eles encántanlles este tipo de actividades, nas que poñen en práctica as súas habilidades á hora de debuxar, crear historias, e exteriorizar todo o que se lles ocorra, que nunca vai estar mal. Nós mesmos pasámolo moi ben levando a cabo todas estas actividades, compartimos un bo momento no que rimos, expuxemos as nosas ideas e chagamos a un consenso para avanzar no desenvolvemento das tarefas. Actividades deste tipo son as que se deberían facer con máis frecuencia no Grao, xa que nos permiten interacionar uns con outros, e non cinguirnos unicamente ó contido teórico das materias.
Pola nosa parte nada máis, probablemente seguiremos publicando entradas con cousas interesantes que atopemos sobre Úrsula Wölfel. Volvemos a recomendarvos amplamente a obra desta autora, de verdade que merece a pena!
Post elaborado por: Guillermo Couto Contreras, Cristina López Rodríguez, Nerea Núñez Fernández, Víctor Nieto Martínez.
Podedes seguirnos en Twitter: @28HistoriasParaRir
Post elaborado por: Guillermo Couto Contreras, Cristina López Rodríguez, Nerea Núñez Fernández, Víctor Nieto Martínez.
Podedes seguirnos en Twitter: @28HistoriasParaRir
Ningún comentario:
Publicar un comentario