luns, 10 de marzo de 2014

Marilar Aleixandre



"Son unha viaxeira impenitente, e convén lembrar o proverbio árabe, non hai que confiar nos viaxeiros pois contan moitas mentiras."
 
Naceu en Madrid en 1947. Viviu en varios lugares, aínda que finalmente se decantou por Galicia, lugar do cal incluso adoptou a lingua para escribir as súas obras. Recibiu unha educación rockeira asistindo a "Caravana" de Ángel Álvarez a finais dos 60; entre semana estudaba Bioloxía e chegou a ter unha relación bastante intensa cos escaravellos (tema que resaltou nun dos seus libros, A Expedición do Pacífico, onde  a protagonista era unha amante dos insectos). Nos 70 comezou a ensinar Ciencias. Actualmente imparte a materia de Didáctica da Bioloxía e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, esta escritora que ademais é poeta, tradutora e catedrática, decántase por escribir no terreo da literatura para nenos e mozos.

O primeiro contacto coa escrita foi mentres estudaba na facultade, redactando panfletos e artigos para revistas de partidos clandestinas. O seu primeiro relato foi un conto sobre vampiros, o xermolo de Agardando polos morcegos, pero tardou bastante en publicar a súa novela infantil A formiga coxa.

Despois desta, apareceron diversas novelas que ían encamiñadas tanto a un público xuvenil como adulto. Obras destacadas e famosas desta autora serían A Expedición do Pacífico (Premio Crítica de Galiza), O trasno de Alqueidón, polo que recibiu o Premio Rañolas ao mellor libro infantil/xuvenil en galego en 1996, A Banda sen futuro  que recibiu o premio Lazarillo de novela xuvenil en 1999, entre outras. Ademais disto escribiu poesía e colabora en varias revistas, tales como CLIJ, Festa da Palabra ou Dorna.

Esta autora enmárcase na época contemporánea, xa que nas súas obras reflexa temas como a escravitude, cuestións políticas, o amor (aspecto vixente en moitos dos seus libros), o papel da muller a mediados do S.XIX e a principios do S.XX. E tamén temas actuais como adolescencia, discriminación, traizóns, relacións familiares diversas, enfermidades (A banda sen futuro, onde a protagonista Carlota, sofre un eccema), violacións entre outros. Tamén se reflicten valores como dignidade, respeto, igual de xénero, xustiza, madurez ou amizade.




Webgrafía:


 
Elaborado por:
María José Varela Herrero
María Veiga Facal
Eva María Veiga Real
María Adelaida Veiga Teixeira
Patricia Vidal Jartín




5 comentarios:

  1. Conciso e bo resumo da biografía de Aleixandre. Parabéns!
    Montse Pena

    ResponderEliminar
  2. Encántame que se destaque un dato de Marilar que persoalmente me engaiola: o seu interese polos escaravellos. Será porque me lembra o libro de María Gripe "Os escaravellos voan á tardiña", que tanto me marcou cando nena.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas por lernos tanto aquí como no twitter! Recomendámosche entón "A expedición do Pacífico" que quizais che guste, se é que non te adiantaches xa á nosa proposta.
      Un saúdo!

      Eliminar
  3. Pois moitas grazas pola recomendación. Lereino, por suposto!

    ResponderEliminar