luns, 10 de marzo de 2014

Queredes saber sobre a obra de Marilar Aleixandre? Atopádesvos no lugar adecuado...

As publicacións individuais de Marilar Aleixandre son diversas e abranguen una gran variedade de xéneros literarios. Na súa obra poética destacamos Catálogo de velenos (Premio Esquío de Poesía en lingua galega, 1998); estrutúrase en tres partes que conforman un todo no seu conxunto, onde se lle vai dando relevancia a diversas problemáticas como a relación materno-filial ou o amor.


En canto á súa obra narrativa para adultos salientaremos a Teoría do caos (Premio Xerais de novela 2001 e Premio San Clemente 2002), Unha presa de terra (Premio Novela por Entregas da Voz de Galicia) e A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 1998). Como característica principal deste xénero, a autora destaca o afán por buscar o protagonismo absoluto das mulleres nos mundos de ficción.


Ademais, foise incorporando progresivamente á literatura infantil dando á luz á obra A formiga coxa, á que se uniron outras adicadas tamén ao público xuvenil como A banda sen futuro (Premio Lazarillo de literatura xuvenil 1999 e Premio Lecturas de literatura xuvenil 2001), A expedición do Pacífico (Premio Merlín de Literatura infantil e xuvenil 1994 e Premio da Crítica á creación literaria en galego 1995) e A Cabeza da Medusa (Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008).

Por outra banda realizou ensaios e traducións; no primeiro dos casos, unha das súas publicacións leva por título Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao. Aquí atopámonos cun dato moi curioso!! Marilar adoptou aos personaxes literarios do propio Castelao para falar sobre el, xa que ninguén mellor que eles o coñecían tan ben. Tamén realizou diversas traducións, como Harry Potter e a pedra filosofal, sobre a cal poderedes atopar información no post que realizaron os nosos compañeiros/as sobre J.K. Rowling.


Recomendámosvos este par de libros que tivemos a ocasión de ler para coñecer un pouco máis da bibliografía desta autora. Animádevos blogueiros e blogueiras!!! Mergulládevos neles, espéranvos un senfín de aventuras!!








Realizado por:
María José Varela Herrero
María Veiga Facal
Eva María Veiga Real
María Adelaida Veiga Teixeira
Patricia Vidal Jartín



1 comentario:

  1. Tan entusiastas coma sempre! Contaxiades ganas de ler a obra de Aleixandre!

    Montse Pena

    ResponderEliminar