luns, 10 de marzo de 2014

Fina Casalderrey

“Non pasei fame de xurelos nin de cariño […]. Si pasei fame de libros, aínda que os que afanaba ás agochadelas tiñan sabor a larpeiradas.” (Así define Fina Casalderrey parte da súa infancia)


http://fina.casalderrey.com/index2.htm

Fina  naceu en Santo André de Xeve, Pontevedra (Galicia) en agosto de 1951.
Con 9 anos, tomaba clases de corte e confección, xa que súa nai quería que fose modista. Máis tarde, por consello da súa mestra estudou o Bacharelato e acabou estudando Maxisterio.
Sendo xa mestra, comezou a teatralizar contos populares. No ambiente non que se movía, atopouse cunha gran cantidade de disglosias, o cal lle suxeriu unha morea de preguntas. As súas primeiras nocións de “costura”, servíronlle para reflexionar sobre a importancia da estrutura da narración.
Segundo Fina Casalderrey: “A lectura ha de ser gozosa e non ha de cotar a liberdade de camiñar”.
Foi especializada como mestra en Matemáticas e Ciencias da Natureza e pasando polos diferentes destinos que tivo, comenta que “oxalá algo bo dela quedase dentro deses nenos e nenas que tivo como alumnos”.
O seu propósito era cambiar a escola e achegala o máximo posible á realidade, o cal lle permitiu facer numerosas investigacións da etnografía do seu entorno (cousa que ela dáballe unha relevancia importante), as cales moitas delas foron premiadas e serviron como punto de partida de novas publicacións.
Esta escritora, ademais de todo o mencionado anteriormente, tamén participou como pregoeira en diferentes Feiras do libro, en eventos gastronómicos, impartiu charlas-coloquio sobre a LIX, dentro e fóra de Galicia.
En 1997, participou no informe “La educación encierra un tesoro”, da UNESCO.
Foi membro directiva da Galix dende o 2001 ata o 2004, ademais pertence ao PEN club dende o 2008 e á AELG dende o 2009.

No 1991, ocorreu algo un feito que marcaría a súa traxectoria. Iniciouse no mundo da novela xuvenil publicando a obra “Mutacións xenéticas”. Tras o éxito escribiu máis de cincuenta títulos máis dirixidos fundamentalmente a este tipo de lector. Os seus libros son escritos principalmente en galego, pero contan con traducións a outras linguas.
Dende o 2013 forma parte da RAG e colabora en prensa con artigos e outros traballos recollidos en xornais e revistas.
Ata o de agora, foi galardonada por numerosos premios ao longo da súa traxectoria, pero un dos máis recoñecidos foi no ano 1996 co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por “O misterio dos fillos de Lúa”.
Como afeccións, ademais do gusto pola etnografía como xa dixemos antes ela cofesa que lle encanta recitar poemas, aínda que non os escribise ela, gústalle ler e decubríu que escribir lle permite facer unha morea de cousas, incluso aquelas que non sabes facer, coma tocar o piano. Gústanlles as nenas e os nenos, di ser unha amante da comida, do baile e de falar e rir cos amigos…Amar e sentirse querida aínda que iso non ocupa tempo.
“Ás veces, apetéceme mesturar as miñas propias vivencias cos soños, coa imaxinación, coa fantasía... e crear historias na miña mente, que só despois de darlles moitas voltas paso ó papel”.
En referencia ao contexto no que vivíu, Fina Casalderrey describe a escaseza de libros na súa infancia  con unha “enfermidade”,  xa que non había biblioteca escolar e toda a lectura se centraba nas matemáticas, xeografía, historia…  debido a isto, hoxe en día aínda se sorprende cando entra nunha gran librería e ve a cantidade e variedade de libros que existen. A autora dálle tanta importancia aos libros que os concibe como “unha manta que gardo para os días de frío coa que me sinto protexida”.
A súa infancia desenvólvese no ámbito rural, nunha época un tanto complicada, xa que creceu nos anos de posguerra, uns anos cheos de pobreza, tristeza, limitacións políticas… e isto inflúe en certa medida nas súas obras literarias creadas posteriormente.
A súa carreira literaria está  influenciada por seu pai, xa que dedicaba moito tempo a contarlle contos e numerosas historias cando era nena, e con isto descubre que os contos tamén son literatura. Como diría a autora:  “[…]se é certa a afirmación de que nos marcan as nosas circunstancias, que estamos feitos do que lembramos, intúo que esas cousas tan cativas inflúen no meu xeito de escribir.”
Nas súas obras percíbese a influencia de autores como Carlos Casares, María Victoria Moreno e Agustín Fernández Paz, cunha mestura entre temas tratados por estes autores e innovacións propias da autora.
Actualmente, continúa a súa traxectoria literaria, consolidándose así como unha autora clásica contemporánea.

Webgrafía:
http://fina.casalderrey.com/index2.htm
http://escritoras.com/escritoras/Fina-Casalderrey
http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XosCasal&alias=Fina+Casalderrey&solapa=biografia
http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/la-literatura-infantil-y-juvenil-gallega-en-el-siglo-xxi-seis-llaves-para-entenderla-mejor/html/189994ae-2706-11e1-b1fb-00163ebf5e63_13.html

AUTORAS:
Saínza Paz Caamaño
Susana Pereriro López
Jéssica Silva Rodríguez
Marta Sobrado Díaz
Verónica Tuñas Gómez

1 comentario:

  1. A entrada é moi completa, mozas. Parabéns! Quizais só melloraría un pouco a estrutura, que reuslta un chisquiño caótica.

    Montse Pena

    ResponderEliminar