Peculiar
Intelixente
Positiva
Pecosa
Imaxinativa
Pippi é o suficientemente divertida e creativa para poder
desenvolver en torno a ela unha serie de actividades que entreteñan aos máis
pequenos.
Polo tanto, decidimos traballar con esta temática da obra
máis coñecida de Astrid Lindgren, é dicir, coa súa protagonista, porque nos
pareceu unha forma diferente e moi lúdica de ensinarlle aos alumnos e alumnas
non so unha serie de conceptos, senón un conxunto de valores e pautas que lles
poden ser útiles na súa vida cotiá.
Traballar desta maneira axudará a que os cativos/as teñan
unha maior capacidade de atención e concentración e, sobre todo, chamar a unha
maior participación por parte do alumnado e evitar a tan recorrente clase
maxistral. Con isto estamos a referirnos a que se favoreza as diferentes
interaccións que se poden dar nunha aula de Educación Infantil (alumno-alumno;
alumno-docente).
Por outra parte, decidimos traballar con este personaxe
feminino porque non sempre as súas actuacións e vivencias son de todo
positivas, e isto usarémolo ao noso favor, na nosa tarefa docente, á hora de
que os máis pequenos sexan capaces de diferenciar as condutas e actitudes boas
das malas.
Para finalizar, é o noso obxectivo tamén, tentar de
tratar dentro da aula as distintas estruturas familiares que existen na nosa
sociedade e os prexuízos que poden xurdir con respecto a isto. Un dos feitos
máis destacables que podemos atopar nesta historia é que unha nena poida vivir
soa e sen referentes adultos pode chamar en gran medida a atención dos
alumnos/as e, por iso, debemos facer fincapé en que un neno sempre necesita un
referente adulto que o guíe e lle axude na súa vida.
Obxectivos:
A continuación, expoñeremos as actividades e os seus
obxectivos que formarán o denominado “Maratón de Pippi”, un conxunto de tarefas
que teñen como obxectivo principal a diversión e entretemento de todo o
alumnado.
1. “Pippi de cerca” (Conto)
a.
Fomentar o interese pola lectura e a escoita activa
b.
Potenciar o diálogo o vocabulario novo
c.
Asociar imaxe-palabra
d.
Traballar a memoria e a atención
2.
¡Todos somos Pippi! (Disfrace)
a.
Potenciar o xogo simbólico
b.
Favorecer a imitación
c.
Traballar o esquema corporal á hora de ir cubrindo as
distintas parte
3. A miña casa é un castelo (Construción
en cartón)
a. Fomentar a creatividade.
b. Potenciar a motricidade fina.
c.
Experimentar con diferentes materiais de refugallo.
d.Concienciación da reciclaxe.
4. Así limpaba, así, así… (limpar o chan con cepillos nos pés)
a. Fomentar a diversión.
b. Fomentar a creatividade.
c. Aprendizaxe de rutinas.
d. Potenciar a motricidade grosa
5. A caixa máxica (Encuentra cosas)
a. Fomentar o traballo cooperativo
b. Espertar o interese pola investigación
Actividades:
“Pippi de cerca”
Como
primeira actividade plantexamos a visión dun breve conto interactivo elaborado
pola propia mestra, co que se pretende que os nenos/as coñezan máis de preto á
protagonista, a súa vida e aventuras.
O
conto reflexa de forma moi breve e clara a historia de Pippi Calzaslargas,
mediante texto e imaxes sinxelas de almacear na memoria dos máis pequenos,
acompañando a súa lectura coa música instrumental propia da obra.
Con
isto, establecemos a base do que sería o maratón, xa que é esencial coñecer o
tema sobre o que imos a traballar, é dicir, que teñan claro quen é a nosa
protagonista, as características que a definen, onde vive, con quen...
Posteriormente á actividade podemos inculcar
a asociación palabra-imaxe, elaborar preguntas, que intenten contar eles o
conto...
Tratamos de conseguir captar a atención dos nenos/as e potenciar o
interese pola lectura.
Enlace do conto: https://www.youtube.com/watch?v=tw7GdrOA5Ho
¡Todos somos Pippi!
Na segunda actividade deste Maratón de Pippi Calzaslargas o que se pretende e que,
tendo en conta as peculiares características da nena, os nenos e nenas da aula
se disfracen dela. Para iso poden aproveitar roupa vella que teñan pola casa ou
calquera outro material de reciclaxe. Só se necesita comprar unha perruca con
trenzas ou simplemente facelas co propio pelo, debuxar unha pecas e poñer roupa
gastada e de moitas cores. Tamén se pode coller uns peluches dun mono e dun
cabalo para contar ca compañía dos animais que tiña Pippi.
A miña casa é un
castelo:
Nesta terceira actividade do “Maratón de Pippi”,
afondaremos máis profundamente na aprendizaxe de con quen se relaciona a
protagonista da historia e onde vive. Polo tanto, para familiarizar aos máis
pequenos con estes aspectos propoñemos, en primeiro lugar, a creación da casa
de Pippi con materiais de refugallo, como o cartón. Interésanos que isto sexa
así porque queremos concienciar á infancia da importancia da reciclaxe e do
coidado do medio ambiente como puntos que debemos respectar na nosa sociedade.
Por outra parte, trataríase dun traballo colaborativo de
toda a clase que partiría dun modelo creado previamente polos alumnos e máis o
docente durante a asemblea e que os nenos desenvolverían autonomamente coa
axuda puntual do mestre/a despois da sesión. A decoración, por suposto,
correría tamén por parte do alumnado en base as súas ideas e creatividade.
Deste xeito, estamos a favorecer aspectos como a creatividade, a axuda, o
traballo en gran grupo á par que individual, o coñecemento de Pippi a partir de
actividades orixinais e divertidas…
Un bo exemplo do que queremos conseguir é o seguinte:
Villa Kunterbunt, a casa de Pippi creada polos alumnos
|
Por outra parte, Pippi vivía neste lugar con dous
personaxes moi peculiares: o señor Nilsson, un mono moi divertido e o seu
cabalo que tiña como característica principal a súa pel branca con lunares
negros (na serie que se fixo a partir desta personaxe, este animal chámase
Pequeño Tío, pero nos libros descoñécese o seu nome e soamente o acuñan como
cabalo).
Debemos engadir que falar
desta cativa trae consigo falar tamén destes dous personaxes e, polo tanto,
unha das actividades que traballaremos en torno ao coñecemento destes animais
é, precisamente, facer os lunares do cabalo.
Para iso, entregarémoslle a
cada alumno, individualmente, o modelo dun cabalo en branco. A copia exacta
sería a seguinte:
A continuación, entregaráselle a cada alumno plastilina de cor negra para que fagan os lunares do cabalo, favorecendo deste xeito a motricidade fina ó facer pequenas boliñas e pegalas sobre a silueta. O resultado sería este:
Asi limpiaba, así, así…
Con esta actividade o que se
pretende aparte de introducir aos cativos nas tarefas que realiza Pippi no
conto, é iniciar aos máis pequenos en diferentes accións motrices partindo
dunha base innovadora e creativa que lles axude a desarrollar a súa
imaxinación.
Por outra parte, queremos
concienciar ao noso alumnado en que colaborar coas tarefas domésticas do fogar
non ten porque ser monótono ou aburiido, senón que se pode trasformar nun acto
sorprendente e divertido.
Polo tanto, a
actividade consiste en buscar pola casa un par de cepillos de madeira de limpar
o chan e un cubo on auga e xabón. Unha vez que contamos con este material,
poñeremos os cepillos nos pes e limparemos o chan avanzando cos mesmo.
Encontra cousas:
Esta última actividade esta baseada nun xogo
que realizaba Pipi Calzaslargas no libro. O xogo chamábase “El encuentra
cosas”, Pipi agochaba cousas e despois buscábaas cos seus amigos.
Como nos parece un xogo moi divertido e que representa moi ben a esencia de
Pipi, decidimos realizar esta actividade.
Presentaremos os nenos e nenas unha caixa con diferentes obxectos que lles
amosaremos, poderán tocalos e observalos o tempo que precisen e posteriormente
as mestras agacharemos os obxectos polo colexio para que os nenos os poidan
atopar. As mestras irémoslles dando unha serie de pistas para que non perdan o
interese pola actividade e logren atopar todos os obxectos da caixa.
AUTORAS:
BEATRIZ GRANDÍO MOSTEIRO
LARA LENCE REAL
CRISTINA MENDOZA VÁZQUEZ
ALICIA MARTÍNEZ RAMA
NOELIA MONTECELOS MADARRO
Ningún comentario:
Publicar un comentario