luns, 31 de marzo de 2014

3, 2, 1... ACCIÓN!! O Refugallo


Convidámosvos a entrar nun mundo, cheo de fantasía e maxia que vos vai a encandear. Neste lugar chamado O Refugallo os nenos e nenas de curta idade navegan conxuntamente en busca dunha aventura, que marabillará e fará reflexionar a todo aquel que se atreva a somerxerse nel. Queredes saber máis? Pois non vos esquezades de seguir mergullándovos nestas liñas.
Presentámosvos un proxecto cheo de aventura, onde os máis pequenos e pequenas teñen a posibilidade de deixar aflorar a súa imaxinación libremente e saber reflexionar sobre a importancia que ten o refugallo, a través dunha pequena representación teatral.
Con este propósito queremos achegar os nenos e nenas ao mundo do refugallo, un mundo que para a maioría da sociedade é desprezábel e sucio, e que reflexionen e sexan conscientes de que calquera cousa por insignificante que pareza poida ser algo moi marabilloso. É indispensable que dende a primeira idade os máis pequenos/as valoren as cousas do seu arredor e non sexan “vítimas” do consumismo que está, na actualidade, no seu máximo auxe. Así mesmo, a través deste proxecto pretendemos que os nenos e nenas crean obxectos e materiais a partir do refugallo, potenciando e fomentando deste xeito a súa imaxinación.

Para a posta en práctica da representación teatral é preciso que os nenos e nenas realicen previamente unha serie de actividades lúdicas. En primeiro lugar visualizarán a obra O refugallo, que ven presentado nun vídeo de Youtube.








Tras ver a representación, os menores elaborarán un libro de aventuras, onde cada un /a terá a oportunidade de debuxar historias creativas e imaxinarias. 










Así mesmo, crearán un barco conxuntamente, un telescopio e unha tartaruga utilizando materiais de refugallo (papel de aluminio, cartóns, botellas de plástico, tea, etc.). 











Estes obxectos serán empregados posteriormente na representación teatral que realizarán os menores da obra de Paula Carballeira.





Dado que a obra soamente conta con catro personaxes consideramos preciso que haxa varias Hipatias, Isoldas, Borborontes y Lustucrus.
Con esta proposta consideramos que os nenos e nenas teñen a oportunidade de familiarizarse co material de refugallo, de buscar a súa utilidade e ademais permítenos ensinarlles que é indispensable reciclar. Tamén pensamos que pode ser un proxecto que chame a atención dos máis pequenos /as e que se sintan entusiasmados realizándoo, xa que, van ser, en todo momento, os protagonistas das aventuras desta proposta.

WEBGRAFÍA







Laura Cabarcos Camba
María Carballo Pena
María Jesús García Montes
Jennifer Gómez López

Estefanía González Martínez

Ningún comentario:

Publicar un comentario