“En mis ratos libres paseo junto al mar, que nunca está callado y para los que quieren escucharme sigo escribiendo, porque los cuentos de verdad, nunca, nunca se acaban…”.
(Cita da autora extraída do último dos links da webgrafía.)
Ana María Fernández Martínez naceu en Palma de Mallorca no ano 1949, pero mudouse ás nosas terras galegas, neste caso A Coruña, no ano 1967. Tivo sempre claro que estaría preto dos máis novos, por este motivo estudou maxisterio e, máis tarde licenciouse en filosofía e letras. A súa carreira profesional baseouse na ensinanza aos nenos/as tanto de infantil coma de primaria, compaxinando a docencia coa creación literaria.
É unha autora contemporánea que escribe para un público infantil e xuvenil. A súa obra abrangue narrativa e teatro, pero é a poesía a que máis lle satisfai, coa que gañou o premio Lazarillo co seu libro Amar e outros verbos no cal emprega diversos verbos para realizar os seus poemas, en concreto, co verbo envellecer fai a seguinte composición:
"Os avós envellecen de vagar,
pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque gardan
o segredo do futuro,
máis alá dos seus ollos pequenos"
Poderíamos dicir que un dos autores que quizais a influíu foi o seu marido Xoán Babarro, co cal realizou varias obras, por exemplo, O parque da chave dourada. Ademais puido ser este quen a motivou a facer diversas traducións de libros infantís ao galego.
Cabe destacar a súa obra O país de amarnos, que figura na lista de honor da Ibby (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) e a súa colaboración na revista Vagalume, así como adicar algúns dos seus libros á ensinanza do galego.
Finalmente, gustaríanos resaltar unha cita de Ana Mª Fernández do libro Traballo de Mago, no que expresa que é escribir para ela: "Xa non me acordo de cando comecei a escribir. Pero considero que redactar un conto novo é un traballo de maga, porque consigo que os protagonistas das historias teñan vida e compartan as súas andanzas cos lectores e lectoras aventureiros, que utilizan cada libro como chave da porta da propia imaxinación."
Webgrafía empregada:
Entrada realizada por:
Lorena Fernández Rodríguez
Natalia Sangil Regueiro
Lara Silva García
Ana Varela Darriba
Ángeles Vázquez Coira
Mozas, boto de menos a información de sobre onde tirastes a cita coa que comeza a entrada.
ResponderEliminarMontse Pena