venres, 21 de marzo de 2014

Coñece as similitudes e diferenzas entre as obras de Lygia Bojunga!

Despois de ler dúas das obras de Lygia Bojunga, A bolsa amarela e A casa da madriña, podemos ver que a temática das obras é moi similar.




Os temas imaxinarios están presentes, por un lado, coas aventuras de Raquel e os elementos que vai introducindo na bolsa amarela e por outro, a viaxe de Alexandre e o pavón.

Os animais tamén están presentes nas dúas obras e ámbolos protagonistas son nenos/as (A bolsa amarela: Raquel, A casa da madriña: Alexandre).



Observamos que os protagonistas intentan alcanzar os seus obxectivos e desexos porque non aceptan a realidade que lles tocou vivir ou intentan atopar
unha vida mellor. Outra das ideas que a autora reflexa nos dous libros é o asunto de coser o pensamento, para conseguir que se esquezan dos seus principios e ideas, deixando atrás o que pensan ou o como son realmente.

As diferenzas apreciables entre estes dous libros son mínimas, xa que a autora segue unha mesma liña nas dúas obras;  podemos resaltar neste caso son en primeiro lugar o xénero dos protagonistas, nun caso unha nena e no outro un neno, aínda que nenos ó fin e ó cabo. Aínda que as semellanzas entre Raquel e Alexandre son máis que visibles, vemos que resalta a maneira de “evolucionar” un e outro personaxe. En Raquel, ó longo de todo o libro observamos como vai medrando como persoa, os desexos desta nena van diminuíndo ó mesmo tempo que ela vai medrando e se vai dando conta de todo o que a rodea coa axuda dos seus amigos. Sen embrago Alexandre segue moito máis nese mundo de fantasía no que transcorre toda a súa historia.

No noso grupo de traballo hai opinións diversas sobre que obra de Lygia Bojunga nos gustou máis.
Decantámonos finalmente por A bolsa amarela, porque existe unha gran variedade de personaxes animados como (o paraugas, os galos, o imperdible, o pecho...), que se van sumando a historia pouco a pouco e vanse axudando uns aos outros a superar os seus problemas ao longo da historia.
Gustounos tamén a temática, porque emprega temas moi relacionados coa clase social maioritaria hoxe en día, a clase media-baixa, que teñen que superar moitos problemas que están presentes hoxe en día no noso mundo.
Pensamos que os feitos se narran dun xeito bastante sinxelo, e a pesar de que a obra está dirixida a nenos/as máis maiores (10 anos), sería fácil de adaptar para nenos entre cinco e oito anos e propoñer algunha actividade para traballar na aula. O libro é moi imaxinativo,con personaxes que son obxectos e animais, con vida propia que falan coa protagonista.
Unha boa actividade para realizar na aula, sería adaptar o conto á idade dos nenos/as, máis curto e conciso. Logo poderíase facer unha repartición dos personaxes para cada un dos nenos/as, e que se representaran as aventuras desta historia, a de Raquel e Afonso.

Na nosa opinión, os nenos disfrutarían moito con este libro, polos personaxes, xa que, a humanización dos obxectos e animais, é algo que aos nenos lles encanta.  Deste xeito animámolos e motivámolos a que se expresen e falen das súas propias historias e aventuras. Conseguindo así, o mesmo protagonismo para todos os nenos/as da aula.



Autores:
Irene Maneiro Cuesta
Diego Moreiras González
Natalia López Belón
Lucía Meijide Candal
Lara Mosquera López


Ningún comentario:

Publicar un comentario