Para a
nosa elección como mostra de personaxes femininos no percorrido de Ana M.ª
Machado, vamos centrarnos na obra de Bisa Bia, Bisa Bel; na cal aparece un marcado
papel da muller e o cambio que vai realizando co paso tempo.
As
personaxes femininas que aparecen neste libro son Isabel, a súa nai, a súa
bisavoa e a futura neta de Isabel.
Todas
estas personaxes vanse relacionando de forma xeracional incluíndo as diferentes
etapas polas que van pasando as diferentes personaxes femininas pertencentes a
familia de Isabel. Pódese apreciar como ó longo de toda a obra o papel da
muller vai evolucionando ó longo da obra e mostrando así as palpables
diferenzas que se poden apreciar nas diferentes franxas temporais; deste modo
apreciamos as diferentes costumes que ten cada unha das personaxes femininas de
dita obra. Agora vamos dar paso a unha pequena disección de cada unha destas
personaxes:
Isabel: É a personaxe principal ó longo de
toda a obra, da súa man transportámonos ó mesmo tempo a un mundo imaxinario que
vai recreando ela mesma facendo ver ó lector os diversos cambios xeracionais. A
súa etapa poderíamos considerala na obra como " o presente" na liña
da historia. Isabel é unha nena chea de curiosidade e imaxinación, como
calquera cativo poderiamos dicir. A través dela o lector mergullase nunha viaxe
no tempo da súa man.
Nai
de Isabel: O seu
papel na obra non é predominante ó longo da obra, pero si ten importancia xa
que a partir dela Isabel encontra unha fotografía antiga na que consta a súa
bisavoa. A nai de Isabel fálalle un pouco acerca da súa bisavoa xerando así
unha interese palpable en Isabel. Poderíamos dicir que o seu papel é o de
estimular a curiosidade en Isabel acerca dos lazos familiares e do significado
da árbore xenealóxica familiar. Como nota salientable acerca da nai de Isabel,
dicir que na obra mostrase como o ritmo frenético do día a día nunha familia
fai que a nai de Isabel non leve unhas rutinas estables na casa por falta de
tempo; a consecuencia disto un día de limpeza xeneral na casa, xuntas nai e
filla atopan a caixa de madeira chea de fotografías antigas, na cal se atopaba
a estampa da bisavoa.
Bisavoa: Ten un papel predominante na obra,
da man da bisavoa transporta o lector nunha viaxe entre pasado e presente
continuo. Gracias a esta continua comparación de franxas temporais, o lector
pode gozar do enriquecemento de adentarse en novos coñecementos tales como o
avance da muller co paso dos anos.
A
bisavoa ten uns costumes que non se parecen en nada os de Isabel, xa que a ela
gústalle as vestimentas con vestidos, con saias de volantes e mesmo xogar con
aros; a diferencia da etapa presente na que Isabel adoita a vestir con
pantalóns e camisetas (o cal para a súa bisavoa é considerado como
"marimacho").
Futura
neta de Isabel: Como
as anteriores personaxes que citamos, a futura neta de Isabel ten un papel
importante tamén, xa que da súa man o lector pode continuar observando o avance
que sigue a ter o papel das mulleres o longo das diversas etapas culturais.
Ademais a futura neta de Isabel encargase de recalcar e recordarlle o lector
que quedan moitos cambios por vir no futuro.
Como
podedes observar nunha soa obra compaxínanse catro xeracións de mulleres, todas
elas importantes e que están relacionadas entre si. Cada xeración que podemos
observar, ten algo que ofrecer e do que van aprendendo as anteriores e
sucesivas xeracións; o papel da muller esta influenciado polo paso do tempo, os
seus intereses e actividades que leva a cabo van evolucionando nas diferentes
etapas culturais. Isto é o mais salientable que podemos observar na obra, ese
continuo enlace que se establece entre pasado, presente e futuro; e a través do
cal o lector pode poñerse no papel das diferentes mulleres que integran esta
obra.
Esta obra polo tanto
nos parece moi completa, xa que toca moitos campos educativos e móstranos unha
amplitude de temáticas que son idóneas para traballar cos mais cativos e como
non apreciar o tan importante papel da muller na sociedade e a súa loita polo
cambio.
Bibliografía:
Machado, Ana M.ª (2013). Bisa Bia, Bisa Bel, Vigo: Galaxia. S.A.
Autores:
Jéssica Carreiras López
Adrián Fernandez Fernandez
Alba Rodríguez Sanmartín
Alba Villarino Palmaz
Ningún comentario:
Publicar un comentario