Bibliografía:
A traxectoria
profesional de Ana María Machado é extensa e valiosa. En canto a literatura
infantil faremos a continuación unha breve bibliografía sinalando as obras máis
relevantes dentro do noso criterio:
Unha das primeiras
obras publicadas por esta gran escritora brasileira é “Currupaco papaco”. Trata
sobre un papagaio que se aborrece moito, sempre atado a un pau e repetindo as
palabras que di a xente. Este personaxe tan peculiar escapa e coñece a un lobo
de mar que lle propón viaxar o seu carón. Xuntos viaxan por distintos lugares e
coñece distintas xentes, culturas e costumes. Despois de moitas viaxes e
aventuras Currupaco é liberado no seu entorno natural, formando alí unha
familia e vivindo feliz para sempre.
A finais da
década dos 70 publica “Historia medio al
revés”. Esta obra rompe coa estrutura dos contos tradicionais. Nela
concédeselle ó protagonista o dereito a buscar respostas persoais na
construción da súa propia vida. A
recensión desta obra é un punto a sinalar xa que nos pareceu moi curiosa: “E
entón casáronse, tiveron unha filla como unha raiola de sol e viviron felices
para sempre...” A pesar dos convencionalismos, este non é o final do conto se
non o comezo, feito moi peculiar para
nos.
Outra das súas
obras de literatura infantil e xuvenil é “El misterio de la Isla”. Trata de
dous nenos que por varios motivos rematan naufragando nun illa descoñecida e
misteriosa. Con esta obra Ana M.ª Machado gaña o premio Andersen de Literatura,
xa que trata nela temas tradicionais como a escravitude e a explotación laboral
o mesmo tempo ca herdanza da cultura africana.
No
ano 2007 Ana M.ª Machado publica “Niña Bonita”. Este conto facilita atoparnos
cunha fantasía máis próxima á realidade, xa que se da con personaxes cotiáns.
Esta obra permítenos soñar e compartir cos nenos a nosa simboloxía, a
diversidade tanto nos animais como nas persoas e moitos máis aspectos da vida
cotiá.
Paralelamente
a temática anteriormente mencionada a autora pasa a centrarse no tema do orixe
familiar, étnico e mítico. Baseándose neste tema crea a súa obra máis coñecida
e na que se centra o noso traballo, “Bisa Bia, Bisa Bel” no ano 1982. Este conto conta a historia dunha nena chamada
Isabel e a relación coa súa bisavoa, Bia, que coñeceu a través dunha imaxe
cando era pequena.
Webgrafía:
http://es.wikipedia.org/wiki/Ana_Maria_Machado
http://www.casadellibro.com/libros-ebooks/ana-maria-matute/21226
Autores:
Adrián Fernández Fernandez
Jessica Carreiras López
Alba Rodríguez Sanmartín
Alba Villarino Palmaz
Ningún comentario:
Publicar un comentario