“En los confines de una pequeña ciudad sueca había un huerto
exuberante, y en él una casita de campo. En esta casita vivía Pippi
Calzaslargas, una niña de nueve años que estaba completamente sola en el mundo.
No tenía padre ni madre, lo cual era una ventaja, pues así nadie la mandaba a
la cama precisamente cuando más se estaba divirtiendo, ni la obligaba a tomar
aceite de hígado de bacalao cuando le apetecían caramelos de menta.”
Este pequeno fragmento correspóndense co inicio do libro “Pippi Calzaslargas”,
escrito por Astrid Lindgren, a autora da que vamos a falar. Sen embargo, para
entender o seu modo de escribir e a súa perpectiva da infancia, gustaríanos
comentar, primeiramente, cales foron os
antecedentes literarios á súa escrita e como estes influíron na súas obras.
En primeiro
lugar, a literatura sueca anterior a esta autora, mantén unha clara vocación
pedagóxica e educativa, é dicir, estaba pensada para a aprendizaxe dos máis
pequenos. A tradición oral popular tamén estaba moi presente neste ámbito, por
medio de cancións antigas cuxo obxectivo fundamental era fomentar a imaxinación
e a fantasía dos nenos. Polo tanto, podemos dicir que se levaba a cabo unha
forte defensa polo nacional, a partir de libros que recollían a poesía e
cantigas popular. Un claro exemplo eran obras onde se destacaba a descrición de
paisaxes e ambientes suecos.
Por outro lado,
algúns escritores comezaron a facer ao neno protagonista da historia, despoxándoo
da súa condición de persoa manexable, para así pasar a tomar as súas propias
decisións. Dentro deste contexto os mestres tamén tiveron un papel primordial
ao difundir, dentro das súas posibilidades, libros cuxa principal innovación
era precisamente isto.
Estes
antecedentes serven como guía para entender que, despois da segunda guerra
mundial, a divulgación de libros fora totalmente plena, xa que a sociedade así
mesmo o requería. O mercado literario experimentou unha forte expansión,
aparecendo novos temas como a morte, o dor da guerra, as perdas...,
considerados ata este momento tabús, que pasan a formar parte da literatura
infantil. É dicir, supúxose que os nenos podían afrontar esta realidade dun
xeito adecuado e pensar en base a isto. Como consecuencia, produciuse a
creación dunha ampla rede de bibliotecas ao longo de todo o país, e a lectura
pasou a formar parte de todos os ámbitos da sociedade. Isto favoreceu unha
xeración de novos escritores de literatura infantil, entre os que destaca
Astrid Lindgren.
Astrid Anna Emilia Ericsson, máis coñecida como
Astrid Lindgren, naceu na granxa Näs ó sur de Suecia o 14 de novembro de 1907.
Foi a segunda filla de Samuel August Ericsson e Hanna Jonsson. Ela e os seus
tres irmáns tiveron unha infancia chea de protección e amor, feito que se
reflexa nas súas numerosas obras.
Rematou a súa escolaridade no ano 1923 con moi boas
notas e moito interese pola música e danza popular, e mais polo Jazz. O seu
apego a literatura e os problemas socias fixo que comezara a traballar, pouco
despois, no diario local da súa vila.
Dous anos despois,
trasladouse a Estocolmo, onde comezou a estudar taquigrafía e converteuse en
nai solteira os 18 anos. No 1931 casou con Sture Lindgren do cal recibiu o seu
apelido. Tres anos despois naceu a súa segunda filla Karin. Ésta, ós 7 anos,
sufriu unha neumonía e pediulle a súa nai que lle relatase as historias de
“Pippi Calzaslargas”. Para darlle vida ela baseouse na seguinte afirmación: “Cuando yo escribo mis libros no pienso en
ningún niño en concreto, pienso en mi niñez, y creo y cuento historias para la
pequeña Astrid, para la niña que fui una vez.”
Polo 10º cumpreanos da nena, Astrid Lindgren
escribiu todas esas historias para regalarllas. Unha vez escritas, no ano 1944,
enviou esas historias a unha editorial sueca a cal as rechazou. Pero a pesar disto,
en setembro obtivo un segundo premio, o cal a levaría a publicación do seu
primeiro libro “Cartas de Britta Mari”. Debido a isto decidiu revisar o
manuscrito de Pippi e presentalo a un concurso da mesma editorial,
Rabén&Sjögren, a cal decidiuse a publicar “Pippi Calzaslargas” en 1945.
Ademais recibiu dous
premios máis. Un foi o Premio Hans Christian Andersen en 1958. O outro foi o
Premio o Sustento Bien Ganado en 1994.
Astrid Lindgren morreu en Estocolmo o 28 de xaneiro
de 2002, ós 94 anos.
Bibliografía empregada:
Grupo 2:
Beatriz Grandío Mosteiro
Lara Lence Real
Alicia Martínez Rama
Cristina Mendoza Vázquez
Noelia Montecelos Madarro
Moi completa a entrada, mozas. Parabéns!
ResponderEliminar