venres, 7 de marzo de 2014

María Gripe.

A autora dos “Escaravellos voan a tardiña”, María Gripe nace na cidade sueca de Vaxholm no ano de 1923. Co paso dos anos casa con Harald Gripe, ilustrador de moitas das súas obras, e do cal adopta o seu apelido.

María Gripe, estudou filosofía e historia en Estolcomo. Cando rematou os seus estudos dedicouse a ensinanza. En moitas fontes de información atopadas falan de que  foi o seu marido quen a animou a crear os seus propios contos, pero en realidade non se sabe se isto é certo, xa que o papel  da muller na literatura estivo moi escurecido tradicionalmente. O principio as súas narracións eran de carácter tradicional, e baseabanse moito na literatura que  lía por aquel entón a súa filla. Pouco a pouco, as súas obras foron adquirindo un certo trasfondo social, nos que trata temas como a morte, a relixión, o mundo adulto, a autoestima, e a soidade.

As súas obras van dirixidas ao mundo emocional dos nenos, e xeralmente son os cativos os protagonistas das súas novelas, xa que teñen un valioso mundo interior e  non quedan indiferentes ante as diversas situación que se dan na vida diaria, senón que investigan e reflexionan ata que atopan unha resposta que os satisfaga.

Un claro exemplo disto, reflicteo a súa obra “Os escaravellos voan a tardiña”. Nela narra a aventura de tres nenos  que se ven involucrados sen querelo; no coidado das prantas dunha casa, una apaixoante historia de amor prohibido e unha misteriosa desaparición dunha estatua exipcia.

Esta historia de intriga, acción e amor ofrece aos lectores a oportunidade de somerxerse nun relato enigmático que ofrece a posibilidade de reflexionar sobre a vida, o amor e o valor da amizade, así como sentir o valor que demostraban os personaxes ao longo da historia.

Para rematar atopamos unha entrevista que a autora concedeu a un diario sueco onde afirmou o seguinte: “Hai que falar aos nenos, pois non teñen tanta dificultade como os adultos cren en atopar ideas e relacións por complicadas que sexan, pero antes deben estar expresadas na súa propia linguaxe infantil. Por desgraza isto é o que os adultos non saben”.

María Gripe, morreu no ano 2007 os 83 anos de idade deixando orfas as súas obras.

Ao longo da súa vida, recibiu numerosos premios polo seu traballo entre os que destacan o Premio Andersen e o Honnor Award dos Estados Unidos.

Fontes de información: 






Autoras: 
Lara Camiño Villar
Rebeca Capón Macía
Patricia Castro Patao
María Chouciño Reijía
Eva Fernández Campos

1 comentario:

  1. Teño unha dúbida, de que páxina tirastes a información de que lle fose concedido o Premio Nacional do Ministerio de Cultura de España? E outra cuestión, esquécesevos sinalar que recibiu o Premio Andersen, o chamado "Nobel" da LIX. Seguide "escaravellando" e moito ánimo...

    Montse Pena.

    ResponderEliminar