venres, 7 de marzo de 2014

Alice Vieira

Alice Vieira sinala nunha entrevista que “A literatura não muda coisa nenhuma. A literatura pode fazer de nós pessoas melhores – e isso é que é importante” (A literatura non cambia nada. A literatura pode facernos mellores persoas e iso é o importante).


Esta escritora e xornalista portuguesa nace en Lisboa no ano 1943, licenciase en filoloxía alemá, e no ano 1958 comeza a súa andaina no mundo do periodismo, dirixindo o Suplemento Xuvenil do Diario de Lisboa. Alice Vieira é coñecida principalmente pola súa obra dirixida a lectores infantís e xuvenís e está considerada unha das autoras máis importantes da literatura infantil e xuvenil portuguesa, polo que varias das súas obras foron editadas en galego ou castelán, e mesmo no estranxeiro en idiomas como o alemán, o francés ou o italiano.  
A súa literatura está ambientada no Portugal dos anos oitenta, coincidindo coa Revolución dos Caraveis (transición dun réxime ditatorial á III República, cuxas sinais de identidade foron a liberdade de expresión e pensamento). Nesta época a autora publica un gran número de obras,  as cales fan que reciba unha serie de galardóns. Un exemplo diso é o Premio de Literatura Infantil Ano internacional do Neno, que recibiu no 1979 pola súa obra Rosa, miña irmá Rosa. Do mesmo xeito, cómpre salientar o seu nomeamento por parte da Sección Portuguesa do IBBY (International Board on Books for Young People) para o premio literario internacional de maior relevancia  no eido da literatura infantil e xuvenil,  o Hans Christian Andersen.
Finalmente, engadimos un enlace dunha entrevista concedida pola autora para un concurso de creatividade nas escolas, na que nos permite coñecer un pouco máis o seu modo de traballar e de pensar: 
Webgrafía:
http://alicevieira.net/biografia/biografia.htm
http://www.esmoncao.nomundo.net/sites/esmoncao.nomundo.net/files/BIOGRAFIA%20ALICE%20VIEIRA_2.pdf
http://es.scribd.com/doc/70715658/Alice-Vieira-Biografia
https://www.youtube.com/watch?v=lI5PxVFh31M

Entrada realizada por:
González Fernández, Sonia
Tajes Fernández, Ángela
Val Leiro, Olaya

1 comentario:

  1. Moi interesante a entrevista e concisa mais moi correcta a entrada.
    Seguide así.

    Montse Pena.

    ResponderEliminar