venres, 21 de marzo de 2014

As nenas de O Refugallo

As personaxes femininas de O refugallo, dado que Paula é unha escritora do século XXI, teñen o mesmo protagonismo que as personaxes masculinas. No libro aparecen catro personaxes, dous nenos, Borboronte e Lustucrú, e dúas nenas, Isolda e Hipatia, o que transmite unha situación de igualdade e fai que exista un equilibrio na trama.

Neste libro tanto as nenas coma o nenos teñen o mesmo protagonismo, xa que se relacionan entre eles sen ningún tipo de diferenza. A autora dedica un capítulo a cada un deles, no que son os protagonistas principais cos seus obxectos correspondentes.

Aínda que o capitán do barco que constrúen é Lustucrú, xa que ten unha pata de pau, as que guían a viaxe, son as nenas. Hipatia co seu telescopio, facendo referencia á figura da verdadeira Hipatia, a primeira muller matemática da que hai constancia, que viviu en Grecia no s. V a.C.; e Isolda co seu libro de aventuras, decidindo o lugar ao que van.























Ao tratarse dunha obra escrita recentemente e ao ser unha escritora contemporánea, non apreciamos ningunha clase de estereotipos ou diferenza entre sexos.



Webgrafía



Laura Cabarcos Camba
María Carballo Pena
Mª Jesús García Montes
Jennifer Gómez López
Estefanía González Martínez


Ningún comentario:

Publicar un comentario