Unha vez lida a obra principal chegamos á conclusión de que presenza feminina aparece recollida dentro dun "todo" referíndose en cada aspecto ao ser humano de forma xeral. Evidenciando esta xeralidade, emprega o "nós" nalgúns dos seus poemas como no verbo Mirar o ceo:
O ceo aínda non ten dono
e sempre está con nós,
agarimándonos,
axexándonos,
desafiándonos a andar
por mil camiños imposibles. (p.37)
A única referencia á muller atopámola no poema Descubrir:
Aqueles primeiros devanceiros,
os que querían ser homes
e mulleres,
abandonaron o abrigo nocturno das súas covas [...] (p.24)
Nesta mención á muller, a autora non trata de resaltala por riba do home, senón que nomea ambos sexos como parte da sociedade. Cremos que con isto pretende que todos nos sintamos involucrados nos seus poemas, independentemente do noso xénero.
Por outra banda, a obra narrativa Traballo de Mago segue un fío argumental que mantén a estrutura de presentación, nó e desenlace propia deste tipo de xénero.
Neste libro, atopamos unha personaxe feminina que representa a inocencia da infancia, a través dunha nena moi sensible interesada en axudar á xente. Esta nena presenta un papel secundario no que vai en busca do mago, como a nena Dorothy do Mago de Oz, para pedirlle axuda na resolución do conflito que estaba a ter lugar na praza da cidade.
No transcurso da obra podemos ver a importancia deste personaxe, posto que actúa de mediadora tratando de axudar aos demais de forma altruísta, como no caso do mago incitándoo a abandonar a súa soidade.
Entrada realizada por:
Lorena Fernández Rodríguez
Natalia Sangil Regueiro
Lara María Silva García
Ana Varela Darriba
Ángeles Vázquez Coira
Ningún comentario:
Publicar un comentario