Escritora galega nada no ano 1964, na cidade de Vigo. É coñecida como An Alfaya malia que o seu nome é María dos Ánxeles Bernández. Diplomada en Maxisterio e en Criminoloxía, desempeña funcións laborais nesta última, dende 1990, tarefa que compaxina coa creacción literaria. Ademais, fixo a doblaxe dos cincuentas primeiros capítulos da serie de debuxos animados "os picapedra".
Dentro dos seus gustos pódese destacar o seu gusto pola fantasía que ela mesma ten confesado: "iso de deixar voar a imaxinación é un xogo que practico dende cativa"
Cómpre destacar que é cofundadora do Teatro Avento de Vigo, compañía á que estivo ligada durante anos.
Actualmente participa no curso de teatro que a mantén conectada a este campo creativo.
A súa traxectoria literaria foi recoñecida polo público e pola crítica, recibindo numerosos premios literarios entre os que destacan:
- Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1991, por "O maquinista Antón".
- Finalista premio Merlín 1994, por "Caderno Azul".
- Premio Asociación de Enfermos e Minusválidos de Barcelona de Contos 1993, por "Mi hijo tonto".
- Premio Merlín 1997, por "Folerpas".
Para rematar citamos unha frase, que nos pareceu interesante, da escritora: "Escribo para a infancia porque, en certo sentido, roubáronme a miña, e tamén o fago para os adultos, porque sempre me gustou soñar vida"
Enlace interesante sobre a autora:
http://www.galiciae.com/nova/1504.html
http://www.youtube.com/watch?v=zCnqeOWjwEc
Bibliografía empregada:
http://gl.wikipedia.org/wiki/An_Alfaya
http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100005464
Artigo : A fantasía como arma de Montse Pena Presas
Grupo composto por:
Noelia Rey Bello
Paula Roca Lema
Sandra Romero Pato
Natalia Sánchez Martínez
Sandra Verdes Pico
Moi ben, rapazas. En que curso de teatro participa a autora? Poderiades aclarar iso na entrada?
ResponderEliminarMontse Pena