INTRODUCCIÓN
Os hospitais e todo o relacionado con eles e algo que
polo xeral causa medo e incerteza nos nenos. Por este motivo decidimos levar a
cabo unha serie de actividades sobre os hospitais, co fin de achegar aos máis
pequenos a este mundo. Para iso
escollemos un fragmento da obra ¡A min
que me importa! de Concha Blanco, no cal se conta que unha nena vai o
médico cando se manca nunha man. Despois desta actividade, propoñerase elaborar
un recuncho do hospital, o cal equiparemos con bonecos, peluches, disfraces,
etc. A partir deste momento comezaremos a levar a cabo diversas actividades
como elaborar material médico, facer simulacros de curas, etc.
OBXECTIVOS
Coñecer e identificar os elementos
característicos dos médicos (bata, estetoscopio, etc).
Coñecer varios oficios relacionados
co hospital (recepcionistas, médicos, enfermeiros, etc).
Dramatizar as accións dunha consulta
médica no recuncho do hospital.
Expresar xestos das distintas
enfermidades.
Desenvolver unha actitude positiva cara
os hospitais e o seu persoal.
Desenvolver a motricidade fina.
Recoñecer e identificar as distintas
partes do corpo.
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
ACTIVIDADE 1:
Título: ¡Sonia tivo un accidente!
Desenvolvemento da actividade: Para espertar o interese dos nenos sobre os hospitais ímoslles
contar un fragmento do libro ¡A min que me importa! de Concha Blanco,
concretamente o capítulo “Sonia tivo un accidente”. Mentres se conta a historia
iranse creando os personaxes no encerado coas características que nos vaian dicindo
os nenos.
Materiais:
encerado, xices e o libro ¡A min que me importa!.
ACTIVIDADE 2:
Título: Visita Cruz Roja.
Desenvolvemento da actividade: Consideramos que sería interesante
para os nenos contar coa visita de persoas da Cruz Roja para que lles contasen
como son os hospitais e que instrumentos empregan os médicos.
Materiais: persoal e material sanitario.
ACTIVIDADE 3:
Título: ¡Convertémonos en médicos!
Desenvolvemento da actividade: Cada neno terá que facer un debuxo
do que máis lle chamou a atención dos obxectos mostrados pola Cruz Roja (medicinas,
xiringas, estetoscopios...), para logo pegalo nunha bolsa branca que xa tera os
recortes dos brazos e da cabeza feitos. Ademais os nenos farán dúas tarxetas
nunha poñerán “enfermeiro/a ....” e o nome de cada neno e noutra “doutor/a...”
e o nome de cada neno.
Unha vez feito o disfrace,
elaboraremos outros elementos característicos dun médico: maletín e
estetoscopio.
Para realizar o maletín, dobraremos á metade un anaco de cartolina negro de modo que deixemos unha pequena parte de base. Recortaremos as asas do maletín que sexan proporcionados coa bolsa de papel e pegarémolas no seu lugar. Gramparemos ou pegaremos os lados da bolsa pechada, pero deixando a parte superior aberta para que que os nenos poidan colocar os artigos no seu interior. Cortaremos unha cruz nunha cartolina vermella e pegarémola na parte dianteira da bolsa. Utilizando un lapis ou un xiz de cor branca, escribiremos o nome do neno.
Para realizar o maletín, dobraremos á metade un anaco de cartolina negro de modo que deixemos unha pequena parte de base. Recortaremos as asas do maletín que sexan proporcionados coa bolsa de papel e pegarémolas no seu lugar. Gramparemos ou pegaremos os lados da bolsa pechada, pero deixando a parte superior aberta para que que os nenos poidan colocar os artigos no seu interior. Cortaremos unha cruz nunha cartolina vermella e pegarémola na parte dianteira da bolsa. Utilizando un lapis ou un xiz de cor branca, escribiremos o nome do neno.
Por último, elaboraremos un estetoscopio. Para iso, empregaremos
un envase de iogur. Con témperas ou rotuladores decoraremos as cuncas e
deixarémolas secar antes de facer un burato na parte inferior. Pasaremos un
anaco de lá polo burato e faremos un nó
para que a cunca colgue dende o final. Recortaremos o centro dun prato de papel
para conseguir un anel. Cortaremos un lado do anel para poder abrilo e máis
tarde colocalo arredor do pescozo do neno. Faremos un burato no lado do anel
contrario ao corte. Pegaremos o extremo
sen nó dende o envase do iogur polo burato no aro do prato de papel e anoarémola
para que colgue a cunca.
Materiais: bolsas de plástico, pegamento, tesoiras, envase de iogur,
lá, pinturas, rotuladores e folios.
Unha vez que temos todos os
materiais nos distintos espazos do recuncho, véxase na imaxe 1, e os disfraces
feitos comezaremos a realizar actividades nas que predominará o xogo simbólico.
Imaxe 1. Plano do recuncho do hospital. |
ACTIVIDADE 4:
Título: ¡Xogamos aos recepcionistas!
Título: ¡Xogamos aos recepcionistas!
Desenvolvemento da actividade: Na sala de espera haberá dous recepcionistas que se encargarán de anotar o nome dos pacientes que van chegando e
de mandar pasar os pacientes á consulta.
ACTIVIDADE 5:
Título: ¡Vamos ao médico!
Desenvolvemento da actividade: Haberá un médico con un enfermeiro que
atenderá aos pacientes despois de pasar pola sala de espera. Estes medirán e
pesarán aos pacientes, logo anotarán os datos obtidos. Se o consideran
necesario farán unha receita copiando os nomes dos medicamentos.
Materiais: cadeiras, mesa, fichas e bolígrafos.
ACTIVIDADE 6:
Título: ¡Vamos á farmacia!
Desenvolvemento da actividade: os pacientes que necesitan
medicamentos dirixiranse a farmacia para compralos, ensinaranlles aos farmacéuticos
a receita que lle fixo o médico.
Materiais: medicinas, sillas e mesa.
ACTIVIDADE 7:
Título: ¡Os osiños enferman!
Desenvolvemento da actividade: Propoñeráselles aos nenos que traian
os seus osiños e bonecas a aula para poder curalos colocándolles vendas, gasas
e incluso facéndolles operacións.
Materiais: osiños, vendas, gasas, etc.
Materiais: osiños, vendas, gasas, etc.
ACTIVIDADE 8:
Título: O corpo de Xoán.
Desenvolvemento da actividade: Co fin de que os nenos coñezan
mellor o corpo humano elaboraremos unha lámina con dous bonecos. Un deles
estará composto pola cabeza, tronco, e
extremidades; mentres que no outro aparecerán algúns órganos como o cerebro, os
pulmóns, o corazón, o fígado, o estómago ou o intestino. Os nenos deberán
colocar cada parte no lugar que corresponda co fin de que compoñan a “Xoán”
correctamente.
Esta lámina estará no recuncho do hospital para que os nenos poidan consultar sempre que teñan algunha dúbida ou para xogar con ela libremente nos tempos oportunos.
Esta lámina estará no recuncho do hospital para que os nenos poidan consultar sempre que teñan algunha dúbida ou para xogar con ela libremente nos tempos oportunos.
SÍNTESE
¡A min que me importa! está dirixido a nenos a partir de
nove anos pero poderíase utilizar en infantil realizando adaptacións, como no
caso mencionado anteriormente. As temáticas deste libro son variadas (familias,
accidentes, nacementos, cometas, etc) polo que se podería empregar para
introducir diversos temas sobre os que os nenos teñen moita curiosidade.
En canto a proposta didáctica,
consideramos que o tema dos hospitais sería interesante para levar a cabo nunha
aula porque lles axudaría a perder o medo a estes espazos e ao seu persoal, ao
mesmo tempo que se divertirían representando os distintos oficios e elaborando
os elementos que empregan os médicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario