Entrevista con Ledicia Costas. Creación Propia. |
Moi boas blogueiros!
Fai uns días anunciamos no Twitter que íamos
publicar unha entrevista no blog sobre Ledicia Costas e...O prometido é débeda!
Nesta entrada teremos o enorme pracer de compartir convosco a entrevista que
tivemos o luxo de realizar na Fonsagrada.
A primeira entrevista foi feita a Ledicia
Costas no IES Fontem Albei, a cal falounos sobre as súas obras, inspiracións e
incluso deunos o seu punto de vista como mestra para escoller libros para os
máis pequenos. Queredes vela?
Tamén puidemos
entrevistar aos alumnos e alumnas do colexio CEIP Sta María da Fonsagrada de 6º
curso, os cales nos deron a súa opinión sobre a lectura de libros obrigatorios
na escola, ideas para mellorar a motivación lectora nas aulas e incluso a súa
opinión sobre "Escarlatina, a cociñeira defunta". Unha verdadeira
mágoa non poder compartila convosco! Pero é comprensible xa que son menores de
idade, polo que quedou para un uso exclusivo persoal.
Finalmente
gustaríanos dar as grazas a Ledicia Costas, Teresa Fernández e os seus alumnos
de 6º curso, Patricia Muñoz, Manolo "Xerais", IES Fontem Albei e o
CEIP Sta María da Fonsagrada. Esta fermosa experiencia non se podería levar a cabo
sen a axuda de todos eles!
Por outra banda,
presentámosvos o póster literario que fixemos para expoñer o traballo de
Ledicia Costas. Fixémolo interactivo, con solapas. Podédelo ver máis grande no
noso twitter @EscarlatiNube ou pinchando en cada imaxe!
Esperamos que vos guste!
Póster Literario. Creación Propia. |
Póster Literario. Creación Propia. |
Póster Literario. Creación Propia. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario