Bibliografía
Na bibliografía desta
autora, só podemos atopar dous libros escritos en galego, os cales pertencen a
saga dos Mumis, un dos cales será no que centremos a nosa investigación, e o outro lerémolo para poder facer unha comparación. Tamén
podemos atopar máis libros dela en castelán, pero non toda a súa bibliografía,
xa que a gran maioría está escrita en sueco e non foi traducida.
Comezaremos expoñendo os
libros que están escritos en galego, e posteriormente os de castelán.
- Libros en galego:
A chegada do cometa. Moisés Barcia (trad.). Cangas do Morrazo: Sushi books. 2014. Orixinal en
Sueco, ano de publicación 1946.
O sombreiro do mago. Moisés Barcia (trad.). Cangas do Morrazo: Sushi books. 2014. Orixinal en
Sueco,ano de publicación 1948.
- Libros en castelán:
La familia Mumin. María Luisa Borrás (trad.). Barcelona: Noguer e
Caralt Editores. 1966. Orixinal en Sueco, ano de publicación 1948.
La familia Mumin en invierno. Manuel
Bartolomé (trad.). Barcelona, Noguer e Caralt editores. 1968. Orixinal en
Sueco, ano de publicación 1957.
Memorias de Papá Mumin. Leopoldo Rodríguez Regueira (trad.). Madrid, Editorial
Alfaguara. 1982. Orixinal en Sueco, ano de publicación 1950.
Una noche de San Juan bastante loca. Leopoldo Rodríguez Regueira (trad.). Madrid, Editorial
Alfaguara, 1982. Orixinal en Sueco, ano de publicación 1954.
La niña invisible. Leopoldo Rodríguez Regueira (trad.). Madrid Editorial Alfaguara, 1982.
Orixinal en Sueco, ano de publicación 1962.
Outros libros
Posteriormente
á saga dos Mumin, Tove Jansson escribiu varias novelas e relatos breves, algúns
destinados principalmente aos adultos e outros que deixan de lado os
temas típicos e convencionais. Solstaden (1974), publicada e traducida ao
inglés baixo o título Sun City (Pantheon Books, 1976); Der ärliga bedragaren (
El estafador honesto, 1982) xunto coa súa novela Sommarboken ( El libro del
verano, 1972) tocan temas relacionadas coa vellez. Rent spel (Juego limpio,
1989) é un relato autobiográfico breve sobre a amizade entre dous artistas
plásticas. Lyssnerskan (La oyente, 1971); Dockskåpet och andra berättelser
(Casa de muñecas y otras historias, 1978); Resa med lätt bagage (Un viaje
ligero de equipaje, 1987) e Brev från Klara onch andra berättelser (Cartas de
Clara y otras historias, 1991), recopilan outra serie de contos curtos da
autora nos que profundiza sobre a vida dos artistas, os ancians, as mulleres e
os nenos.
Heteroxeneidade e
homoxeneidade
A
continuación expoñemos as semellanzas e diferenzas entre as obras publicadas
pola autora.
En
canto ás semellanzas podemos destacar que moitas das obras tratan sobre a
familia Mumin, ademais os xéneros máis recorrentes durante a súa traxectoria
son de aventuras, catástrofes e despedidas. É importante sinalar que a autora
escribe en relación a época na que vive, no seu contexto social (Segunda Guerra
Mundial) .
Por
outro lado, as diferenzas que nos atopamos, son que a autora a pesar de que
escribe as obras arredor dun bloque principal, que son os Mumin, hai algunhas
variables, como por exemplo; que os personaxes se desenvolven en temas
diferentes entre si.
Nun
comezo, Tove Jansson era unha ilustradora e historietista que se dedicaba a
satirizar a sociedade, isto ía dirixido ao público adulto. Máis adiante, comeza
a escribir literatura infantil coa súa saga dos Mumin. Nestas obras non critica
a sociedade, pero si son obras encadradas nesa época.
Referencias bibliográficas e
webgrafías
http://www.librerialuces.com/blog/los-mumin-y-el-mundo-de-tove-jansson/
http://docsetools.com/articulos-informativos/article_64286.html
http://www.imaginaria.com.ar/05/8/jansson1.htm#2
http://docsetools.com/articulos-informativos/article_64286.html
http://www.biginfinland.com/tove-jansson/
Integrantes do grupo:
Ruth Camino González
Mar Gómez González
Miriam Lombao González
Laura López Torres
Ana Vidal Vidal
Ningún comentario:
Publicar un comentario