xoves, 16 de abril de 2015

Tove Jansson

       

Biografía e contexto social
            
http://en.wikipedia.org/wiki/Tove_Jansson
       
         Tove Jansson Marika naceu o 9 de agosto de 1914, en Helsinki, Finlandia. Jansson foi unha novelista sueca, ademais de ser pintora, ilustradora e autora de cómic. Foi unha das escritoras máis importantes da literatura infantil do século XX, chegando a gañar o Premio Hans Christian Andersen no 1966.
           



            A autora provén dunha familia de artistas, de pai escultor e nai deseñadora gráfica, polo tanto, criouse nun ambiente pouco convencional. Isto serviríalle máis adiante de inspiración para a súa carreira como artista, así pois, estudou na Universidade e en Escolas de Arte e Deseño de Estocolmo, Helsinki e París.

            Durante os anos 30, fixo varias viaxes a diferentes países europeos, e alí escribiu e ilustrou contos e artigos que foron publicados en revistas, xornais, e diarios curtos.

            Como mencionamos, Tove Jansson tamén traballou como ilustradora e caricatuista. Ela facía entradas satíricas en diferentes revistas, chegando a crear e debuxar a Adolf Hitler como un bebé chorando en cueiros, rodeado de líderes europeos que trataban de calmalo con biscoito.

            Jansson mostra varias obras de arte nas exposicións durante a década de 1930 e principios de 1940. Ademais, creou murais e obras públicas durante a súa carreira.

            Tamén aficionada ao teatro, algunhas das súas obras como por exemplo “A chegada do cometa” foron representadas teatralmente, participando en moitas delas.

Máis adiante coa depresión da Segunda Guerra Mundial, Jansson decidiu crear unha obra que fora inxenua e inocente. Isto deu lugar a que escribise e ilustrase o seu primeiro libro dos Mumin, uns personaxes que formaron parte de moitos como: “A chegada do cometa”, “A familia Mumin”, etc. Os críticos asocian os personaxes, con persoas da vida real, especialmente coa familia da autora. Con estas historias, Jansson saltou á fama, converténdose nunha das autoras máis lidas de Finlandia no estranxeiro.
http://www.brainpickings.org/2014/03/26/tove-janssen-moomin-mymble-little-my/ 

          Posteriormente, deixou de escribir sobre os Mumin e comezou a escribir para adultos. O libro “O verán”, é a súa obra máis coñecida de ficción para adultos.

         Na seguinte entrada publicaremos a bibliografía da autora, a heteroxeneidade e homoxeneidade das súas obras, e as referencias bibliográficas/ webgrafías.




Integrantes do grupo:
Ruth Camino González
Mar Gómez González
Miriam Lombao González
Laura López Torres
Ana Vidal Vidal

Ningún comentario:

Publicar un comentario