Imaxe 1: A escritora viguesa Ledicia Costas. Adaptada de: Eli Regueira en www.farodevigo.es |
Ledicia Costas, nacida en Vigo no ano 1979 recoñece que escribe dende que ten memoria. A súa primeira obra foi con Fóra de Xogo coa novela Unha estrela no vento no ano 1999. Así mesmo, forma parte do colectivo “Poetas da Hostia” con sede en Santiago co obxectivo de ler poesía en calquera parte, xa sexa na rúa, bares, tendas…
Imaxe 2: Premios outorgados a Ledicia Costas. Creación propia. |
Como sinala Ledicia Costas no blog As escollas
electivas (2012) a día de hoxe forma parte da directiva de Gálix
(Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), subraiando: "son
avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo
novela, que é a miña verdadeira paixón”.
Respecto á súa andaina bibliográfica, Ledicia Costas
comeza cun volume colectivo titulado Narradoras
que se publica o mesmo ano 2000 que a súa primeira obra infantil-xuvenil: Unha
estrela no vento (1999), onde se abordan temas propios da adolescencia dun
rapaz galego de dezasete anos.
Imaxe 3: Portada do libro Unha estrela no vento. Creación propia |
Desexara tantas veces dicirlles que me deixaran en paz, que non os necesitaba absolutamente para nada. Pero eu sabía mellor ca ninguén que aquilo non era certo. Quería da-la impresión de que podía comelo mundo soamente con pensalo, pero a triste e agobiante realidade revelábame que nin sequera sería quen de mitular unha Barbie. O que si tiña claro é que eu sobraba, que estaba de máis no medio de toda a maldita xente que non podía comprende-lo que pasaba pola miña cabeza. Intentaba falar deses temas cos meus amigos, pero para eles eu era alguén que simplemente desexaba estar á marxe de todo e de todos (Costas, 1999).
Posteriormente abunda nesta temática ao escribir O
Corazón de Xúpiter (2012), aínda que neste caso a protagonista é unha
rapaza e hai unha maior dose de misterio e intriga.
Imaxe 4. Portada do libro O corazón de Xúpiter. Montaxe propio |
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun
novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a
través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da
tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía
nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber
moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan
unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do
ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía,
a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de
San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da
súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a
piques de cambiar para sempre (Costas, 2012).
Entre
medias publica un libro de poesía intimista con temática relacionada coa morte
titulado Xardín de inverno (2012).
Imaxe 5: Portada do libro Xardín de inverno. Montaxe propio. |
Esta nace do drama da morte. A partir da perda,
empréndese un intenso percorrido por distintos escenarios cargados de símbolos.
É unha viaxe introspectiva cara ao lugar máis puro e máis desolador: o propio
eu. Como superar a dor da ausencia? A obra vai tecendo os fíos necesarios para
soster a alma cando está a piques de se precipitar ao baleiro máis absoluto.
Xardín de Inverno é un canto ao recordo, á permanencia dos seres queridos máis
alá da morte (Costas, 2012).
E, xa ultimamente publica dúas obras de temática oposta...
Por unha banda está Recinto Gris (2014), onde se describe un futuro máis ou menos próximo onde se deseña unha sociedade ao gusto dos poderosos eliminando a quen non se adapta. En palabras da propia Ledicia Costas: “Recinto Gris, unha distopía con moitos elementos en común co holocausto nazi”.
Polo tanto, esta obra ten un poderoso trasfondo. Somérxenos nun antes coñecido, que se pode converter nun perigoso despois senón nos damos conta a tempo, se non nos paramos a pensar na actualidade que está acontecendo (exceso de poder, por exemplo). Hai que facerse cas persoas que teñan características peculiares para levalas a Recinto Gris e illalas do resto da humanidade. Para o exército dos lobos só somos números, róubannos o nome, a nosa propia identidade.
Valores como a posta en valor da diferenza, a solidariedade, a distopía dunha sociedade deshumanizada, a curiosidade polo saber, a colaboración, a utopía e a violencia e o ser humano mergúllanse neste fermoso libro que non te deixará indiferente.
Ademais, esta novela acaba de ser escollida para formar parte da colección dos mellores libros do mundo para os rapaces e rapazas con discapacidade dentro da IBBY Collection 2015 Collection of Books for Young People with Disabilities. Sin dúbida, unha boa noticia para un libro e unha escritora con tanto mérito.
Imaxe 6: Portada do libro Recinto Gris. Creación propia |
Tras un día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala (Costas,2014).
E por outra banda, publica a multipremiada Escarlatina,
a cociñeira defunta (2014), onde se conta a historia dun rapaz que
quere aprender a cociñar, polo que o día do seu aniversario recibe un gran
presente de seus pais: un aparente curso de cociña ou, mellor dito, unha peculiar
cociñeira morta dende o século XIX.
Neste libro, que ten por igual partes de humor macabro e
receitas de cociña, semella que Ledicia Costas atopou o seu sitio como
narradora e entre o público infantil e xuvenil, poñendo un pouco máis de humor
que nas súas obras precedentes e atopando unha temática onde lector e escritora
se sinten cómodos.
Como ben di nunha entrevista da Televisión de Galicia (TVG), ao ler o libro podémonos dar conta de que trata a morte “dunha maneira canalla”. Adiántanos que “moitas das receitas que saen, son difíciles e precisan traballo en equipo” e que é o que busca. Así mesmo, opina que “hai que escribir cunha linguaxe próxima para os nenos” e así o deixa ben claro ca súa exitosa obra.
Imaxe 7: Portada do libro Escarlatina, a cociñeira defunta. Creación propia. |
Como Román Casas quería ser un auténtico chef. Pediulle
aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co
Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un
mega-susto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro
onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida
no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con
acento francés.
A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato
Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de
Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus
terroríficos esbirros (Costas, 2014).
Paralelamente á súa traxectoria individual, Ledica
publica libros en compaña do catalán Pere Tobaruela co nome conxunto de
Pereledi. Publican volumes como Desaparizión (2011), Mortos de Ningures(2011), Letras de Xeo (2012) e Ouro Negro (2013).
Imaxe 8: Portada do libro Desaparizión. Creación propia. |
O Ke esfumouse e ninguén sabe do seu paradoiro. Algunha
letra máis correrá a mesma sorte? E se chegan a desaparecer todas? Abecedaria
está en perigo. O máis experimentado e desleixado policía de Abecedaria, o
detective Peirot, recibe unha orde prioritaria: remexer onde faga falta. El é
un tipo peculiar que sempre garda un ás na manga. E, ao seu xeito, intentará
desenfiar este enigmático caso. O futuro de Abecedaria está nas súas mans (Costas,2011).
Imaxe 9: Portada do libro Mortos de ningures. Creación propia |
O sangue é vermello? Ata a aparición daquel cadáver a
inspectora Nola sempre pensou que si. Na última semana, en Todures apareceron
mortos seis inmigrantes procedentes de Ningures. A inspectora Nola amólalle non
dar contestado os interrogantes. Por iso se fixo investigadora: para non deixar
ningunha pregunta voando no aire. En Mortos de Ningures, coa axuda do seu
inseparable gato Lolo, Nola porá toda a súa vontade en resolver o enigmático
caso. Ás veces, malia os esforzos, malia o empeño, algúns casos non se dan
resolto (Costas, 2011).
Imaxe 10: Portada do libro Letras de xeo. Creación propia. |
Unha noite de tronos e de lóstregos, Lois, o fillo do
conserxe do CEIP do Piñeiro, atopa cinco letras que semellan de xeo e coas que
só se pode formar una palabra con sentido: “Crime”. Velaquí o principio dun
asunto que, co paso dos días, acadará dimensións insospeitadas e certamente
incribles, ás que Lois se terá que enfrontar coa axuda de Xela, unha compañeira
de escola; e mais a señora Matilde, unha policía nada común que a Lois lle
lembra a súa avoa (Costas, 2012).
Imaxe 11: Portada do libro Ouro Negro. Creación propia. |
A inspectora Nola acaba de recibir no seu móbil unha
inquietante mensaxe. Mal empezan as súas vacacións. Está no aeroporto de
Algures, esa fermosa illa á que viaxou coa súa familia para pasar uns días de
descanso todos xuntos. E, de súpeto, chega esa mensaxe e todo se torce. Por que
secuestraron os seus? Quen pode estar detrás de todo isto? Nola, muller afouta
e incansable, non parará ata descubrir onde está a súa familia. Coa axuda do
valente gato Lolo, percorrerá a illa de Algures nunha trepidante busca chea de
enredos, atrancos e sorpresas. Porque a vida só ten un sentido cando sabes que
as persoas que queres están a salvo (Costas, 2013).
E a todo esto, por que Ledicia Costas comezou a escribir?
Que foi o que a motivou a elo?
Vídeo de Ledicia Costas publicado no centro de documentaciónda AELG e en Youtube.
Finalmente, no referente ao contexto social da escrita,
podemos situar a Ledicia Costas na literatura infanto-xuvenil e na poesía:
“(…) Aquela obsesión naceu nos noventa. Un verso por cada mal paso. Un poema por cada ferida. Vendas de palabras para amortecer as caídas ao baleiro. Poesía calmante.
Anos despois, os acantilados rebordaban cadernos escritos a man. Imaxes dunha biografía marxinal escalando as paredes con patas de animal ferido. E alumeando toda a escuridade, a luz ámbar de toda a poesía.”
Na mesma liña, para poder entender ben este punto: cales son os referentes, as lecturas, que alimentan a súa obra e que circunstancias biográficas llas facilitaron? Explícanolo moi ben Ledicia Costas no seguinte vídeo:
Pois ben, como nos conta a escritora, son fonte de
inspiración as películas de Yamauchi Miyazaki e outros libros como Michel Lende
ou Sara Amago, entre outros; películas e lecturas que lle cambiaron a vida pero
que non alimentan directamente a súa obra cousa pero que en cambio si o fan as
persoas do seu barrio. Así, podemos adiviñar rasgos característicos do seu
propio avó, como o feito de coleccionar por exemplo, o cal se ven plasmado na
figura do avó da protagonista de Recinto Gris.
Ademais, o contexto actual no que vivimos fai
que esta autora necesite plasmar historias, moitas delas con denuncia social
facendo unha chamada á humanidade e respostando ás carencias nas que se atopa a tan “avanzada” sociedade
do s. XXI. Falar de temas tabú como a morte, o holocausto nazi e as capacidades
diferentes ou en sí, falar das persoas que son peculiares, propias dunha novela
que, como ela nos di, no barrio de onde ela é hai xente así, son cousas que a
ela lle interesa contar nos seus libros. Cousas das que non se lles fala aos
nenos e que tan importantes son para eles; cousas que lles chama a atención e
necesitan saber; é máis, teñen o dereito a sabelas, do mesmo xeito ca nós e
quizais a través dos seus libros as coñezan ou canto menos desperte neles a
curiosidade por saber máis, por cuestionarse, por preguntar á xente que os
rodea, iniciando así un tema de conversación que aos maiores lles resulta difícil
de falar.
En definitiva, vivimos nun contexto de inxustizas, de desigualdade social; un contexto no que na
escola non se prima a lectura, os valores ou a imaxinación e do que a autora
toma partido e denuncia nas súas obras a través de personaxes que a todos nos
resultan familiares, que todos coñecemos, xa que moitos deles forman parte da vida real e
podemos ser calquera de nós.
Para rematar, gustaríanos facerlle unha pequena homenaxe
aos nenos e nenas a través das verbas de Ledicia Costas na entrevista de Pérez
de la Hoyica. Á pregunta: “todos os
nenos collen nun conto?” Costas resposta:
E... se queres manterte ao tanto de calquera
nova relacionada con Ledicia Costas síguenos no twitter!
teclea @EscarlatiNube ou
pìncha imaxe inferior.
Agardámoste!
Imaxe 14: Twitter |
Páxinas web consultadas
As escollas electivas. (2012) Ledicia Costas. Recuperado
o 8 de abril, 2015 de: http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/05/22/ledicia-costas/
Centro de documentación da AELG. (http://www.aelg.org/Centrodoc/GetMediaLibraryByAuthor.do?authorId=autor356)
. Nesta web podemos atopar unha videoteca de Ledicia Costas, na cal consultamos
os seguinte vídeos:
-
Costas, L. (2008). Por que comecei a escribir? . Recuperado
o 10 de abril, 2015 de: http://www.aelg.org/Centrodoc/ShowMediaLibraryVideo.do?id=261
- Costas, L. (2013).Cales son os referentes, as
lecturas, que alimentan a túa obra e que circunstancias biográficas chas
facilitaron? . Recuperado o 10 de abril, 2015 de: http://www.aelg.org/Centrodoc/ShowMediaLibraryVideo.do?id=1859
Criaturas. Revista
dixital de literatura infantil e xuvenil. Recuperado o 8 de abril, 2015
de http://www.criaturas.gal
Galipedia. (n.d.). Ledicia Costas. Recuperado o 8 de abril, 2015 de http://gl.wikipedia.org/wiki/Ledicia_Costas
Méndez,
C. Letras suculentas para papar no Alén e no Aquén. Recuperado o 8 de abril, 2015 de: http://www.criaturas.gal/critica-de-escarlatina-a-cocineira-defunta-de-ledicia-costas-en-edicions-xerais/
Pérez de la Hoyica, M. D.
(Entrevista a Ledicia Costas). Cuentos
con Ledicia Costas. Recuperado o 10 de abril, 2015: http://www.culturamas.es/blog/2014/08/04/cuentos-con-ledicia-costas/
TVG. (2014). Ledicia Costas, autora de
"Escarlatina, a cociñeira defunta", premio Merlín de Literatura. [Vídeo].
Recuperado o 8 de abril, 2015 de: http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/ledicia-costas-autora-de-escarlatina-a-cocineira-defunta-premio-merlin-de-literatura
Varela, L. (2014). Recuperado o 8 de abril, 2015 de: http://www.farodevigo.es/suscriptor/faro-cultura/2014/10/30/ledicia-costas-son-unha-escritora/1121806.html
Xerais. Unha estrela no vento. http://www.barcanova.es/catalogos/proyectos_lectura/XG00011601_1.pdf
Xerais. Unha estrela no vento. http://www.barcanova.es/catalogos/proyectos_lectura/XG00011601_1.pdf
Xerais.
"Recinto Gris", de Ledicia Costas, escollida para formar parte dos
mellores libros do mundo para rapares e rapazas con discapacidade. Recuperado o
17 de abril, 2015 de: http://blog.xerais.es/2015/recinto-gris-de-ledicia-costas-escollida-para-formar-parte-dos-mellores-libros-do-mundo-para-rapaces-e-rapazas-con-discapacidade/
Galipedia. (2015). Ledicia Costas. Recuperado o
17 de abril, 2015 de: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ledicia_Costas&veaction=edit&vesection=4
Bibliografía
Costas, L. (2012). O corazón de Xúpiter. Vigo: Editorial Xerais.
Costas, L. (2012). Xardín de inverno. León: Editorial Everest Galicia.
Costas, L. (2014). Recinto Gris. Vigo: Editorial Xerais.
Costas, L. (2014). Escarlatina, a cociñeira defunta. Vigo: Editorial Xerais
Obras con Pere Tobaruela:
Pereledi. (2011). Desaparizión. A Coruña: Everest Galicia. Publicada tamén en catalán no 2011, na editorial Cadí.
Pereledi. (2011). Mortos de Ningures. A Coruña: Everest Galicia.
Pereledi. (2012). Letras de xeo. A Coruña: Everest Galicia.
Pereledi. (2013). Ouro Negro. A Coruña: Everest Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario