Os irmáns Corazón de León
Autora:
Astrid Lindgren
Ilustracións:
María Lires
Editorial:
Xerais
Ano de
edición: 2003
En primeiro lugar, gustaríanos facer un pequeno resumo da obra para facilitar a comprensión da mesma.
O relato fálanos de dous irmáns, Ionatán e Karlos, este último profundamente enfermo, a piques de morrer e que debido a súa doenza, debe pasar moitas horas deitado na cama. O seu irmán vive esta situación en primeira persoa, é dicir, axúdao, anímao e cóntanlle contos para que se poida evadir da súa complicada realidade. Polo tanto e aínda que é cruel afirmar isto, ambos son conscientes de quen morrerá primeiro.
Sen embargo, o relato da un xiro dramático e finalmente o primeiro que falece é Ionatán cando trata de salvar ao seu irmán dun incendio que se inicia na súa vivenda. Ao pouco tempo, Karlos tamén morre e ambos se atopan en Nanguillala, un mundo onde se acollen aos desaparecidos e onde non hai tristeza nin sufrimento, é dicir, un paraíso afastado da realidade cotiá dos pequenos. Alí viven numerosas aventuras entre as que destacan o rescate dun pobo que vive baixo a ditadura dun ser desprezable ou a loita que manteñen contra un dragón.
Na nosa
opinión, o libro é moi interesante, xa que serve e é moi útil para que os máis
cativos afronten a morte dende outra perspectiva e a vexan como un acto
totalmente natural. No caso de que un neno sufra a perda dun familiar ou
achegado, esta é unha boa obra para que poida afrontar esta situación dun xeito
máis ameno. Pola contra, se isto non sucede, esta tamén é unha boa lectura para
que, nun futuro, a morte se vexa dende outra perspectiva non tan negativa.
Finalmente, engadir que este é un libro que engancha ao lector e fai que se viva a historia en primeira persoa, incitando á reflexión de certos aspectos e actos da vida.
Finalmente, engadir que este é un libro que engancha ao lector e fai que se viva a historia en primeira persoa, incitando á reflexión de certos aspectos e actos da vida.
Rasmus y el vagabundo
Autora:
Astrid Lindgren
Ilustracións:
Máximo
Editorial:
Doncel
Ano de
edición: 1969
A continuación, o resumo desta segunda obra de Astrid Lindgren que volve ter á infancia como protagonista principal.
Rasmus é un
cativo que vive nun hospicio e cuxa única ilusión e que unha familia o acolla e
lle de o cariño que tanto necesita. Sen embargo, e tras un desafortunado enfrontamento con Poiana, a directora do lugar, decide escaparse en busca da
tan desexada familia. No camiño atópase con Óscar, un vagabundo co que vive numerosas
e interesantes aventuras, considerado un ser desprezable pola súa situación e oficio.
Como na obra anterior, a historia tamén cambia a medida que se van lendo as súas páxinas e, finalmente, descóbrese que Óscar non é quen parece, xa
que está casado e ten un fermoso fogar. E para alegría de Rasmus, tanto el como a súa muller, o acollen na súa agarimosa vivenda , ofrecéndolle a tan desexada familia que él con tanto fervor precisaba.
En canto ao noso punto de vista da obra, este é un relato
que transmite moitos e valiosos valores, como poden ser o non xulgar ás persoas
pola súa aparencia, a amizade e, sobre todo, o cariño que todos necesitamos ao londo da nosa vida. Óscar non era precisamente unha persoa amorosa e que demostrase a primeira vista unha simpatía desbordante coas persoas, pero Rasmus soupo ver que detrás de toda esa coraza que él se construira tras anos de vagabundeo, había unha persoa noble e coidadosa que respectaba aos demais.
Por outra parte, outro valor que se destaca desta lectura é que a típica familia, formada por pai, nai e fillos, non ten porque ser a ideal ou necesaria e que existen outro tipo de núcleos familiares, quizais non tan perfectos, que fan que un cativo se cree con suficiente amor e bondad.
Por outra parte, outro valor que se destaca desta lectura é que a típica familia, formada por pai, nai e fillos, non ten porque ser a ideal ou necesaria e que existen outro tipo de núcleos familiares, quizais non tan perfectos, que fan que un cativo se cree con suficiente amor e bondad.
Para rematar, en canto á lectura,
aínda que a historia comeza a ser monótona e triste, a trama engancha ao lector
pouco a pouco e pode chegar a ser unha obra realmente atraínte para todos os
públicos.
O máis destacado da escrita de Lindgren, na nosa opinión, son os xiros inesperados que fai ás historias porque finalmente, Pippi atópase co seu pai que estaba “desaparecido”; os irmáns Ionatán e Karlos falecen os dous, en vez de soamente o enfermo; e Óscar, o vagabundo, non é quen parece. Polo tanto, basádonos nestas obras, consideramos que o éxito da autora sueca, en gran medida, se debe a este aspecto e máis á innovación que fixo da infancia.
Para rematar, podemos engadir que Lindgren trata temas sociais duros e pouco documentados ou incluso tabús, e que nos parece interesante que existan lecturas con esta temática, xa que é acercar aos máis pequenos e á sociedade en xeral, aspectos non tan positivos da mesma.
Grupo 2:
Beatriz Grandío Mosteiro
Lara Lence Real
Alicia Martínez Rama
Cristina Mendoza Vázquez
Noelia Montecelos Madarro
Ningún comentario:
Publicar un comentario