Antes de
comezar a comparar cómpre analizar de forma xeral a obra para logo, posteriormente,
facer a comparación ca obra principal analizada: ¡Sireno, sireno!
Esta segunda
obra de An Alfaya chámase “A sombra
descalza” narra a historia datada no tempo despois da Guerra Civil, polo
que, se a puideramos resumir nunha soa frase diriamos que reflicte claramente
que non todo é o que aparenta.
A obra trata
dunha familia que vive somerxida nun mundo de silencios, segredos, verdades
ocultas e medos, polo que, a protagonista, “Elsa”, decide investigar sobre o
pasado da súa familia e darlle respostas ás súas dúbidas. Finalmente, descobre o inxusta que foi a morte da súa tía
avoa Sagrario, que morre tras vivir encerrada na casa durante anos, por mor da
vinganza da súa irmá Amadora. Así mesmo, averigua que a
súa tía casou mediante un pacto entre a súa familia e Vieito, un home con alto
poder adquisitivo que lles ía axudar a non caer na quebra.
Unha vez
aclarado isto, podemos dicir que os temas que abordan este libro son o trato,
que por aquel entón, recibía a muller por parte dos homes. É dicir, tiñan que
estar sempre á súa disposición e adicarse ás tarefas da casa, non podendo nunca
saír sen o permiso dos mesmos. Isto sucede con todas as mulleres que están
presentes neste libro, onde as súas voces non son tidas en conta ata que “Elsa”
se fai escoitar.
Outra idea que
nos transmite este libro son os amores imposibles (por parte de Sagrario e
Florinda), que naquela época era moi común sufrir, xa que eran as familias as
que facían xuntamentos dos seus fillos con persoas que para eles eran as
mellores, sen ter en conta a súa opinión nin os seus sentimentos.
Tamén se
aborda, moi polo miúdo o tema da morte, típico destes tempos. Antes tratábase
dun xeito distinto á actualidade, pois tiñas que gardar loito durante un ano,
malia que había mulleres que o adoitaban facer toda a vida, sobre todo polo que
dirán. E agora é máis común que non pensemos na opinión dos demais tendo así
unha mentalidade máis aberta. Este aspecto pódese ver reflectido na trama do
libro.
Dito isto, se
temos que dicir que hai un tema común nas dúas obras, sería o da morte, que no
caso de ¡Sireno, Sireno! é o
principal e no caso de A sombra descalza
é secundario.
En ámbalas
dúas trátase de forma distinta, no primeiro caso enfócase de xeito positivo,
onde as persoas buscan vías de escape e intentan saír cara adiante. Pola
contra, no segundo caso, abórdase dende unha perspectiva negativa onde a xente
se afunde na tristeza e se queda amarrada ao pasado.
Con respecto
ao tratamento das obras no caso do¡Sireno, Sireno! é unha historia enfocada dende o onírico e
atractivo, e no caso de "A sombra descalza" abórdase dende unha perspectiva máis
dura e triste típica desa época.
Algo concreto
propio da autora é esa constante trama de intrigas que nas dúas obras se pode
ver, xa que, as dúas nos engancharon dende o primeiro momento de comezar a ler
as primeiras páxinas.
Así pois,
logo de ler ámbalas dúas e de analizalas, decantámonos por¡Sireno, Sireno!xa
que é moito máis amena e atractiva para traballar cos nenos e, sobre todo, para
abordar este tema tan duro como é a morte.
O segundo
libro ofrécenos sempre sucesos negativos e tristes e, nembargantes, no primeiro
estes vense contrapostos cos positivos.
En
definitiva, se tiveramos que escoller un dos libros, optariamos polo primeiro
xa que,é moito máis adecuado para a nosa etapa e máis sinxelo de adaptar.
Grupo composto por:
Noelia Rey Bello
Paula Roca Lema
Sandra Romero Pato
Natalia Sánchez Martínez
Sandra Verdes Pico
O noso twitter: @AlfayaSireno
Ningún comentario:
Publicar un comentario