... Emilia é o personaxe principal, ou o suposto Marcos Goianes!! Loitadora, defensora da muller, atrevida e investigadora, decide participar na expedición ao Pacífico sen contar, nun primeiro momento, co apoio da súa familia."(...) axústase perfectamente ao modelo de transformismo feminino, xa que representa unha moza que vive nunha sociedade patriarcal que limita os movementos de nenas e mulleres. De feito, a presión que exerce a colectividade máis tradicional fronte ás mulleres é a representada na novela pola nai de Emilia, a encargada de transmitirlle a "rota marcada polo destino"" (Pena Presas, 2011:172). Pola contra, está a nai, que defende unha ideoloxía moito máis conservadora e intenta restrinxir o papel da muller ao fogar, o que se mostra na educación dos seus fillos -non deixa que Emilia acuda á universidade nin que sexa científica-. En contra desta posición, Emilia séntese máis influenciada polos ideais de Miss Beatrice, a súa institutriz inglesa.
Dito isto, existe unha grande diferenza ideolóxica entre xeracións, pero tamén se fai referencia á desigualdade entre países, España e Estados Unidos. Neste último, as mulleres eran perfectamente incluídas e aceptadas nas expedicións, como Elisabeth Agassiz, que formaba parte como cronista e fotógrafa dunha expedición naturalista.
Coñecedes a
fondo a obra A Expedición do Pacífico?
Seguro que non vos lembraredes dos personaxes máis secundarios. Aurora
Silva xoga un papel importante na transformación de Marcos en Emilia
xunto coa criada desta. E, finalmente, outro personaxe é a filla dun empresario
que aparece nunha festa en Valparaíso, que aínda que non ten un papel notable fai que Emilia sinta celos cando baila con Diego Vargas. E é aquí cando a protagonista entende o dito un día pola súa nai sobre o amor.
Vémosvos interese pola obra blogueiros!!! Pois non vos perdades o próximo post :)
Vémosvos interese pola obra blogueiros!!! Pois non vos perdades o próximo post :)
Bibliografía:
Pena Presas, M. (2011) "O disfrace masculino como fonte de poder" na revista Festa da Palabra Silenciada. pp.170-174
Pena Presas, M. (2011) "O disfrace masculino como fonte de poder" na revista Festa da Palabra Silenciada. pp.170-174
Elaborado por:
María José Varela Herrero
María Veiga Facal
Eva María Veiga Real
María Adelaida Veiga Teixeira
Patricia Vidal Jartín
Ningún comentario:
Publicar un comentario