Ao longo das historias que nas páxinas deste libro se suceden, a imaxe
feminina está relegada unicamente ao campo do fogar e o coidado da familia e da
casa como é o caso da nai do coello Perico, a tía Manitas, Cochinita, a señora
Biragalla, a gatiña Minina… pero tamén atopamos na maioría das historias a figura
das fillas pequenas como imaxe de obediencia mentres que a dos fillos
preséntase como trasnos que desoen os consellos das súas nais. Estas últimas
tiñan a grande responsabilidade da educación dos seus fillos e fillas, polo que
aquí a autora mostra a gran importancia da figura materna como equilibradora do
núcleo familiar.
Os traballos fóra ou os oficios que proporcionan algún tipo de
beneficio económico son realizados na súa totalidade por personaxes masculinos,
aínda que en ningún conto adoptan a figura paterna ou se o fan, como no caso do
pai de Perico, este non ten presenza física senón que só conta a súa morte.
Pero é fundamental facermos fincapé no papel protector que as nais destes
contos mostran cara os seus descendentes, xa que sempre están dispostas a
escoitar e a darlles mimos e agarimos que fan que na infancia das personaxes
máis pequenas non existan carencias de tipo emocional. Aínda que si se conforma
a imaxe dunha nai como encargada das tarefas do fogar. Esta perspectiva é
debida á época na que están ambientadas as historias, concretamente a comezos
do século XX.
Hoxe en día, e aínda que a sociedade cambiou moito, existe aínda unha
pegada importante da visión sobre o sexo feminino que se describe nestes
contos. Pois na maioría das familias, a pesares de que a muller “pode” saír ao mundo laboral tamén “debe” realizar as
tarefas da casa e encargarse do coidado dos fillos e fillas. Inevitablemente,
aínda que en menor medida, seguimos respirando ambiente contaminado de machismo
e só nos nosos feitos, na nosa fala, no noso andar, no noso respirar…está
eliminar estas partículas nocivas para a saúde da muller.
Finalmente, comentaremos que tamén estamos a favor do trato que propensa a
nai nestes contos coa súa actitude cariñosa e de escoita. Sempre ten tempo para
os seus nenos/as máis importantes que calquera traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario