xoves, 20 de marzo de 2014

As aventuras de Paula Carballeira


Unha das primeiras obras de Paula Carballeira foi Robin e a Boa Xente, editado en 1990 por Edebé (ISBN: 9788423636976).
A obra trata sobre unha nena, Catalina, que, coa axuda de Robin, buscará á súa nai, a raíña Ainsel, que vive na terra da Boa Xente.

A historia conta todas as aventuras que estes dous amigos viven ata atopar á nai de Catalina. Robin, o compañeiro de aventuras de Catalina á que chama Pés Descalzos, é un trasno frautista, que lle axudará a pasar todos os obstáculos que se lle van presentando ao longo da obra. A aventura remata felizmente posto que Catalina atopa á súa nai e casa co Príncipe da Alborada.



Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico, outra das obras da autora, foi editada no ano 1999  por Xerais (ISBN:978483026663).

Trátase dunha recompilación dunha morea de contos que non daban atopado a alguén que os contase, buscaron e buscaron ata que deron coa vaca Xuvenca e co porco Cochón, protagonistas “moi divertidos”, como a propia autora os define. Ámbolos dous tiñan un soño: saír polas corredoiras e demostrar o talento que tiñan, cantando, bailando e recitando. Chonchi e Xuxú decidiron adoptar a morea de contos vagabundos e marchar polo mundo adiante, de xira co seu espectáculo: Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico.


Tanto nestas dúas obras como en O Refugallo recréase un mundo fantástico, mesturando a realidade coa fantasía. Aínda que se traten de historias diferentes todas xiran ao redor da aventura, para que o lector poida deixar libre a súa imaxinación, mentres se mete no mundo da historia, algo que cremos que caracteriza ás obras de Paula, pois ela mesma di que para escribilas se inspira nas viaxes que fai, nos sitios aos que vai, na xente que coñece neses lugares, tamén na que a rodea, mesmo empregando nomes de nenos/as coñecidos dela, para darlles nomes aos seus personaxes.

Unha diferenza obvia entre O Refugallo e as outras dúas obras, é que esta é unha peza teatral, e as outras son de narrativa. Os protagonistas da peza teatral son nenos e nenas que nos amosan as aventuras que viven no vertedoiro, mentres que en Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico, os personaxes principais son estes dous animais que  actúan como humanos; na de Robin e a Boa Xente podemos atopar diversos seres fantásticos, como o trasno ou as fadas, que acompañan a Catalina, a única personaxe humana de toda a historia. Vese, pois, que aínda que nas tres obras o espírito aventureiro está sempre presente, en cada unha é tratado e representado de xeito diferente, xa que as personaxes entre elas nin se parecen nin teñen nada que ver.

A que nos  parece máis apropiada e adaptada para traballar en Educación Infantil, e a que máis nos gustou persoalmente, foi O Refugallo, xa que ó ser unha obra de teatro ofrece máis posibilidades para traballar en Educación Infantil, como por exemplo facer unha representación na aula, ademais o alumnado pode que se sinta máis identificado cos protagonistas, porque son nenos e nenas coma eles e ao tratarse dunha temática de actualidade, dá pé a poder traballar na aula con diverso material de refugallo e que os nenos/as podan poñerse na pel dos protagonistas.
Por último, foi unha obra que nos fixo reflexionar, dado que presenta de maneira crítica, ao tempo que lúdica para un tratamento na aula, sobre o consumismo e o materialismo da nosa sociedade.




Webgfrafía:
http://yomediviertoyaprendo.blogspot.com.es/2012/01/cuentame-un-libro-del-colegio-robin-y.html
http://www.agapea.com/libros/Un-porco-e-unha-vaca-xa-fan-zooloxico-9788483026663-i.htm

http://palabrasnoar.wordpress.com/2009/07/09/entrevistamos-a-paula-carballeira/       






Cabarcos Camba Laura
Carballo Pena María
García Montes Mª Jesús
Gómez López Jennifer
González Martínez Estefanía

Ningún comentario:

Publicar un comentario