luns, 24 de marzo de 2014

A literatura de Ana M.ª Machado



 Ana M.ª Machado (2007) 1ª. Niña Bonita. Caracas: Ekaré. [24 páxinas], ISBN: 8493486341 [1ª. Edición. 2007]

 Para comezar a facer esta comparación dos libros Bisa Bia Bisa Bel e Niña Bonita de Ana María Machado, incluiremos un breve resumo dos dous libros. 

“Bisa Bia Bisa Bel” foi escrito por Ana María Machado, nos amosa un mundo imaxinario que Isabel reproduce no momento en que atopa unha foto da súa bisavoa e que ó longo do libro, mediante unha serie de breves capítulos, comeza a narrar o que significa o retrato para ela, xa que para Isabel, trataba  aquela foto como se fose una persoa de verdade, unha amiga no que xunto a ela empeza a realizar accións cotiás da súa vida, como xogar, comer, ir a escola...e o retrato sempre a acompañaba.
Neste libro aparecen importantes situacións que un neno/a de hoxe en día pode atravesar tranquilamente, situacións de desgusto, felicidades, amor, cariño, amizade...polo que é un libro moi interesante para adentarnos un pouco no funcionamento da mente infantil, e que nos axuda a tratar con moito mais respeto aquelas situacións que igual para nos parécenos unha parvada, pero que para eles é algo moi importante.


“Niña bonita” , escrito por Ana María Machado, ilustrado por Rosana Faría e
publicado por Edicións Ekaré.

O conto trata sobre unha nena de pel escura e lustroso cabelo largo e rizo. Esta nena faise amiga dun coello branco, o cal queda fascinado pola súa beleza.
O coello continuamente pensa que a nena é a persoa máis bonita que vira en toda a súa vida, incluso desexa ter unha filla negriña e tan bonita como a súa amiga.
No transcurso do conto o coello pregunta constantemente á protagonista: “¿Cal é o teu segredo para ser tan negriña”. Como a nena non sabía cales eran as razóns, leva o coello a comer uvas negras, a botarse tinta e a tomar moito café; tendo consecuencias un tanto desgraciadas para coello pero divertidas para o lector.
O final da historia o coello descobre que a nena é como é porque se parece a
súa avoa. Como o coello non ten un avó negro, deduce que pode namorarse dunha coelliña escura, formar un fogar e ter moitos fillos con todas as combinacións posibles de branco e negro.

O conto do que falamos anteriormente trata sobre o respecto pola raza negra, pero tamén se pode apreciar unha leve discriminación pola raza branca. Isto acontece cando o coello di que non quere ser branco, porque considera que ser negro é ser mais fermoso. Entendemos que non podemos deixar o tema do racismo a un carón e debemos lograr que os nosos futuros alumnos entendan que somos todos iguais, que todos aprendan a respectar e apreciar a diversidade do mundo. 














Estes dous libros tratan de diferentes temáticas sendo o tema familiar o mais predominante no primeiro e o tema étnico no segundo. Ambos reflexan unha narrativa moi sinxela, descritiva e agarimosa, sendo moi próxima o lector e tendo como foco principal e protagonista a unha figura infantil e figuras femininas, moi propio das obras de Ana María Machado, amosándonos sentimentos, comportamentos e valores que os nenos senten día a día e que nos axuda a familiarizarnos e comprender o seu modo de pensar.
Na nosa opinión, ámbolos dous libros tratan temas moi interesantes como son o mundo imaxinario, xeracional e a igualdade racial e cultural. Así pois, resúltanos bastante complicado decantarnos por algún dos dous libros, xa que son temas importantes a tratar nunha aula cos nenos e nenas.
De tódolos xeitos, pensamos que a mellor elección quizais sería “ Niña Bonita”, porque na nosa opinión o tema que se trata neste libro e menos habitual nas aulas e, ademais debido á globalización e á diversidade cultural que esta a existir na actualidade, consideramos básico que os nenos e nenas aprendan a respectar as diversas razas e culturas e a que consideren como  algo común o feito de, por exemplo, ter como compañeiros na aula un neno ou nena africanos, que a profesora ou profesor sexa musulmá, etc.

Bibliografía:
Machado, Ana M.ª (2013). Bisa Bia, Bisa Bel, Vigo: Galaxia. S.A. 
Machado, Ana M.ª (2007). Niña Bonita, Caracas; Ekaré.

Autores:
Jéssica Carreiras López
Adrián Fernandez Fernandez
Alba Rodríguez Sanmartín
Alba Villarino Palmaz

Ningún comentario:

Publicar un comentario