xoves, 9 de abril de 2015

Gloria Sánchez: vida, obras e contexto social.

GLORIA SÁNCHEZ

-Biografía da autora:
Ilustración 1. Gloria Sanchez

Escritora española, nacida en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) en 1958. Autora de varios libros infantís. Comezou escribindo poesía, logo teatro e por último narrativa. A súa profesión de mestra lle permite acercarse aos intereses e gustos dos máis pequenos e especializarse na literatura infantil e xuvenil.
Diplomada en Maxisterio, moitas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán e éuscaro. Escribe tanto en galego coma en castelán.
Deuse a coñecer na literatura infantil co poemario Fafarraios (Xerais 1991), Premio Merlín 1990, Lista de Honra do IBBY 1994. En 1995 gaña o premio 'Edebé' por Doutor Rus, publicado na colección Tucán, onde tamén  editou outros títulos, como A Galiña da Paz. A súa obra destaca pola súa innovación no ámbito da literatura infantil, tanto en narrativa como en poesía.
A súa implicación no mundo da etnografía galega é coñecida sobre todo no referente a recompilación e divulgación da tradición oral. Pero o seu compromiso coa cultura non se 

detén aquí se non que se implica persoalmente en proxectos de difusión e estudo da literatura, principalmente infantil, todo a cál a leva a formar parte do Consello de Redacción da Revista Galega de Literatura Infantil e Xuvenil: FADAMORGANA.
A súa militancia en favor do acceso a Cultura a levan a firmar o Manifesto dos autores en defensa do préstamo nas biblioteca froito das "Xornadas contra o préstamo de pago en bibliotecas" en xuño de 1994.
“As fillas esváenseme entre os dedos a unha velocidade de medo, moito máis rápido que a miña capacidade para asimilar o seu alonxamento, o que fai que por veces renxa e adoeza como as vellas locomotoras. Os libros medran e espállanse, pero sempre regresan traéndome novas e non poucas satisfaccións. Gústame. É o máis parecido a escribir cartas ós Reis Magos e que atendan as túas demandas”(Sánchez, G. (2004).BVG.)

-Bibliografía da autora:

                    Esta é a listaxe de todos os seu libros publicados:

  • A pequena aventura de Oscariño.
  • Fafarraios.
  • Rimas con letra.
  • Bichos con gaseosa.
  • Cabeciña a paxaros e outras historias.
  • ¡Pum, pum!
  • Capitán Ro e o gato Bo (Xerais, 1994).
  • Pé mais eu.
  • 303 adiviñas.
  • Doutor Rus.
  • A raíña de Turnedó.
  • Manual para unha pequena meiga.
  • Siete casas, siete brujas y un huevo.
  • A casa de vidrio do señor Cum.
  • Teatro Feroz.
  • La casa de cristal del Sr. Clin.
  • Chinto e Tom.
  • Matapitos.com.
  • ¿A onde van as bolboretas no inverno?
  • Peluso
  • A galiña da paz.
  • Contos con letras.
  • Rimas con letra.
  • Frangulla.
  • Bocinet.
  • Adivinanzas de animales.
  • Adiviñas de animais.
  • Rato pincho.
  • Poesía, sí.


                    As súas obras máis destacadas son:

A galiña da paz.
Ilustración 2.La gallina de la Paz 

Este é un dos libros máis coñecidos da autora.

Trata dunha galiña que prantéase chegar a voar como as pombas e converterse, ¿por qué non?, nunha galiña da paz. Para iso decide facer o camiño de Santiago e pedirlle ao santo o milagre. Con reticencias, o seu amigo Lagarturo decide acompañala en dita aventura.
A Galiña da Paz é unha historia divertida que perde algo de forza en castelán pois unha parte do humor basease no uso equivocado dalgunhas palabras e de frases que proceden de refráns e cancións galegas.
A narración gusta moitísimo, xa que os personaxes de Galiña e Lagarturo teñen personalidades ben definidas, as descricións e intervencións de outros personaxes secundarios tamén son oportunas, e son moitas as situacións con graza e o escenario interior da catedral de Santiago é único.




Doutor Rus

Ilustración 3. Doctor Rus.
Merecedor del Premio Edebé en 1994.

Trata dun doutor de animais, bestas e bichos pequenos. Conta episodios da súa peculiar vida profesional. Narra brevísimas historias sobre un topo que quere poñerse gafas, uns ourizos que non queren espiñas, uns elefantes que queren adelgazar e recortar as orellas e a trompa, un cempés que perdeu unha pata e quere outra postiza, un hipopótamo cun dente picado, etc.
O Doutor Rus aprende dos seus pacientes: por exemplo, dun caracol sabio ao que lle ofrece un soro da presa pero este negase porque «di que así nunca podería xogar cos seus amigos. Iría sempre adiante, pero só». Pero tamén ensina, por exemplo, a maridos machistas, como o canguro, a compartir a carga dos fillos, e lle pon unha bolsiña de terciopelo laranxa para que a súa señora non teña que levar as dúas crías ela soa, etc.
É un relato sobresaínte de fantasía humorística, co que Gloria Sánchez mostra cómo a orixinalidade pode vir da man dunha linguaxe sinxela, igual ca os contos populares.



Matapitos.com

Ilustración 4. Matapitos.com
As Meigas Chuchonas -unha caste de vampiresas- existen e podémolas atopar camufladas nos lugares máis insospeitados, mesmo de directoras dunha escola, como a pérfida e malvada Marta Matapitos: de boa presencia, vestida á última e ó tanto dos avances da tecnoloxía, navega por Internet coma unha anguía. Pero Moncho o conserxe, a profe Casilda e os seus alumnos de Infantil, non lle van permitir que leve a cabo os seus perversos plans. Aventuras, acción, risas e penas agárdanche entre as páxinas desta historia.





Teatro feroz

Ilustración 5. Teatro Feroz
É un libro que consta de tres obras teatrais que dan moito que ver e que rir, dirixido ao público infantil.
As obras das que consta son as seguintes:
-A ratiña feroz
-Zongalo Quirico
-Unha farsa bufa

-Contexto social da escrita:

As obras literarias de Gloria Sánchez son escritas a finais do século XX e principios do século XXI, uns séculos que se caracterizan polo avance e a expansión da dixitalización e o control da información a nivel global. Tamén a esta época se lle coñece como a era da información. As chamadas redes sociais reflicten o intercámbiante mundo de información, conectividade a baixo custo. Este progreso xa se había iniciado a partir da década de 1970 coa terceira revolución industrial. Sen embargo, a comezos do século XXI, a dixitalización experimentou un enorme cambio que deu lugar a novos dispositivos de almacenamento de datos e unha maior intensidade na expansión da telefonía móbil. No campo da tecnoloxía, tamén destacou o coñecido como apagón analóxico, dada a aparición en 2005 da televisión dixital terrestre, a masificación de dispositivos móbiles e o baixo custo de acceder a internet; así como o postdesenvolvemento do Proxecto Xenoma Humano.
No campo da política demográfica, a globalización, intensificase notablemente; así como os movementos de activistas como os indignados en todo o mundo.
Dito século, tamén está marcado pola crise económica de 2008, de alcance global, que continúa ata os nosos días.
Sobre a literatura deste tempo cabe dicir que é marcada polos conflitos bélicos que sacudiron a conciencia dos escritores, a influencia da tecnoloxía como xa dixemos, a ruptura dos límites estritos entre xéneros, e o intercambio entre diferentes linguas e culturas, que fan qué as obras amosen un grado de cosmopolitismo e influencias mestizas moito maior que nos séculos precedentes.
Estes séculos vense determinados tamén polo auxe da industria editorial, con grandes selos, a publicación a gran escala e o crecente papel das escolas, as críticas literarias e os círculos académicos, como filtros para o lector. Esténdense diversos premios literarios, entre os que destaca o Premio Novel de Literatura polo seu prestixio internacional. A cantidade de lectores potenciais creceu grazas a ampliación da educación básica e as campañas de alfabetización, resultando un aumento sen precedentes da dispoñibilidade de libros e outros formatos que tamén inclúen literatura, tales como revistas e periódicos.

-Referencias bibliográficas e webgráficas:


Ningún comentario:

Publicar un comentario