Debemos
destacar antes de nada que os obxectivos que pretendemos cas actividades
seguintes serán:
-
Espertar o interese pola lectura.
-
Desenvolver a memoria visual.
-
Desenvolver a atención.
-
Desenvolver a comprensión lectora.
-
Gozo polos libros e a lectura.
-
Espertar a imaxinación e a fantasía.
Ben,
pois aclarado o importante desta adaptación, agora sí que si, vamos adentrarnos
nesta aventura. Anímaste?
Primeiro
contarémoslles aos nenos o noso conto:
¡Sireno, Sireno!
Mamá
chora, está triste porque papa tivo que marchar para o ceo.
Eu
cada noite ollo ó ceo para a ver se o vexo e traelo de novo connosco, pero só
vexo as estrelas brilando con moita forza.
Pero..
unha noite as estrelas xuntáronse todas xuntas e formaron o “Sireno”. Eu pensei
que fora cousa do meu pai, xa que a el gustáballe moito, a pesares de que a
xente dicía que era feo.
Preguntarédesvos
quen é o “Sireno”? é unha estatua que está no medio da cidade e que sempre a
viamos o meu pai e eu cando me levaba ao colexio.
Pois
dende esa noite que se asomou o “Sireno”, eu non puiden evitar pintalo, pois ao
igual co meu pai, encántame a pintura e síntome moi preto del cando pinto.
A
sorpresa foi cando unha noite o meu debuxo desaparecera e asomándome a fiestra
vino voando polo ceo, entre as estrelas brilantes, pero había unha que brilaba
con máis forza. Sería meu pai?
Esa
mesma noite, a fiestra abriuse e o “Sireno” veu por min, levándome no seu lombo
polo brilante ceo mentres eu soñaba con que me levara xunto ao meu pai para
acabar coa dor da miña nai e para telo comigo.
Pero….
O
final queda no aire. Vos que pensades? O “Sireno” levaría ao protagonista a
xunto do seu pai para traelo de novo? Pois esa mesma pregunta lla faremos ao
nosos alumnos/as, pois eles terán que inventarlle un final.
E…
como será o protagonista? como serían as estrelas do noso conto? Como sería nai
do protagonista?.. e sobre todo.. como sería o “Sireno”? Queredes sábelo? Pois
mirade mirade:
Mm…
pero, por qué non tocar un “Sireno” e telo de verdade nas nosas mans? Existirá
o Sireno? Por qué non navegamos en Internet e investigamos?
Pois
agora que o vimos e sabemos onde está, por qué non telo nas nosas mans? Pero…
está lonxe así que hai que poñerse mans a obra e facer aquí a nosa propia
escultura. QUÉ DIVERTIDO!
Xogamos moito co noso “Sireno”, voamos con el.. chegamos
ao ceo.. pero esquecémonos dunha cousa. Quen escribiu o noso libro? Temos que
investigar, pero onde mirar? No libro, na primeira páxina: An alfaya. Atopamos
información, trouxemos máis libros á clase da autora e cada neno le á súa
maneira aos seus compañeiros. E finalmente, debuxamos a Alfaya.
Foi
moi divertida esta aventura lectora co “Sireno”, pois aprendemos e descubrimos
unha escritora, unha nova historia, e sobre todo gozamos en cada actividade. Anímate a levala a cabo ti tamén nunha aula.
Moita sorte e non esquezas que a lectura debe ser un motivo de ocio e
diversión, nunca unha obriga.
Grupo composto por:
Noelia Rey Bello
Paula Roca Lema
Sandra Romero Pato
Natalia Sánchez Martínez
Sandra Verdes Pico
Podedes seguirnos tamén no twiter: @AlfayaSireno
Ningún comentario:
Publicar un comentario