“Os escaravellos voan á tardiña”,
a simple vista soamente é un libro, pero no seu interior garda todo o misterio
do antigo Exipto e unha apaixoante historia de amor, que fará que queiras lelo,
relelo e recomendalo.
Neste intre, temos
a sorte de poder adaptalo para nenos de educación infantil. Ademais, no libro atopamos
ilusión, soños, desexos, intriga e acción, que dende o punto de vista dos nenos
son temas que lles interesan.
Por outra banda, a historia céntrase nunha misteriosa estatua exipcia que
da moito xogo a hora de realizar actividades e traballar esa cultura. Debido
a isto, decidimos escoller Exipto e os faraóns para facer a nosa adecuación. Anímate
a seguír lendo! Sorprenderaste do que a historia é capaz de conseguir!
Con esta
actividade pretendemos conseguir os seguintes obxetivos:
- Desenvolver o interese pola lectura dos máis cativos.
- Desenvolver o gusto polos libros
- Desenvolver a atención e a comprensión lectora.
- Desenvolver a memoria visual.
- Desenvolver a imaxinación e creatividade dos nenos.
- Espertar a curiosidade por outras culturas.
Xa nos fixemos un pouco de rogar, agora ímosche explicar á nosa
adaptación. Se fose ti seguía lendo, que
sabemos que tes curiosidade.
O primeiro que
imos facer é contarlles un conto aos nenos sobre un neno de Exipto:
“Estatua, pero antes non estabas”
Hola son Horus, teño cinco anos e vivo con
papá e mamá en Exipto e vouvos contar unha cousa que me pasou un día.
Eu, iba camiñando con mamá polo gran campo
de area. Miña nai sempre me dicía que o que eu chamaba así, en realidade se
chamaba deserto.
A min gustábame repetir as palabras novas
que me ensinaban e, naquela ocasión, adiviñades o que fixen? Exacto!Berrei; o
deserto, o deserto, o deserto...
De súpeto quedei en silencio, mudiño, como
cando papá pronuncia o meu nome por facer algunha trasnada. Diante de min e de
mamá, apareceu unha gran estatua, alí, no medio da cidade, no medio de Exipto.
Cando vin aquilo, collín moito medo e
agarrei moi forte a mamá da man. Ela ó ver que me asustaba, explicoume que era
a estatua do faraón, unha nova que lle fixeran polo seu aniversario.
Púxenme tan contento, que fun para a casa repetindo o
faraón, o faraón, o faraón!
Cando chegamos á casa, pregunteille a papá
o que era un faraón e porque lle facían unha estatúa, xa que eu a única
estatua que coñecía, era a que facíamos os meus amigos máis eu, cando xogabamos
a ese xogo de quedar quietos. Papá contoume o que era un faraón e a importancia
que tiña na nosa cidade.
Cando o souben, sorprendido, marchei
correndo, tiña algo importante que facer, o que me acababa de contar meu pai
non podía ser certo. Ou si?
E vos coñecedes algo sobre o antigo Exipto? Sabedes o que é un faraón? Que
credes que lle diría o pai a Horus? Serian malos os faraóns?
Seguro que estades desexosos de coñecer máis cousas sobre Exipto e sobre os
faraóns. Que vos parece se búscamos en internet, haber se atopamos algo? Veña
imos!
Chegados a este punto xa sabedes o que é un faraón e a importancia que tiña
en Exipto.
Cómo? Que averiguastes que os faraóns vivían nunhas casas con forma de
triángulo? Como se chaman esas casas?
Descubrideo aquí: http://es.wikipedia.org/wiki/Pir%C3%A1mides_de_Egipto
Moi ben, esas “casas”
chámanse pirámides e ademais sabedes como se facían.
Agora imos facer algo ben divertido, e que a todo neno lle encanta.
Disfrazarnos de faraóns! Si si como o les, hoxe os reis de Exipto, somos nós.
Estamos chegando ó final desta adaptación, que ben o pasamos, contando o
conto, disfrazándonos de faraóns, sendo reis e incluso fixemos algúns bloques
de pirámide. Pero... recordades quen escribiu a marabillosa historia que nos
levou a esta aventura tan divertida? Haber que recordamos dela? E se miramos no
libro haber que nos conta da escritora?
E para rematar, debuxamos o noso propio faraón, que coa súa presencia nós fixo soñar, ilusionarnos e disfrutar,
cada anaquiño un pouquiño máis.
Gustounos moito
esta actividade, pero agora tócache a ti emocionarte, gozar, e facer dos
nenos da túa aula os reis exipcios do colexio.
Seguro que lles gustará moito poder
descubrir cousas doutra cultura, buscar información e neste caso disfrazarse e
ser por un anaquiño “Os faraóns”
Veña, anímate a levala
a cabo, e recorda que a lectura ofrece infinitas posibilidades de traballo
sempre dende unha perspectiva lúdica.
Autoras:
Lara Camiño Villar
Rebeca Capón Macía
Patricia Castro Patao
María chouciño Reigía
Eva Fernández Campos
Ningún comentario:
Publicar un comentario