A autora galega Rosa Aneiros Díaz nace en Meirás
(Valdoviño) en 1976 e fórmase na Universidade de Santiago de Compostela como
xornalista, na Facultade de Ciencias da Comunicación, onde tamén chega a
exercer, entre outras actividades, o labor docente na Facultade de Humanidades do
campus de Lugo.
Na actualidade, é membro do Consello da Cultura Galega e
colabora con diversos medios de comunicación tanto físicos como dixitais, entre
os que se encontra culturagalega.org, organismo que se ocupa da promoción da
cultura e lingua galega.
A súa verdadeira paixón sempre a atopamos ligada ás
pegadas da súa obra literaria, centrada
no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia
recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua
galega do ano 2002.
Rosa Aneiros cos premios Xerais. Fuente blog da editorial Xerais: http://xerais.blogaliza.org/ |
A autora conta no seu haber cunha extensa obra que se
inicia coa súa primeira novela Eu de
maior quero ser (1999), na que xa
comeza a sacarlle punto ao seu universo de inquedanzas entorno á realidade do ser
humano. É unha
obra protagonizada por cinco universitarios que están a punto de rematar a
carreira. Esta obra relata o transcurso da transición da adolescencia á vida
adulta, na que non todos serán capaces
de facer realidade as ilusións creadas.
Resistencia (Xerais, 2003 Premio Arzobispo San Clemente, 2003). É a obra debut de Rosa Aneiros en Xerais
Narrativa. Nesta obra nárrase, a través da vida de personaxes pertencentes a
varias xeracións, a historia política e social de Portugal. Resistencia é unha
novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace
inocente e que axiña se vai tornando complexo e difícil. Unha novela memorable
que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns
personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en
escravas. É unha novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer;
Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da
man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.
O xardín da
media lúa (2004), obra dirixida a lectores novos,
mestúranse lendas populares árabes que chegaron a nós por transmisión oral e
foron contadas de múltiples maneiras. Coa axuda do enxeño, as lendas árabes
ensínannos a confiar máis en nós mesmos, a superar as dificultades e deixar de
lado o egoísmo.
Veu visitarme
o mar (Xerais, 2004), conta a
historia de Alba, unha bióloga que traballa nunha piscifactoría da Costa da
Morte, que se ten que enfrontar de novo a pasada catástrofe do Mar Exeo cando
sucede a catástrofe do Prestige. Nesta obra podemos destacar como a profesión
de periodismo da autora se ve reflectida nas súas obras a través das noticias
que invaden as nosas vidas. De este xeito, a autora amósanos como a catástrofe
afectou a moitas persoas nas súas vidas.
Sol de
Inverno (Xerais, 2009 Premio Xerais
de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos, 2009). Esta obra constrúe un mundo simbólico e
máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso
vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as
súas voces e as súas feridas, marcan o pulso desta novela que destaca pola
rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.
Ámote Leo A. Destino xalundes (Xerais, 2013) e
Ámote Leo A. Estación de tránsito
(Xerais, 2014). Nesta triloxía cóntanos a
historia dunha rapaza que ao rematar os estudios universitarios ten pensado ir
de viaxe con catro compañeiros. Cando xa
falta pouco para marchar eles bótanse atrás e ela debe decidirse en desistir
coma eles ou lanzarse a aventura de coñecer sitios novos e novas
persoaxes. Ao fin decide marchar e
coñecer Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as
primeiras escalas desta apaixonante viaxe onde é perseguida por unha enigmática
pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Nesta obra
vemos similitudes coa obra de Ás de bolboreta, no sentido no que aparecen
diferente persoaxes de outros países coas súas historias particulares.
Comezou a
escribir pola necesidade de contar historias, pola necesidade de inventar
outros mundos que ela non vivía cos pés, senón coa cabeza. Como ela dí, crear mundos para ter a sensación de camiñar a cegas e as toas por esa cidade porque alguén che contou antes. Na súa aldea non
había moitas nenas e os nenos non querían xogar con ela, por iso andaba sempre
co seu padriño, quen lle contaba as súas vivencias da emigración. O que o seu
padriño lle contaba a través da oralidade, ela tiña a necesidade de transmitilo
a través da escrita.
A nai era unha
grandísima lectora. A súa infancia está marcada polo contexto rural no que se
criou, no que a literatura lle servía como medio de refuxio e supervivencia. Mostrou
dende moi nena o seu interese “por abrir portas e xanelas” que expliquen o
mundo doutra maneira e así comezou a construír a realidade que nos achega a
través da súa obra literaria, Ás de bolboreta, na que entrelaza pequenas
historias que conflúen na taberna, lugar de encontro coa oralidade, que é tan
importante nas zonas rurais e que ela recolle a través da súa escrita.
Aínda que non
podemos falar de referentes en sentido estrito, si que podemos falar das súas
influencias que parten do realismo máxico. Este movemento literario
hispanoamericano caracterízase pola inclusión de elementos fantásticos na
narración, co que pretende afondar na realidade a través do máxico que hai nela
e que está ligado ás vivencias persoais que lle transmitiu oralmente seu padriño
dende as historias da Habana.
Outras das súas
claras influencias podemos atopalas na súa formación de xornalista na que esperta o seu interese por temas de actualidade e, por outra banda, na poesía
da xeración do 27 na que atopa, entre outros referentes, a Cunqueiro e Manuel
Antonio, na que se ve reflectida.
Referencias bibliográficas:
Páxina oficial do centro de documentación
da asociación de escritores en lingua galega. http://www.aelg.org/ (entrada consultada 08/04/2015).
Páxina oficial da Editorial Xerais. http://www.xerais.es/ (entrada consultada 06/04/2015).
Páxina
da Enciclopedia libre Wikipedia. http://gl.wikipedia.org/ (entrada consultada (08/04/2015).
Ningún comentario:
Publicar un comentario