Paula Carballeira naceu no ano 1972 en Maniños, Fene, moi
preto de Ferrol, en onde como ben di ela “a miúdo sopra un vento que volve á
xente do revés”. Licenciada en Filoloxía Hispánica dedicase á narración oral “Vivo
de contar contos, dos contos que me contan, dos viaxes, das risas das persoas
coñecidas e descoñecidas, dos personaxes que me desdobran no escenario. En
definitiva, vivo de e coa narración e interpretación, que non é outra cousa que
volverse do revés para ver o mundo dende outra perspectiva”.
A súa afición ó teatro comezou no Colexio dende nena. Para
ela o teatro representa un xeito para poder evadirse da vida real e poder representar
vidas ficticias e traer mundos irreais ao mundo real. Ese afán polo mundo do
teatro fixo posible o seu soño de poder dedicar a súa vida profesional á
representación teatral dirixida a todos os públicos. Na actualidade ademais de
facer representacións con outros grupos de teatro dende o ano 1998 forma parte
da compañía de teatro Berrobambán. Tamén
participou como actriz en programas e series da Televisión de Galicia, converténdose
nunha cara moi coñecida polo seu papel de Carmiña na serie Libro de familia.
Outra das súas facetas que lle dan prestixio foi a publicación
de libros como O refugallo, Boas noites, Unha
vaca e un porco xa fan Zooloxico, Robin e a boa xente, “libros que tivo na
cabeza, e outros que seguen voando”. Con dúas das obras de xénero teatral gañou
o I e o VI premio Manuel María de Literatura Dramática infantil no ano 2006 e
2011 con Boas noites e O refugallo
respectivamente.
O neno que quería ser morto
Información extraída das seguintes fontes:
Laura
Cabarcos Camba
María
Carballo Pena
Mª
Jesús García Montes
Jennifer
Gómez López
Estefanía
González Martínez
Moi ben. Seguide así.
ResponderEliminarMontse Pena