venres, 7 de marzo de 2014

Sumerxíndonos no mundo de Paula Carballeira

Paula Carballeira naceu no ano 1972 en Maniños, Fene, moi preto de Ferrol, en onde como ben di ela “a miúdo sopra un vento que volve á xente do revés”. Licenciada en Filoloxía Hispánica dedicase á narración oral “Vivo de contar contos, dos contos que me contan, dos viaxes, das risas das persoas coñecidas e descoñecidas, dos personaxes que me desdobran no escenario. En definitiva, vivo de e coa narración e interpretación, que non é outra cousa que volverse do revés para ver o mundo dende outra perspectiva”.
A súa afición ó teatro comezou no Colexio dende nena. Para ela o teatro representa un xeito para poder evadirse da vida real e poder representar vidas ficticias e traer mundos irreais ao mundo real. Ese afán polo mundo do teatro fixo posible o seu soño de poder dedicar a súa vida profesional á representación teatral dirixida a todos os públicos. Na actualidade ademais de facer representacións con outros grupos de teatro dende o ano 1998 forma parte da compañía de teatro Berrobambán. Tamén participou como actriz en programas e series da Televisión de Galicia, converténdose nunha cara moi coñecida polo seu papel de Carmiña na serie Libro de familia.
Outra das súas facetas que lle dan prestixio foi a publicación de libros como O refugallo, Boas noites, Unha vaca e un porco xa fan Zooloxico, Robin e a boa xente, “libros que tivo na cabeza, e outros que seguen voando”. Con dúas das obras de xénero teatral gañou o I e o VI premio Manuel María de Literatura Dramática infantil no ano 2006 e 2011 con Boas noites e O refugallo respectivamente.


O neno que quería ser morto





Información extraída das seguintes fontes:



Laura Cabarcos Camba
María Carballo Pena
Mª Jesús García Montes
Jennifer Gómez López
Estefanía González Martínez

1 comentario: