“O feito de que eu escriba, probablemente estea relacionado co feito de que me gusta contar o que experimentei”.
Esta é unha das frases de Úrsula Wölfel, autora de obras como Vinteoito historias para rir; Vintesete historias para tomar a sopa ou Vintenove historias disparadas, naceu no ano 1922 na conca do Ruhr (Alemaña). Con anterioridade á Segunda Guerra Mundial, cursou a carreira de Filoloxía Xermánica. Unha vez comezada a Guerra, exerceu de axudante nalgunhas escolas, estudando posteriormente a carreira de Pedagoxía. Unha vez rematada, comezou a traballar nunha escola de educación especial en Darmstadt (Alemaña).
Unha vez rematada a súa formación, Úrsula Wölfel converteuse en escritora de literatura infantil, publicando a partir de 1959 varios libros e contos infantiles, entre os que podemos atopar, ademais das obras mencionadas anteriormente, outros títulos como “Zapatos de fuego y sandalias de viento” ou “Campos verdes, campos grises”, nos que aborda temas da vida cotiá da infancia e outros máis amplos como o terceiro mundo ou algún acontecemento actual de importancia.
Na actualidade vive en Odenwald (Alemaña) e segue a ser unha escritora independente, con varios premios e recoñecementos á súa labor literaria, tanto de prestixio nacional coma internacional. Ademais, as súas obras foron traducidas a máis de quince idiomas, o que manifesta a calidade da súa obra.
Información extraída do Instituto Goethe (Madrid) e dunha entrevista concedida pola autora:
Post elaborado por: Cristina López Rodríguez, Nerea Núñez Fernández, Víctor Nieto Martínez
Podédesnos seguir en Twitter: @28HistoriasParaRir
Ningún comentario:
Publicar un comentario