xoves, 13 de marzo de 2014

Mirade canta literatura por escaravellar!

“Con mis libros pretendo estimular nuevas ideas, que el lector aprenda a pensar” Maria Gripe
            
María Gripe, foi e ainda a día de hoxe é, unha escritora recoñecida e moi alabada pola súa dedicación á literatura infantil e xuvenil.

            No ano 1960, comeza a descubrir o seu estilo e escribe unha obra cuxo argumento trata, dunha nena, que non lle gusta a escola, nin a mestra nin nada relacionado con ela. Un día no bosque atopa a un misterioso neno, “Hugo”, que fai que cambie a visión do mundo que a rodea.

          
  Anos despois, no 1963, escribiu “A filla do espantallo”, que narra  a historia de Loella, unha nena que vive nunha cabana no bosque cos seus irmáns e que ten como mellor amigo a un espantallo de nome Papá Pelerín. Un día Loella atopa ao seu pai, a quen non coñecía e despois de numerosas aventuras pola cidade, volve vivir ao bosque.



            Ó ano seguinte, xa no 1964 escribe “Os fillos do vidrieiro”. Esta historia transmite o drama que sufre unha familia polo rapto dos seus fillos, por parte dun home que non busca facer mal; soamente quere cumprir o desexo da súa esposa de ser nai. Ó final da historia é unha feiticeira quen consegue salvar aos nenos e levalos de volta a súa casa, cos seus pais.

         
   Tamén queremos destacar outra obra escrita posteriormente, a cal tivemos acceso e a oportunidade de somerxernos na historia que conta. “Elvis Karlsson”,escrita no ano 1973. Relata como un neno de seis anos moi avispado, pregunta en todo momento o por qué das cousas. En moitos casos o non obter resposta, o neno saca as súas propias conclusións  sempre dende a súa visión infantil, o que fai que cree o seu propio mundo imaxinario.



            Finalmente, a obra clave que nos animou a querer descubrir máis sobre esta autora e o seu traballo foi “Os escaravellos voan á tardiña”, escrita no ano 1983. Esta obra, a cal tivemos a oportunidade de ler, trata de tres nenos  que acoden a coidar as prantas dunha  misteriosa casa . Unha vez nela, deciden explorala e, paseniñamente van descubrindo pistas que os levan a involucrarse nunha apaixoante historia de amor do pasado e tamén na búsqueda dunha estatua exipcia  que leva consigo unha maldición.


         
   Para rematar, cómpre destacar outras obras desta autora, non menos importantes, como son as citadas a continuación:

- Jovanny (1966)
- O papá de noite (1968)
- O país de máis alá (1969)
- O túnel de cristal (1969)
- O abrigo verde (1980)
- Agnes Cecilia (1981)
- Aquelas brancas sombras no bosque (1983)
- O rey cabeza de turco (1984)
- A sombra sobre o banco de pedra (1985)
- Carolín, Berta e as sombras (1985)
- O misterio de Abu (1987)

Moitas das obras de María Gripe foron traducidas a unha gran diversidade de idiomas, polo que é coñecida internacionalmente.

Bibliografía:

www.compartelibros.com
http://web.educastur.princast.es/cpr/oviedo/web/components/com_recursos/files/42_platero%20188_r5.pdf
http://gripe.diletante.net/extraes.php?bio

Autoras:
Lara Camiño Villar
Rebeca Capón Macía
Patricia Castro Patao
María Chouciño Reigía
Eva Fernández Campos

Ningún comentario:

Publicar un comentario