
“Los niños son lo más importante de todo! Si queremos crear un mundo mejor, debemos empezar con nuestros hijos. Ellos no tienen rutinas establecidas ni ideas preconcebidas, sino que llevan dentro de ellos la posibilidad del cambio” (Astrid Lindgren).
Tendo en conta esta cita e moitas outras similares, podemos afirmar que a maioría dos libros e historias creadas por Astrid Lindgren ían dedicadas ao público infantil, xa que se sentía moi identificada con este mundo. Por iso e para acercarnos un pouco máis ó seu quefacer, faremos mención dos títulos da autora editados en España en distintas épocas.
En primeiro lugar, a obra que deu inicio á literatura de
Lindgren foi Cartas de Brita Mari: Novela
para niñas de 13 a 16 años, no ano 1949 seguida de outra das súas obras
máis destacables, Rasmus y el vagabundo,
escrita e editada no ano 1961. Esta último conta a historia dun neno que escapa dun hospicio e que establece unha estreita relación cun vagabundo, descubrindo o
valor verdadeiro do concepto de amizade e supervivencia.
Por outra parte, desenvolveu unha exitosa saga que tiña
como protagonista principal a Katy, que se dedica a viaxar por diversos países
para descubrir lugares e experiencias novas. Os libros son os seguintes: Katy en América (1962), Katy en Italia (1966) e Katy en París (1966).
Sen
embargo, o seu personaxe máis importante e o que máis repercusión tivo no
difícil mundo literario, foi Pippi Calzaslargas. Esta é unha obra formada polo
conxunto de libros, inicialmente individuais, que tiñan como protagonista
principal a unha nena que vivía soa cos seus animais, e nos cales se contan as
súas aventuras. Destacan Pippi se embarca
(1963), Pippi en los mares del sur
(1969), Pippi si instala (1975) ou Pippi Medias largas (1984)
Outro
conxunto de libros que destacan dentro da súa bibliografía, son Miguel el Travieso (1978), Nuevas
aventuras de Miguel (1978) y Otra vez
Miguel (1979). Estes cadernos contan as peripecias dun neno chamado Miguel,
de 5 anos, que vive no campo e o cal ten unha ampla imaxinación.
El Tomtem: Un cuento de Suecia, un
poema de Víctor Rydberg (1983), a súa seguinte obra, cóntase a historia dun anano protector
chamado Tomtem que se dedica a saír de noite para comprobar que todo ao seu
arredor está en orde.
Por
outra parte, Mi mundo perdido, relata
a historia dos seus tres irmáns cos cales compartiu vivencias, aventuras e
xogos. Esta obra é do ano 1984.
Ronja, la hija del bandolero (1985), conta a
historia de Ronja y Birk, que son dous cativos que medran nun bosque habitado
por ananos e gnomos. Ambos pertencen a unha familia de foraxidos que levan
varias xeracións enfrontados.
Por
outra parte, Os irmáns Corazón de León,
do ano 1986, é a historia de dous irmáns que morren e que se trasladan a
Nanguillala, un mundo de aventuras considerado polos propios protagonistas como
o paraíso.
Outras obras de interese de Lindgrem son as
seguintes:
-
Yo también
quiero ir a la escuela (1985)
-
Madita y
Lisabet
(1988)
-
Mío, mi
pequeño Mío
(1990)
-
Superdetective
Blomkvist
(1991)
-
Sus
mejores cuentos (1993)
-
¡Vaya alboroto! (1996)
Para finalizar, gustaríanos rematar esta pequena
bibliografía cunha anécdota da autora. Unha vez unha muller acercouse a Astrid
Lindgren e deulle unha pequena nota que dicía: “Gracias por alegrar una infancia triste”. Cada vez que o
recordaba, Astrid dicía: “Eso es
suficiente para mi. Si he sido capaz de iluminar una sola infancia triste,
estoy satisfecha.”
Bibliografía empregada:
http://www.kindsein.com/es/17/
http://salamanca.fundaciongsr.com/uploads/contenidos/doc/252-1-Lindgren.pdf
http://salamanca.fundaciongsr.com/uploads/contenidos/doc/252-1-Lindgren.pdf
Beatriz Grandío Mosteiro
Lara Lence Real
Alicia Martínez Rama
Cristina Mendoza Vázquez
Noelia Montecelos Madarro
Ningún comentario:
Publicar un comentario