mércores, 12 de marzo de 2014

A biblioteca de Fina Casalderrey

As obras que podemos destacar ata o momento de Fina Casalderrey en canto á literatura infantil e xuvenil, son moitas e variadas. Imos facer unha pequena bibliografía dalgunhas destas obras ordeanas cronoloxicamente dende a máis antiga á máis recente.  

A primeira obra, coa que se estreou no xénero infantil e xuvenil foi  “Mutacións xenéticas”  no ano 1991, no cal, Hadrián, o protagonista, pasa unhas vacacións fóra da casa, nos que descobre unha serie de cousas, ata o extremos de que ten que intervir na solución dun problema terrible que está a piques de rematar coa liberdade dunha persoa. 

mutacions xeneticas-fina casalderrey-9788497829069

Nese mesmo ano podemos destacar tamén “Dúas bágoas por Máquina”, na que se narra a historia dunha nena que ten un can, o cal non era aceptado polo seu pai nin pola súa avoa. Un día o pai levouno ao monte pero en canto a súa filla llo reclama volve por el, a pesar de que a avoa non estaba de acordo. Finalmente é a mesma avoa a que sente a morte do can, debido a que dito animal lle salva a vida. 


Logo no ano 1994, podemos salientar obras como “¡Asústate Merche!” que nos relata a historia de Auria a través dunha viaxe na que o presente e o pasado viaxan paralelos. Auria mediante unha misteriosa razón decide suicidarse, pero o seu diario faranos revivir a súa historia descubrindo o amor, o sexo, a amizade, as relación familiares, etc. 

"O misterio dos fillos de Lúa", foi publicado no ano 1995. Esta novela que recibiu o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, narra a historia de David, que con só 8 anos trata de descubrir os misterios que se agochan tras a desaparición dos fillos da súa gata Lúa. 

o misterio dos fillos de lua-fina casalderrey-9788434846746

Continuando no ano 1996, publica “O estanque dos parrulos pobres”, Premio Edebé da literatura infantil e xuvenil. Noema, xunto co seu avó aprendeu unha morea de cousas entre elas temas como a propia morte tratada dun xeito natural. 

No 1998 en Madrid e no 2002 en Galicia, chega ás librarías “Ás de mosca para Anxo”. Unha novela que trata as diferenzas sociais mediante a protagonista que necesita de coidados especiais. Dita diferenza, queda a un lado cando existen problemas maiores coma un secuestro e fainos ver que o importante non está no exterior senón no interior do noso corazón. 

as de mosca para anxo-fina casalderrey-9788483028636

No 1999, e tamén con premio, neste caso o Premio de LIX “Lecturas” chega “O misterio do cemiterio vello”, no que remonta aos personaxes de “O misterio dos fillos de Lúa”, para ofrecer unha nova trama, na que tratan de resolver o misterio dos sons do cemiterio. Ademais este libro trata as relación entre o protagonista e a súa familia, da que acada grandes aprendizaxes. 

No 2002, a autora publica “Derradeira carta ós Reis Magos” unha historia na que trata de achegarse aos máis pequenos, aos seus intereses, inquietudes e desexos de días especiais como pode ser a noite máxica dos reis.

Un ano máis tarde, no 2003, aparece a historia “¡Un can no piso! ¿E que?”, orientada nun espazo urbano onde se reflicten os problemas dunha nena e dun can e as solucións a éstes. Ademais a autora trata temas como a separación dos pais, a obesidade, a existencia dun irmán con Necesidades Educativas Especiais…


Continuando a súa obra, no 2004 publícase “Eu son eu”, no que narra en primeira persoa as peripecias que fai a bisavoa da protagonista, a cal ten unha considerable pérdida de memoria. A pesar de todo o que fai, a propia protagonista di que a bisavoa “sabe que eu son eu”. 

Outra das obras que que pertence á temática de aventura é “Un misterio na mochila de Alba”, publicada no 2005 e logo posteriormente tamén no 2011, no que se pretende fomentar o valor de todo aquilo que temos. A curiosidade dos protagonistas, que están de vacacións, lévaos a espiar e perseguir a Alba para descubrir o segredo que agocha na súa mochila. 

Tamén deste mesmo ano é a obra “¿Quen me quere adoptar?”, na que se reflexa a soidade dun home xubilado, viúvo e cunha filla traballando fóra, que busca unha familia que o adopte. 

¿quen me quere adoptar?-fina casalderrey-9788497823593


No 2007, chega ás nosas mans “Apertas de vainilla”, na que Magali, unhas protagonistas é moi amiga de Roia, pero un día ten que marchar vivir a outra cidade. Inventan un xogo fantástico, o cal os vai manter sempre unidos a pesares da distancia. 

¿E ti que farías por min?”, publícase no ano 2010. En dita historia nárrase as aventuras de Malta e Marqués, que viven na rúa e loitan por buscar comida. Marqués faille promesas a Malta: Se fose unha bolboreta regalaríache…, se fose un xílgaro contaríache… pero, e Malta que fará por Marqués?...

Xa para rematar, a última obra publicada ata o momento por Fina Casalderrey, é “O misterio do Faro Vello” publicada no ano 2012. Dita historia, fálanos de Lorena e os seus amigos que queren descubrir os misterios das bólas de luz  que flotan sobre o Faro vello. Dita investigación verase interrompida por outro rapaz da vila que lles poñerá trabas para evitar que descubran o enigma. 


Webgrafía:
http://www.casadellibro.com/
http://fina.casalderrey.com/index2.htm
http://escritoras.com/escritoras/Fina-Casalderrey
http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/la-literatura-infantil-y-juvenil-gallega-en-el-siglo-xxi-seis-llaves-para-entenderla-mejor/html/189994ae-2706-11e1-b1fb-00163ebf5e63_13.html

AUTORAS:
Saínza Paz Caamaño
Susana Pereiro López
Jéssica Silva Rodríguez
Marta Sobrado Díaz
Verónica Tuñas Gómez

Ningún comentario:

Publicar un comentario