“Con cantos anos comezaches a escribir?”
“É
difícil contestar a iso porque non me lembro exactamente. Sei que cando ía por
sexto de Primaria tiña unha profesora que nos animaba a todos a escribir contos
para practicar galego e facer cousas imaxinativas. Daquela penso que foi cando
empecei a escribir e a facer contos. Logo xa foi a máis.” (Xullo 9, 2009)
Pódese dicir que Paula Carballeira escribe dende sempre;
“é toda ela vis cómica e fantasía rebordante. Humor e marabilla que informan
cada un dos seus proxectos literarios e teatrais, porque en casa Carballeira,
xa se sabe, a imaxinación ten o poder."
Os seus inicios están marcados pola súa obra A
percura, Edicións do Cumio (1990), un libro infantil polo cal optou ao
premio Merlín quedando seleccionada entre as finalistas. Despois viñeron Robin
e a Boa Xente (1990) , Troulas, andainas, solpores e unha farsa
anónima (1993), Mateo
(1999), Smara (2006), todas elas obras de literatura infantil. Esta última,
moi coñecida, retrata a historia do viaxe dun neno a un lugar do Sahara chamado
Smara. Nesta obra Paula Carballeira fai unha aposta pola melancolía, cun certo
lirismo, como unha especie de reivindicación da tristeza que nos fai crecer por
dentro.
No xénero teatral destacan as súas obras Boas
noites (2004) pola que recibiu o I Premio Manuel María de Literatura
Dramática Infantil 2006 e O Refugallo, recentemente editado no
outubro de 2013 e polo que tamén recibiu o VI Premio Manuel María de Literatura
Dramática Infantil 2011. A primeira ten como protagonista a Xiana, unha nena
que non ten tempo para xogar nin para soñar, pois por o día o pai e a nai dela
queren que faga un montón de cousas pero pola noite é libre para deixar volar a
imaxinación. Se Xiana non dá pechado os ollos pola noite, Pedro Chosco non pode
facer o seu traballo: acabar cos medos...A peza O refugallo propón unha
reflexión sobre a transformación da realidade, a recreación e reinventación
dela, coma o mesmo teatro, que lles dá vida a obxectos e personaxes que ata o
momento da representación non existían para o público. Pois, trata sobre catro
amigos, Isolda que un libro de viaxes, Hipatia un telescopio, Borboronte unha
tartaruga, e Lustucrú unha pata de pau. Os catro nenos, que viven no refugallo,
saben ver as cousas doutra perspectiva, pois xogan xuntos a crear un mundo novo
a partir do mundo vello e roto da súa contorna.
“Quen
che inspira os contos que escribes?”
“Inspírame
moito a xente que eu coñezo. Si escribo para nenos, inspíronme en moitos dos
nenos que eu coñezo; moitos dos libros teñen nomes de nenos e nenas que coñezo.
Tamén as persoas que están ao meu redor, as viaxes que fago, os sitios a onde
vou e a xente que coñezo neles. Todo eso me inspira para escribir.”
Por outra banda, Paula Carballeira publicou a obra
narrativa O lobishome de Candeán (2009), que se convirtiu nunha peza moi
coñecida desta autora. Trátase dunha narrativa de medo, dado que se nos
presenta a morte de Elvira, unha adolescente, baixo as gadoupas dun home lobo,
da aparición do cadáver, do seu enterro e da investigación e resolución da
crime.
Por último, esta autora tamén destaca no xénero de poesía coas seus libros Contatrás, (2006) e Contatrás, II-I, (2012)
“Como escribes os libros?”
“Unha vez que viaxo e coñezo a algunha persoa interesante
que me fala dalgunha boa historia. Logo póñome na casa, primeiro os escribo á
man moitos deles, e logo no ordenador. Despois os releo unha vez e outra vez
ata que me digo ‘xa está’. E logo quedan aí ata que a alguén lles interesa e
poidan saír á luz, fóra do meu ordenador e da miña libreta.”
Información extraída das siguientes fontes:
Cabarcos Camba, Laura
Carballo Pena, Maria
García Montes, Mª Jesús
Gómez López, Jennifer
González Marínez, Estefanía
Ningún comentario:
Publicar un comentario